20090311

Borrador do escrito: Alegacións ao “Proxecto sectorial plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ..

Borrador do escrito: Alegacións ao “Proxecto sectorial plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambiental”

A ATENCIÓN DA CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO
Polígono das Fontiñas
Area Central s/n
15781. Santiago de Compostela


ASUNTO: Alegacións ao “Proxecto sectorial plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambiental” (D.O.G. 28.1.2009)

............................. con DNI .................. , actuando en representación de ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) con enderezo-para os efectos de notificación Delegación de ADEGA-Trasancos, Apdo 481, 15480 Ferrol, comparece e como mellor proceda en dereito,

EXPÓN:

Que por medio do presente escrito ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) na delegación de Trasancos formula alegacións ao “Proxecto sectorial da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambiental” (D.O.G. 28.1.2009).

A) ALEGACIÓNS POR AFECTACIÓN DE ZONAS PROTEXIDAS:

A-1) . Na zona onde se quere realizar a plataforma loxística e empresarial , están as paraxes naturáis de Mandiá que son das mellores zonas conservadas do interior do concello de Ferrol. A actuación proxéctase nunha zona cualificada maioritariamente, no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol como Solo Rústico, afectando tamén a Solo Non Urbanizable de Protección de Ribeira e Paisaxe Agraria, así como outra de Protección de Monte e Paisaxe. O propio proxecto , define unha serie de zonas que son obxecto dunha protección especial como son
a) Zonas de protección de ribeira e paisaxe agraria
b) Zonas de protección de monte e paisaxe forestal
c) Ben Natural:- Punto panorámico de Santa Uxía de Mandiá
-Sistema hidrográfico:
*Val de Mandiá
*Val de Aneiros-Pazos-A Sardiña e o Rego de Vilasanche .

No caso de levar adiante o proxecto este terreo habería que “recalifica-lo” e perdería o seu actual valor medioambiental, paisaxístico e de ben natural.

A-2). No “Catálogo de Bens Naturais” incluído no PXOM do Concello de Ferrol, vén recollido o val de Mandiá, dentro do Sistema Hidrográfico de especial interese polas súas características naturais. Neste Sistema protéxense os regos menores asociados, o recurso hidrolóxico, a vexetación de ribeira e o sistema de prados e labradíos inmediatos.

B) ALEGACIÓNS POR AFECTACIÓN DE ESPAZOS NATURÁIS E CUNCA HIDROGRÁFICA

B-1). A zona de Mandía está o mellor humidal de interior do concello de Ferrol que desaparecería con esta actuación; ademais está a cabecera de cunca do río da Sardina, varios regos(Ferreiro, Pazo e Taboada) e especies animáis e vexetais protexidas

B-2). A zona de actuación, afecta ao regato dos Corgos e inderectamente ao Rio Citula que está adxacente ao ámbito de actuacion. -A actuación na zona e os movementos de terras poden producir severos danos sobre dita cuenca fluvial . Así mesmo, deberá terse en conta as obras de encauzamiento en dous tramos do río Aneiros. Por iso estimamos que tal actuación, estaría en contraposición coa Lei 5/2006 do Parlamento galego para “Protección conservación e mellora dos ríos galegos” . Esta actuación afectaría necesariamente á naturalidade da rede hidrográfica en superficie e subsolo.

B-3). Por outra banda, o río Aneiros (en relación directa coa conexión exterior de saneamiento da proxectada plataforma loxística) acolle un hábitat prioritario (Anexo I da Directiva 92/43/CE), mentres que a zona da súa desembocadura catalógase dentro do Inventario de Humedais de Galicia. Todo este sistema veríase afectado se se realizase dita plataforma loxística.

C) ALEGACIÓNS POR AFECTACIÓN, FLORA E FAUNA PROTEXIDA

C-1). Como o propio proxecto recolle no seu Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA) a actuación afectaría a importante de variedade de especies de anfibios, reptís, aves, peixes e mamiferos, incluídos na directiva Habitats 92/43/CEE e directiva Aves (Directiva79/409) e no o Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, do 19 de abril) e con figuras de protección como “vulnerables” e de “interese especial” Ver Anexo II por exemplo Lontra (Lutra lutra), Desmán ibérico (Galemys pyrenaicus) , Morcego rateiro ( Rhinolophus hipposideros) , Garza pequena (Ixobrychus minutus), Falcón peregrino (Falco peregrinus) , especies catalogadas como vulnerables ; no caso dos reptiles, destaca o Timon lepidus (Lacerta lepida) igualmente catalogado como vulnerable. Ademáis habería que sumar ou impacto sobre a fauna residual da contaminación lumínica, acústica, etc, que suporía ter un polígono industrial na zona.

