20111123

Diferentes análises postelectorais, pasadas as Eleccións Xerais do 20 de Novembro de 2011

Nesta sección queremos compartir, desde Ártabra 21, enlaces con diferentes análises postelectorais que nos envían compañeiros e compañeiras e que consideramos de interese.

Polo que este post vai estar en constante actualización mentres sigan chegando análises que consideremos de interese.

-----


Enviado por Inácio Martínez:

Despois das valoracións feitas polos portavoces do BNG, Xosé Manuel Beiras analiza os resultados electorais en rolda de prensa celebrada en Compostela o Luns 21 de Novembro de 2011. Este é o Áudio da comparecencia do dirixente da esquerda nacionalista.


http://youtu.be/kq9bPIPa53o


-----


Enviado por Lupe Ces:

Reino de España: pasmo, marasmo e fin de época

Por Antoni Domènech, Gustavo Búster, Gerardo Pisarello e Daniel Raventós [*]
21.11.2011


Xamais se asistiu no Reino de España a unha campaña electoral tan longa e premiosa, e de resultados tan cantados. Nunca se mostrou o groso da "clase política" tan afastada das realidades políticas máis perentorias, nin tan de costas ás preocupacións sociais e económicas máis vivamente percibidas e máis acuciantemente sufridas pola poboación.

Todas as enquisas coincidían: no que, polo momento, competían os dous contendentes principais era por encabezar o grao de receo dos cidadáns. A desconfianza manifestada polos españois en Rajoy -ao que descontaban como gañador- era ata maior que o rexeitamento experimentado cara ao que todas esas sondaxes presumían como rotundo perdedor, Rubalcaba. En ambos os casos movíase... -en torno ao 70%- Un verdadeiro curiosum politológico, practicamente insólito na historia electoral comparada. ...

Acceder ou Baixar o artigo completo en formato pdf:
Reino de España: pasmo, marasmo e fin de época

[*] Antoni Domènech es el editor general de SinPermiso. Gustavo BústerGerardo Pisarello y Daniel Raventós son membros do Comité de Redacción.

Publicado en sinpermiso.info
-----

Enviado por Juan Fernandez "O Bom":

20-N - Invasión interna

Por Miguel Romero [*]
21.11.2011

1. Con ser importante, a maioría absoluta do PP (186 deputados, 10.830.693 votos, 44, 62%; 32 deputados e uns 600.000 votos máis que no 2008) e os catro anos de mans libres do goberno no Parlamento, non me parecen a maior consecuencia do 20-N para o futuro inmediato.

De arriba a abaixo, desde a cúspide do Estado ata a sociedade, imos coñecer nas próximas semanas unha invasión interna que se irá ramificando facilmente polo sistema circulatorio do réxime da Transición, en todos os niveis das administracións públicas, dos "corpos e forzas da Seguridade do Estado", das relacións cos "poderes fácticos" públicos e privados, os medios de comunicación, a cultura, os sectores e as organizacións dependentes das subvencións públicas ... ata as "xentes de ben", os "bos cidadáns" convencidos de que agora mandan eles. Só se librarán da invasión Euskadi e, en certo sentido, Catalunya, porque alí impera xa desde as pasadas eleccións autonómicas, a dereita nacionalista catalá.

Esta situación determina as condicións necesarias para unha oposición e unha resistencia social e política que poida chegar a ser eficaz; é dicir que consiga desmentir na práctica a hipótese básica do PP segundo a cal, fagan o que fagan, non terán que enfrontarse a medio prazo a loitas e mobilizacións que sexan obstáculos importantes para os seus obxectivos.

Para acceder e ler o artigo completo enlazar con Viento Sur:

20N - Invasión Interna

[*] Miguel Romero, é editor de VIENTO SUR.
__________________

ELECCIÓNS XERAIS 2011
INFORMACIÓN DOS RESULTADOSRESULTADOS EN FERROL E COMARCASDIFERENTES ANÁLISES POSTELECTORAIS


_____________________________