C-2). Na zona da actuación existen unha serie de fragas de ribeira, constituidas por especies arbóreas cada vez mais escasas na nosa bisbarra, e poden atoparse especies como o bidueiro (Betula sp), ameneiro (Alnus glutinos), freixo(Fraxinus agustifolia), carballo (Quercus robur), espiño branco(Crataegus monogyna), sabugueiro(Sambucus nigra), salgueiro(Salix sp), abeleira(Corylus avellana),etc . Con esta actuación se afectarían o poderían afectarse especies arbóreas de caducifolias, laurifolias, e especies como Crataegus monogyna, Frnagula albus, Pyrus cordata, Malus silvestres, Arbusutus unedo, Ilex aquifolium, Laurus nobilis, etc . A extensión total da zona de fragas de ribeira e de caducifolias onde se quere ubicar a Plataforma Loxística ten una extensión total de 85.256 m2; tendo estas formacións uns coeficientes de ponderación moi altos (ver ISA pag 166) e de alto valor ecolóxico (pag 167 del ISA).

C-3). Como o propio ISA describe na súa páx 164; “como consecuencia de la ejecución de la Plataforma Logística de Ferrol, las comunidades faunísticas de la zona se verán afectadas bien por la destrucción directa o alteración de hábitats y biotopos, lo que conllevará a la pérdida de zonas de reproducción y/o alimentación, bien por el efecto barrera que se puede producir en los desplazamientos (diarios o estacionales) de los animales, impidiéndoles, en algunos casos, completar sus ciclos vitales”.

C-4). Aproximadamente o 50% da zona de actuación, é zona de arbolado e vexetacíón , en concreto está tabulada a superficie arbolada e vexetal nun total de 613.563 metros cadrados polo que esta actuación colaboraría á deforestación da contorna e iría en contraposición contra as medidas a seguir polo Plan Galego contra o Cambio Climático.

D) ALEGACIÓNS POR REPERCUSIÓN SOBRE BENES DE PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA

D-1). Existen varios elementos na zona englobables como figuras de protección de acordo coa Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia e có Decreto 199/1997 do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na comunidade autónoma de Galicia, (Ver Anexo III), como o Horreo da Fraga, o Castro de Mandiá GA15036005, o Castro de Vilela GA15036004, o Pazo de Mandiá e a Igrexa e Casa Rectoral. O impacto que presentarían, sería nalgúns casos moderado ou severo . Ao noso entender esta actuación incumpre có artigo 104 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a súa modificación Lei 15/2004 referente a “Adaptación a ambiente” que din: “non existan nas proximidades do ámbito edificios ou grupos de edificios de carácter artístico, histórico, típico ou tradicional cós que se deban harmonizar as construcións”. Evidentemente unha nave industrial non é ou mais axeitado para construír nas inmediacións dos elementos do patrimonio referidos.

E) ALEGACIÓNS POR POSBILIDADE DE ALTERNATIVAS ACTUÁIS E POR OUTROS CONCEPTOS

E-1). Na realización do porto exterior de Ferrol . tanto na fase I como na fase II crearonse aproximamente 1, 5 millons de metros cadrados, de superficie para uso portuario, loxístico e industrial, (“desafectando” unha zona protexida incluida en Rede Natura 2000) . En nuestra opinión, esa extensa superficie liberada para uso de instalaciones e loxistica de apoio ao porto exterior, sería suficiente para darlle apoio ao propio porto exterior, sen necesidade de danar espazos naturais como se afectarían se se realizase o proxecto referido.

E-2). En íntimo contacto coa zona onde se quere proxectar a plataforma loxística hai importante superficie de solo industrial baleiro (Polígono industrial de Leixa, fase IV do poligono industrial do Rio do Pozo,..), e tamén bastante preto están os polígonos das Lagoas(Narón), Vilar do Colo (Fene), etc. En total xunto á zona de actuación prevista, e en zonas máis ou menos proximas, hai un total de 9 polígonos industriais construídos con importante superficie baleira e que se podería utilizar para os usos do presente así como outros 4 en proxecto. (ver pax 22 do proxecto). De feito a comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial (pódense revisar as hemerotecas e datos oficiais).

E-3). O porto “interior” de Ferrol vaise a manter operativo, polo que gran parte dos dispositivos empresariais e loxísticos que dispon dito porte poden manterse comúns tanto para o porto exterior como para o porto interior co conseguinte aforro de diñeiro, medios e de non danar máis espazos naturais.

E-4). Nesta etapa en que estamos onde hai unha importante crise de produción de alimentos e agrocombustibles, o realizar un parque empresarial nesta zona, afectaría irreversiblemente a unhas das zonas máis fértiles da comarca. Como o propio ISA especifica “..se producirá la pérdida de suelo con alto valor productivo, dado que la mayor parte de la superficie de la zona de actuación se corresponde con suelo de clase agrícola III. Por lo tanto, se obtiene un impacto severo” (pag 169 ISA).

E-5). No propio ISA recóllese que o nº total de impactos positivos deste proxecto se evalúa en 18 e o de negativos en 65 . Como pode verse o balanzo e claramente negativo.

E-6). Como o propio estudo de Informe de Sostenibilidad Ambiental (ISA)apunta no seu pagina 46 “se trata de una zona, que según el Plan Hidrológico de Galicia –Costa, presenta riesgos o posible inundación”, o que non parece que sexa o sitio ideal para ubicar unha plataforma loxística ou polígono industrial. De feito, gran parte do proxecto se ubica no Humedal de Mandiá, o máis grande do interior de Ferrol.

E-7). A actuación sobre a zona tería un gran impacto paisaxístico, cun impacto alto (puntuación 4 sobre 5) tal como detállese no propio ISA .

E-8) A realización de tal proxecto, tería outros efectos negativos, como “perda de calidade do habitat humano para a poboación da zona”, ”perda de solo de alta capacidade agricola” , “aumento da contaminación atmosférica pola circulación de vehículos pola zona”,e “perdas de bens e rendas dos propietarios da zona”,etc

E-9). Neste proxecto os impactos sobre territorio físico , a paisaxe e as afeccións ambientais son moi importantes como: “emisión de gases a la atmósfera”, “emisiones de partículas a la atmósfera”, “niveles de ruido”, “vertidos a las aguas”, “vertidos al suelo”,”generacion de residuos”, etc, e ainda que se tomen medidas correctoras ou preventivas, está claro que o impacto ambiental sobre o entorno desta actuación sería moi notorio .

E-10). Na Fase de execución: Es nesta fase onde se produce o maior número de impactos negativos, dos cales un número importante son de carácter severo e permanentes (..emisión de partículas, transformación do sistema hídrográfico, verquidos, etc,etc), moitos destos impactos defíneos como “permanentes” .Evidentemente proponse unha serie de medidas preventivas ou correctoras, pero en calquer caso non poderá compensar este importante e severo impacto negativo.

E-11). A realización deste polígono industrial e as industrias que alí se ubiquen producirán un aumento das emisións de C02 e unha destrucción irreversible de masas forestáis, humedáis e afectación de ríos, todo iso iria en contra das actuaias recomendacións do IPCC (Intergubernamental Panel of Climate Change) , nas que ademáis de baixar as emisions de C02, é básico o manter as nosas zonas boscosas, ríos e humedáis.

E-12). Como o propio ISA recolle no seu pag 173“Tal y como se ha comentado anteriormente, la ejecución de una obra de esta magnitud en una zona periurbana de la ciudad de Ferrol, y considerando las viviendas próximas al ámbito de la Plataforma, puede derivar en una serie de molestias a la población como consecuencia de las emisiones a la atmósfera, bien en forma de partículas, bien por los gases de la maquinaria empleada y el ruido generado en la propia zona de obras”. Ou presente polígono industrial, en caso de levarse a cabo, estaría nas proximidades do Hospital Novoa Santos e do Hospital A. Marcide .É evidente ou perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigrosas xunto a estes hospitáis .Ademais en base á lexislación vigente na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ruído (Lei 7/1997, do 11 de agosto, de Protección contra a Contaminación Acústica, e Decreto 150/1999, de 7 de maio,sobre Regulamento de Protección contra a Contaminación acústica) a proximidade a hospitais están incluídos como zona Á a hora de máximos permitidos de emisión acústica.

E-13). Na análise de alternativas do proxecto, non se inclúe o usar para os fins do mesmo a gran superficie industrial sen utilizar que existe nas inmediaciones do ámbito do proxecto (Fase IV Poligono Rio Pozo. Leixa, Polígono As Lagoas, Polígono Vilar do Colo, Polígono de Leixa,etc, ) e que, ao noso entender podería ser suficiente. (Ven Anexo I

Por todo o exposto SOLICITAMOS

1. Que se teñan formuladas alegacións ao “Proxecto da plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol e ao seu informe de sustentabilidade ambiental” (D.O.G. 28.1.2009)” como parte interesada no mesmo, informándonos por escrito en base ó Artigo 43 da Lei 30/92 de Procedemento Administrativo de cantas actuacións e resolucións se practiquen en diante .

2. Que se desestime o“Proxecto plataforma loxística, empresarial e portuaria de Ferrol “( D.O.G. 28.1.2009) por implicar un dano irreversible no espazo natural de Mandiá con destrucción de zona boscosa, de cauces de ríos e a repercusión correspondente á fauna da zona e polo risco que supón ubicar un polígono industrial xunto a núcleos hospitalarios, máxime habendo espacios valeiros en polígonos industriáis próximos.

3. Que se adopten as medidas oportunas para preservar integramente o Humidal de Mandiá e as cuncas dos regos e regatos da zona con fíguras especiais de protección, así como “corredores” para posibilitar el tránsito da fauna da zona

Ferrol 26.3.2009

Atentamente:

............................
ADEGA-Trasancos
Apdo Correos 481 15480 Ferrol
DNI ...........

e-mail:
Tlf

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

ANEXO I. Polígonos industriais na proximidade da zona de actuación. Varios deles baleiros ou “semi-baleiros”.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

ANEXO II Listado de especies animais protexidas incluídas dentro da directiva Habitat e directiva Aves que poderían verse afectadas polo proxecto

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

ANEXO 3. Listado de elementos arqueolóxicos e construcións de interese cultural amparables pola Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia


Abreviaturas:

-PXOM: Plan Xeral de Ordenación Municipal

-ISA: Informe de Sostenibilidade Ambiental
______________________

Nenhum comentário: