20090121

Memoria de Actividades da Delegación de ADEGA - Trasancos

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA DELEGACIÓN DE ADEGA-TRASANCOS
de Xaneiro de 2007 a Xaneiro de 2009

2007
  • Participación en la Plataforma del Transporte Sustentable. Ferrol 2007
  • Participación na Plataforma Artabra 21.
  • Constitución e integración na plataforma “Comunidade Menáncaro” 2007
  • Participación en los diversos foros da Axenda 21 local .2007 e de Participación Cidadá.
  • Integración no Consello de Medioambiente. Concello de Ferrol
  • Actividades reivindicativas contra a Planta de Gas de Mugardos, dentro da Asamblea Cidadán.
  • Radio Filispin: Programa “O Souto” de Adega-Trasancos. Presentado e editado por Nés López. Temporada 2007
  • -Reunions e solicitudes á Xunta de Galicia para a protección da Fraga de Menáncaro. (proxexto parado)
  • -Denuncia do proxecto de realización de un campo de golf na zona de Covas, afectando ao LIC “Costa Ártabra”.(proxecto parado)
  • Defensa e actuacions de defensa Parcelaria Covas.
  • Roteiro pola fraga do rio Eume. Marzo 2007
  • Denuncia irregularidades urbanización A Saiña en Valdoviño, e desmonte en zona LIC de Valdoviño. Febreiro 2007
  • Reportaxe-entrevista a Suso L Piñeiro ó presidente de Adega-Trasancos en La Voz de Galicia. Feb.2007
  • Declaración no Dia Mundial dos Humedais. Solicitude protección Humedal de Mandiá. Febrero 2007.
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Fene. Febreiro 2007. Circulo Mercantil. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega
  • e Adega Figueroa por parte de Adega
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Mugardos. Marzo 2007. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega e Adela Figueroa por parte de Adega
  • Mesa Redonda: O Cambio Climático e medios de comunicación.. Galería Sargadelos. Organización: Fuco Buzán. Interviño Antonio Gª. Febreiro 2007.
  • Mesa Redonda: Pontedeume. Marzo 2007: Medio ambiente e os dereitos das persoas. Organizou Ateneo eumés. Interviño: Nés López. Secretario Adega
  • Xornada de Limpeza de Litoral: 24-marzo.2007. Doniños. Organizou S. Foundation. Colabora ADEGA
  • Mesa Redonda : Piscifactorías: Ventaxas e Inconvintes. Marzo 2007. Galería Sargadelos. Organizou ADEGA, participación de Humberto Fidalgo e Elena Carquijero.
  • Mesa Redonda : Piscifactorías. A Coruña. Maio. 2007 : participación de Humberto Fidalgo.
  • Publicación en la revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Meio Ambente), varios traballos en el año 2007-8 sobre temas medioambientales de la zona, planta de gas, Valdoviño,etc, : Humberto Fidalgo, Carlos Outeiro..:
  • Denuncias irregularidades obras de planta de gas Mugardos. Marzo.2007-8 Humberto. Varios medios de comunicación. Roldas prensa 2007 e 2008
  • -Exposición sobre Medio-Ambiente promovida por ADEGA. Obras de Xaquin Marín. Casa da Cultura Fene 2007
  • Día Forestal Mundial. Organizou ADEGA plantación de árbores na ribeira do rio Cádavo, Fene. 22.3.2007.Coordenan: Anton Muñiz e Icia Outeiro…
  • Charla-Coloquio: “Medioambiente e 3ª idade”. Maruxa Espìño. 30.3.2007. Caranza-Ferrol
  • Denuncia construcción ilegal en Valdoviño. Carlos Outeiro. Feita denuncia e demolición ulterior da mesma trala denuncia. Marzo.2007
  • Colaboración na Paralización do Proxecto de Urbanización na Fraga de Menáncaro. 2007. Nota de prensa , roda de prensa e participación no pleno do concello de Ferrol, na “Irregular” aprobación por parte Concello de Ferrol do Plano de Sectorización de Menáncaro. Abril. 2007.
  • Reunions ulteriores có Presidencia de Goberno en Compostela e nota de prensa. Paralisación definitiva. Nov 2008
  • Denuncia construcción irregular no DPMT na Frouxiera, Valdoviño. 2007 Notas de prensa, denuncia á administracions, etc. Carlos. 2007
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Caranza. Xullo 2007 Coordina Suso Oca
  • Problemática actual da ría de Ferrol. Xuxo Piñeiro. Publicación en “Ferrol Hoy”. Marzo. 2007.
  • Día da bicicleta. Tema “Ferrol patrimonio da Humanidade”. Organiza Concello e RadioVoz. Colabora, entre outras entidades: ADEGA-Trasancos. 29.4.2007
  • Colaboración tarefas vixiancias de montes cara o Lume dentro do plan “Defensa do Monte Galego”. Ano 2007. Coordenación : Suso Oca
  • Reunións varias da Comunidade Menáncaro representando a ADEGA, Abril-marzo 2007
  • Idem: Plataforma Artabra 21; Plataforma para a Defensa de Brion e Leixa e Plataforma polo Transporte Sostibel.
  • Publicación: Los vertido ilegales en la comarca. Diario de Ferrol. Suplemento dominicial: Nordesía. mayo 2007. Carlos
  • Publicación “Paisaxes con encanto. “. Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía. Xuño. 17.6.2007. Coa participación do Presidente de Adega-Trasancos.
  • Asesoramento a diversos partidos políticos antes das eleccions locais 2007 sobre o plantexamento medioambiental de Adega e propostas de mellora. Febreiro-Maio.2007
  • Roteiro á Illas Cíes (en rlon coa Assemblea ADEGA-nacional). Abril, 2007
  • Manifestación Santiago 6.5.2007 “Rede Litoral Vivo” “Pola Defensa do Territorio. Rolda de prensa previa 4.5 (Ateneo)
  • Bloqueo entrada do gaseiro “Galicia Spirit” na entrada ria Ferrol Concentracións ,, declaracions en medios, roldas de prensa 8-11.maio
  • Manifestacions, movilización, caceroladas,etc, contra la planta de gas e entrada gasieros na ria de Ferrol 12.5.2007- nov 2008
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. E Voluntariado do Lume. Neda. Xuño. Intervinieron Suso López,, Suso Oca , Carlos Outeiro . La Voz de Galicia 22.6.2008
  • Dia Mundial do Medio Ambiente : Charla en Biblioteca Pontedeume: O Cambio Climático. Antonio Gª. 13.6.2007
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Urbanismo e Medio ambiente. E Voluntariado do Lume. Valdoviño. Agosto.2007. Intervinieron Suso López, Suso Oca, Carlos Outeiro
  • Mesa Redonda: Voluntariado do Lume. Neda. Setembro.2007. Intervinieron Suso Oca ,
  • Nota de prensa: Solicitude inclusión de Monteventoso e Prioriño no convenio Defensa. Rede Natura. Diario Ferrol 7.9.2007
  • Propostas ante a Xunta de Galiza, da inclusión de novos Espazos para Rede Natura. Actuación conxunta coa SGHN e Verdegaia. Setembro 2007. Noticias nos medios. Diario Ferrol e La Voz de Galicia. 29.8.2007
  • Nota de prensa: Dilixencias do TSXG contra Cuiña por verquidos ilegais en S. Sadurniño. Diario Ferrol 7.8.2007
  • Participación na actividade “Limpeza de fondos mariños”. Mugardos . Setembro. 2007
  • Participación nos XVIII encontros pedagóxicos de Ferrolterra. “A sostenibilidade da natureza : un futuro que educar”. Ferrol .Setembro. 2007
  • Manifestación “Planta de Gas Fora da Ria”. Ferrol 30.9.2007. Diario de Ferrol 1.10.2007
  • Denuncia do “recheo” da mina de As Pontes con auga do Eume para facer unha lagoa artificial. Setembro-Outubro. 2007
  • Denuncias e notas de prensa da afectación das obras do gaseoducto, as Fragas do Eume. Outubro.2007. La Voz de Galicia. 12.10.2007
  • Programa de Compostaxe caseiro en Ferrol, Valdoviño e S. Sadurniño. Diario Ferrol 12.9.2007. Varias reportaxes e novas na prensa 2008 (actividade levada dende ADEGA nacional: Desirée, .etc
  • Denuncias das actuacions con maquinaria pesada nos vieiros do rio Belelle. Outubro 2007.
  • Denuncia e solicitude ó concello de Ferrol, de que se incorporen e protexan zonas de Defensa incluidas na Rede Natura 2000. Notas de prensa. Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. 20.9.2007 Setembro 2007. Carlos
  • Denuncia ante a fiscalía e nota de prensa de posible trato de favor irregular por parte da Xunta de Galiza áos propietarios de Reganosa. Humberto Fidalgo. Outubro.2007
  • Apoio á veciñanza de Mugardos pechada no concello de Mugardos en protesta pola planta de gas de Ferrol , colaboración nas actividades, participación peche, etc.
  • Marcha Ferrol-Mugardo de apoio á veciñanza de Mugardos pechada o concello. Diario de Ferrol 8.10.2007
  • Denuncia e colaboración na paralización do proxecto de campo de golf en Covas. Setembro 2007
  • Participación nos encontros Eco-Pedagóxicos. Ferrol. Setembro 2007. Concha Borrerias, Antonio Gª.
  • Denuncia contra o recheo do porto de Cedeira (21.10.2007)
  • Denuncia e nota de prensa: Urbanización “irregular” en Ortigueira. 23 Outubro 2007 , Noticias na prensa
  • Participación nas mesas de estudo e seguimento dos Biocombustibles. Conchi Borreiras e Nés. Ferrol setembro-outubro 2007
  • Participación no foro “Enerxía e Sostibilidade”. Universidade de Coruña-Campus . Outrubro 2007
  • -Protestas ante o xuntanza Foro Gasista Mundial. Planta de Gas Reganosa. 18.10.2008(Diario Ferrol 18.10.2007)
  • Nota de prensa apoio á instalación da SGHN no novo local de Ferrrol. Casa do Coronel. 24.10.2007
  • Denuncia Verquidos no Rio do Tronco (Narón): Diario de Ferrol 3.11.2007.
  • Artigo no Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía: “Ríos de Ferrol. A visión ecoloxistas” 4.11.2007. Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos.
  • Manifestación Nacional en Corrubedo contra o Plano de Acuicultura. Gran exito de asistencia e repercusión nos medios.
  • -Denuncia de afectación do rio Eume polo gaseoducto dende a planta de gas. Diario de Ferrol. 12.10.2007
  • Denuncia “tala ilegal” en Rede Natura en Valdoviño. 5.11.2007 en conxunto con outros colectivos.
  • Denuncia ante a Fiscalía de “pelotazo” cós terreos da actual Reganosa. Nov 2007.
  • Denuncia verquidos ilegais de Rico S,.A. en Cabanas. (Diario Ferol 15.11.2008) Paralisado.
  • Denuncia “tala ilegal” na “Frouxeira”. Valdoviño. Diario Ferrol 6.11.2007

2008
  • Denuncia diante da Conselleria de Medio Ambiente dos danos na zona dunar de “A Frouxeira” (Valdoviño) . Diario Ferrol 16.1.2008
  • Monografia “Ferrolterra Protexida”. Nordesía. Diario de Ferrol. 17.2.2008. (Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos)
  • Programa de Compostaxe caseiro. Ferrol. Diario de Ferrol 11.2.2008
  • Alegacions ó “Plan Enerxético Galego”. Diario de Ferrol: 22.1.2008
  • Constitucion e participación de marchas ciclistas “Masa Crítica”. Diario de Ferrol 29.1.2008
  • Denuncia da prórroga de concesions ilegalis na costa. Diario de Ferrol. 15.2.2008
  • Participación na manifestacion “Galiza non se vende”. Compostela. Febreiro. 2008 (La Voz de Galicia 18.2.2008. Rolda de prensa previa. Diario de Ferrol 13.2.2008
  • Contaminación na Costa Galega. Entrevista ó Secretario Executivo de Adega. “La Voz de Galicia” 29.1.2008
  • Protesta e alegacions ó enlace da AP-9 por Neda. Feb.2008 (La Voz de Galicia 20.2.2008
  • Denuncia polo recheo da lagoa da mina das Pontes. Feb. 2008 . Diario de Ferrol. 21.2.2008. La Voz de Galicia 19.2.2008
  • Mesa Redonda: As Rias Galegas: Riqueza a Defender. Xaneiro 2008. Ferrol
  • Marchas ciclistas: Masa critica. 2007/2008
  • Denuncia retraso colector depuradora Ferrol. Marzo. 2008
  • Denuncia irregularidades limpeza nas praias de Fene. 2008. Diario Ferrol 13.3.2008
  • Exposición “Art Natura”. Fene. Febreiro-Marzo 2008
  • Encontro cós Pintores. Art Natura. Fene, 12.Marzo. 2008 . diario Ferrol 13.3.2008
  • Encontro cos Fotográfos. Art Natura. Fene. 13. Marzo. 2008
  • Encontro cos Escritores. Art Natura. Fene. 14.Marzo.2008
  • Dia da Arbore. 2008. Plantacion de varias arbores en Fene. Marzo.2008
  • Roteiro nocturno polo Rio Belelle. Marzo.2008 . La Voz de Galicia. 29.3.2008
  • Participacion en “Caceroladas e Manifestacions” po-las entradas de gaseiros á pranta de gas de Mugardos. Xaneiro-Novembro.2008. Diario Ferrol e La Voz.
  • Denuncia “Irregularidades contables” de Reganosa có Grupo Tojeiro e a Xunta: La Voz de Galicia: 6.3.2008
  • Denuncia o Plano Acuicola. Diario Ferrol 6.3.2008
  • Solicitude á Xunta de Galicia de prohibición de caza de aves agacha e arcea. Diario Ferrol 25.3.3008
  • Monográfico: “A contaminación Invisible”. Diario de Ferrol 30.3.2008. Suplemento Nordesía
  • Denuncia que a lagoa da mina de Endesa en As Pontes, pode incrementar a actividade sísmica. Diario Ferrol 2.4.2008
  • Depuración das Cidades Galegas. Adega. La Voz de Galicia. 7.4.2008
  • Alegacións o Proxecto de AAI de Forestal Atlántico para verquer na Ria de Ferrol. Abril. 2008
  • Xornadas “Agrocombustibles a debate”. Vicerectorado Campus Esteiro. Ferrol 4-11-18-25 Abril. 2008. En colaboracion : ADEGA, SGHN, Verdagia e Xoaniña. Diario Ferrol 29.3.08; 12.4.08 ; La Voz de Galicia 4.4.2008
  • Reunión coa veciñanza Neda. Impacto medioambiental do enlace AP-9 sobre o “Val da Mourela e o Belelle”. Abril. 2008.La Voz 9.4.2008. Reunión có alcalde: 9.5.08
  • Xornada “Limpando as Nosas Rias”. Organizou ASOAR-ARMEGA. Colaborou ADEGA-Trasancos. 3.5.08. Mesa Redonda sobre “Contaminación na Ria”. Coa participacion de ADEGA
  • Apoio á manifestacion prevista 18.5 en defensa da lingua
  • Reunión coa veciñanza de Ferrol-Vello pola contaminación por descargas de clinker e outros graneis. 8.5.08
  • -Actividades en relacion có aniversario chegada 1º gaseiro á pranta de gas. Manifestación 9.5.08
  • Nota de prensa, e cartas Conselleira Vivenda e Alcaldia: Daños polo proxecto polígonos industriais Mandiá e Leixa. La Voz e Diario Ferrol 1.8.20080
  • Traballo de campo, medición pH diferentes partes rio Eume e afluentes. Declaracions na prensa e reportaxes (agosto e setembro 2008): Humberto (La Voz. Diario, Correo Gallego..).
  • Elaboracion cuaderno sobre problematica ambiental ria de Ferrol (Suso)
  • Concentracion contra obra “ilegal” na Saiña(Valdoviño) 9.9.2008 (Diario, La Voz, El Pais)-
  • Presencia no Pleno de Valdoviño pola obra ilegal na Saiña: 15.9.08. Declaracions de Carlos (Diario e La Voz de Galicia: 16.9)
  • Roteiro polas dunas de Corrubedo. Setembro.2008
  • Concetracions-caceroladas entradas buques gaseiros : todo o ano
  • Participacion Mesa Redonda “Puntos negros na comarca”: Fervesteiro: Nés Lopes
  • Consitucion plataforma afectados Polígono Industrial Vilar do Colo. e o seu entorno (integrado por Adega e outros colectivos). La Voz de Galicia e Diario de Ferrol 19.9.2008 (Suso e Xabier)
  • Nota prensa protesta polo inicio da activiadade nas industrias do porto exterior da producción de agrocombustibles a partires de produccións tras deforestacións bosques primarios. La Voz. Setembro.2008
  • Entrevista Fiscal Medioambiente: asunto As Pontes, Eume: 19.9.2008, Humberto
  • Charla-Coloquio: Problematíca do rio Eume e Lago d’As Pontes. Pontedeume. 19.9.2008. Participacion Concha Ferreiro
  • Protesta-paralización circulación camiones ao porto exterior con transporte de clinker e mercadurías perigosas no seu paso por Valón. Setembro.2008 (Serxio, Antonio)
  • Participación na actividade “ A limpar o mundo”. Esmelle. Ferrol 20.9.2008
  • Participación na actividade “Limpeza fondos mariños”. Mugardos. 27.9.2008
  • Actividades da Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar do Colo (Adega entidade do mesmo)(Fene): Actividades varias: roteiro, concentración, denuncias, presenza en plenos. 3.10-2008. La Voz (Suso’s, Xabier, Serxio, Nés,..)
  • Limpeza “Proxecto Rios” 2.10.2008: Rios Baa(Fene) e Belelle(asociación Néboa). Diario Ferrol e La Voz 3.10.2008
  • Participación na xornada de “Limpandos as nosas rías”. Fene 11.10.2008. Mesa Redonda en Fene. Participacion de Suso
  • Participación nas marchas ciclistas Masa Critica y na Masa critica galega. 27.9.2008
  • Denuncia niveles moi elevados metales pesados no Eume. El Pais , La Voz e Diario Ferrol 22.10.2008
  • Participación no Congreso Galego de Medio Ambiente. Coruña 27-31.10.2008
  • Denuncia danos eventuais polo tratamento do embalse do río Eume con carbonato cálcico. La Voz e Diario Ferrol. 2.11.2008
  • Proceso Participacion Cidadá. Concello Ferrol. abril-novembro.2008 Suso e Serxio
  • Monitorización Plan de Compostaxe Casero. 3 ao 10.11.2008. (actividade dende Adega- nacional, Desirée, Martiño,..)Localia. TVG. La voz 3.11.2008
  • Participación nas actividades cientficas do Lobo en Galiza. Coruña. 8.11.2008
  • Denuncia irregularidades contables Reganosa: La Voz de Galicia/Diario Ferrol. 8.11.2008
  • Integración na “Rede do troco”. Outubro.2008
  • Mesa redonda:Movementos asociativos. Esteiro. Novembro 2008. particip Adega Nés López
  • Envio a Fiscalía Medioambiente “Determinacion analitica niveles de metais pesados no Eume” (en colaboracion coa Univ Coruña) Novem.2008
  • Mesa redonda “ A defensa medioambiental: unha visión plural”. 25.11.2008. Participación Adega: Suso Oca, Fins Eixeira, S. L.Piñeiro
  • Intregración de ADEGA no Consello de Medioambiente Concello Ferrol. 27.11.2008
  • Participación nas marchas ciclistas “masa crítica” e no “mercadiño do troco”. Decembro.2008

2009
  • Convocatoria e participación nas concentracións de apoio ao pobo palestino. Xaneiro 2009
  • Convocatoria e participación nas protestas-concetracions pola entrada “ilegal” de novos gaseiros na ría de Ferrol. Xaneiro 2009
  • Envio de cartas e informes ao Defensor do Pobo e Parlamento Europeo para intentar desestimar ao proxecto polígono industrial en S. Pedro de Leixa (Ferrol), 19.2009

Ferrol, Xaneiro de 2009
_____________

20090112

Borrador do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol - 18.12.2008 -

BORRADOR DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

* Achegas incorporadas polo “Grupo de Análise e Proposta”, Comisión Política e Foro Cívico
* Recomendacións xurídicas da Secretaría Xeral do Concello de Ferrol
* Período de traballo: maio a decembro de 2008

[Versión 18.12.2008, previa á Comisión Informativa de Participación Cidadá]

ÍNDICE DE CONTIDOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto
Artigo 2. Obxectivos específicos
Artigo 3. Ámbito de aplicación, veciñanza e entidades cidadás
TÍTULO II. DEREITOS DA CIDADANÍA DE FERROL
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 4. Dereitos da veciñanza e entidades cidadás
CAPÍTULO II. DEREITO Á INFORMACIÓN
Artigo 5. Dereito ao coñecemento dos procedementos e documentación municipal
Artigo 6. Medios para a información dos acordos orgánicos
Artigo 7. Observatorio Cidadá
Artigo 8. Carpeta Cidadá e dixitalización de trámites
Artigo 9. Dereitos de información das entidades cidadás
CAPÍTULO III. DEREITO DE PETICIÓN E PROPOSTA
Artigo 10. Presentación de propostas
Artigo 11. Comisión especial de suxestións e reclamacións.
Artigo 12. Tramitación ordinaria de queixas e prazos das respostas
Artigo 13. Tramitación ante a Comisión especial de suxestións e reclamacións
CAPITULO IV. DEFENSOR/A DA CIDADANÍA
Artigo 14. A figura do/da Defensor/a da Cidadanía e as súas competencias
Artigo 15. Elección do/da defensor da cidadanía, incompatibilidades e relacións cos órganos do concello
Artigo 16. Procedemento de presentación de queixas do/da defensor/a da cidadanía
CAPÍTULO V. DEREITO DE AUDIENCIA PÚBLICA
Artigo 17. Definición de audiencia pública
Artigo 18. Funcionamento da audiencia pública
CAPÍTULO VI. DEREITO DE INICIATIVA POPULAR
Artigo 19. Definición de iniciativa popular
Artigo 20. Funcionamento da iniciativa popular
CAPÍTULO VII. DEREITO DE INTERVENCIÓN NO PLENO MUNICIPAL
Artigo 21. Dereito ás intervencións no Pleno
Artigo 22. Funcionamento do dereito das intervencións no Pleno
Artigo 23. Incorporación de proposicións na orde do día do Pleno
CAPÍTULO VIII. CONSULTA POPULAR
Artigo 24. Definición e tramitación da consulta popular
Artigo 25 Mecanismos para o coñecemento das demandas cidadás
TÍTULO III. ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
CAPÍTULO I. CONSELLOS SECTORIAIS
Artigo 26. Definición de Consellos Sectoriais
Artigo 27. Composición dos Consellos Sectoriais
Artigo 28. Competencias dos Consellos Sectoriais
Artigo 29. Funcionamento dos Consellos Sectoriais
CAPÍTULO II. ASAMBLEAS DE BARRIO
Artigo 30. Definición de asamblea de barrio
Artigo 31. Composición das asambleas de barrio
Artigo 32. Competencias das asambleas de barrio
Artigo 33. Funcionamento das asambleas de barrio
CAPÍTULO III. FOROS CÍVICOS
Artigo 34. Definición de foros cívicos
Artigo 35. Composición dos foros cívicos
Artigo 36. Competencia dos foros cívicos
Artigo 37. Funcionamento dos foros cívicos
CAPÍTULO IV. CONSELLO DA VECIÑANZA
Artigo 38. Definición do Consello da Veciñanza
Artigo 39. Composición do Consello da Veciñanza
Artigo 40. Competencia do Consello da Veciñanza
Artigo 41. Funcionamento do Consello da Veciñanza
CAPÍTULO V. COMISIÓN DE CONTROL CIDADÁ DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN
Artigo 42. Constitución e funcións da Comisión de control cidadá do Regulamento
TÍTULO IV. MECANISMOS DE APOIO E PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 43. Tipos de apoio ás entidades cidadás
CAPÍTULO II. REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES CIDADÁS
Artigo 44. Rexistro Municipal de Entidades Cidadás como fonte de dereitos
Artigo 45. Obxectivos do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
Artigo 46. Características para a inscrición no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
Artigo 47. Documentación a presentar no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
Artigo 48. Formalización e notificación da inscrición no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
Artigo 49. Obrigas das entidades inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
Artigo 50. Funcionamento interno do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás
CAPÍTULO III. DECLARACIÓN DE INTERESE PÚBLICO MUNICIPAL
Artigo 51. Requisitos para obter a Declaración de interese público municipal
Artigo 52. Documentación para solicitar a Declaración de interese público municipal
CAPÍTULO IV. SUBVENCIÓNS E CONVENIOS DE COLABORACIÓN
Artigo 53. Mecanismos de financiamento ás entidades cidadás
CAPÍTULO V. COLECTIVOS, PLATAFORMAS E COORDINADORAS CIDADÁS
Artigo 54. Plataformas e coordinadoras cidadás
CAPÍTULO VI. SERVIZOS DE APOIO E ASESORAMENTO
Artigo 55. Servizos de asesoramento e formación
CAPÍTULO VII. SENSIBILIZACIÓN SOCIAL
Artigo 56. Campañas de sensibilización dos valores democráticos
Artigo 57. Incorporación de contidos relativos á participación cidadá nas actividades formativas
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Disposición Transitoria Primeira
Disposición Transitoria Segunda
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición Adicional Primeira
Disposición Adicional Segunda
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Disposición Derrogatoria Única
DISPOSICIÓN FINAL


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

As corporacións locais constitúen o marco político-administrativo máis próximo á cidadanía, sendo o contorno idóneo para a profundización da democracia. A democratización dos Concellos esixe, non só a representatividade da cidadanía elixida por sufraxio para a toma de decisións, senón tamén a intervención dos cidadáns e das cidadás na planificación, control e seguimento das políticas públicas locais. Nestas intervencións consiste a Participación, como a incorporación á tarefa municipal de toda acción de carácter solidario —individual ou colectiva— que camiña cara o recoñecemento pleno dos veciños e das veciñas en suxeitos de dereitos e non simples beneficiarios e beneficiarias de prestacións e servizos. Trátase de gobernar non só para a cidadanía, senón coa cidadanía.

Por este motivo, o Concello de Ferrol con este Regulamento comprométese a establecer aqueles mecanismos de información, control e participación na toma de decisións, co fin de complementar a democracia representativa coa democracia participativa. Co obxecto de facer efectivo este obxectivo o Concello de Ferrol promoverá a implicación do conxunto das forzas políticas municipais no seu desenvolvemento e seguimento.

Así, o Concello de Ferrol favorecerá, impulsará e dinamizará o dereito á información, o dereito de petición e proposta, de consulta e de iniciativa cidadá, o dereito a ser escoitado/a e o de intervir nos plenos municipais e noutros órganos creados a tal efecto. O presente Regulamento pretende recompilar, completar e garantir o exercicio dos dereitos que a normativa recoñece á cidadanía na súa relación coa Administración Local.

O Concello de Ferrol manterá un diálogo aberto, transparente e regular coas asociacións representativas e a sociedade civil, que contribúa a mellorar a confianza dos cidadáns e cidadás nas institucións, reforce os dereitos da cidadanía e contribúa á eliminación de desigualdades entre os barrios.

En colaboración cos axentes sociais do seu territorio, o Concello de Ferrol contribuirá a consolidar unha cultura reforzada de consulta e de diálogo permanente que facilite a convivencia, a solidariedade, a tolerancia, a responsabilidade cidadá e os valores éticos e democráticos; reforzando o desenvolvemento humano e a preocupación polo interese e o ben común.


TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

# Artigo 1. Obxecto

O obxecto deste Regulamento é regular as formas, medios e procedementos de participación das veciñas e veciños na xestión e control das políticas públicas municipais, tanto individualmente como a través de entidades cidadás.

# Artigo 2. Obxectivos específicos

Os obxectivos específicos que se pretenden abordar co presente Regulamento son os seguintes:

* Facilitar e promover a iniciativa e a participación cidadá e entidades municipais na xestión e control dos servizos e programas públicos locais, sen menoscabo das competencias legalmente atribuídas aos órganos establecidos pola lei e facer efectivos os dereitos recollidos no artigo 18 da LRBRL.
* Promover a participación da cidadanía no deseño e seguimento da xestión municipal, facilitando a presenza do conxunto dos colectivos sociais e garantido a perspectiva de xénero no deseño das políticas participativas.
* Crear os órganos e mecanismos que garantan as posibilidades de participación, de consulta cidadá, de conformidade co artigo 70.3 da LRBRL.
* Fornecer, activar e colaborar co tecido asociativo.
* Achegar a xestión pública local á cidadanía.
* Garantir a solidariedade e o equilibro entre os distintos barrios.
* Velar pola defensa e cumprimento dos dereitos da cidadanía ferrolá e dos acordos e compromisos acadados polo goberno municipal.

# Artigo 3. Ámbito de aplicación, veciñanza e entidades cidadás

1. O ámbito de aplicación desta normativa inclúe a todos/as os/as veciños/as do municipio e ás entidades cidadás con presenza no termo municipal de Ferrol.

2. A efectos destas normas considérase veciño/a a calquera persoa inscrita no Padrón Municipal de Habitantes.

3. A efectos destas normas considéranse entidades cidadás as inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás de acordo aos procedementos establecidos no Capítulo II do Título IV deste Regulamento.


TÍTULO II. DEREITOS DA CIDADANÍA DE FERROL

# CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

# Artigo 4. Dereitos da veciñanza e entidades cidadás

1. Todos os/as veciños/as de Ferrol teñen dereito a participar na xestión municipal directamente, de forma individual ou colectiva, a través das asociacións ou calquera outra entidade cidadá (como plataformas ou coordinadoras, reguladas no Capítulo V do Título IV).

2. Aos efectos do presente Regulamento, este dereito de carácter xeral comprende os seguintes dereitos específicos:

• Dereito a servizos públicos de competencia municipal.

• Dereito á información.

• Dereito de petición e proposta.

• Dereito de audiencia pública.

• Dereito de iniciativa popular.

• Dereito de intervención no Pleno Municipal.

• Dereito a consulta popular.

3. Todos/as os/as veciños/as de Ferrol teñen dereito a utilizar e a esixir ao Concello a prestación dos servizos públicos que establecen os artigos 25.2 e 26 da LBRL.

4. Para posibilitar e promover o exercicio destes dereitos, o Concello de Ferrol habilitará os mecanismos e cauces de participación establecidos no presente Regulamento.

# CAPÍTULO II. DEREITO Á INFORMACIÓN

# Artigo 5. Dereito ao coñecemento dos procedementos e documentación municipal

Todos/as os/as veciños/as de Ferrol teñen dereito a:

a) Coñecer o estado da tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados/as, e obter copias de documentos contidos neles.

b) Acceder aos arquivos e rexistros públicos e obter copias dos mesmos, agás ao que afecte á seguridade e defensa do Estado, a averiguación dos delictos e á honra e intimidade das persoas.

c) Coñecer os acordos dos órganos de goberno municipais e das comisións informativas, cando actúen por delegación.

# Artigo 6. Medios para a información dos acordos orgánicos

1. O Concello informará á poboación dos acordos dos órganos de goberno municipais, das normas e, en xeral, de todas as súas actuacións.

2. Estas informacións serán divulgadas de forma sinxela e apropiada, de modo que poidan ser coñecidas e comprendidas por todos/as os/as cidadáns e cidadás. Poderán utilizarse os seguintes medios:

a) Revista informativa municipal mensual.

b) Radio municipal.

c) Web municipal.

d) Oficina de Atención á Cidadanía.

e) Taboleiros de anuncios.

f) Exposición en lugares de concurrencia pública: equipamentos municipais, sedes de entidades cidadás, centros comerciais, etc.

g) Boletíns oficiais.

h) Medios de comunicación social.

i) Calquera outro que favoreza a difusión das informacións.

# Artigo 7. Observatorio Cidadá

A través da web municipal funcionará un “Observatorio Cidadá” que recolla, de forma periódica, as informacións e resultados de informes cuantitativos e cualitativos e datos de enquisas de opinión cidadá on-line.

# Artigo 8. Carpeta Cidadá e dixitalización de trámites

O Concello promoverá e fará uso das novas tecnoloxías como medio alternativo para unha eficaz difusión dos seus servizos e actividades, proporcionando un achegamento progresivo aos habitantes de Ferrol. Por medio delas poderase:

a) Facilitar ao máximo as xestións coa Administración Local, o acceso aos trámites administrativos, promovendo o uso das novas tecnoloxías.

b) Mellorar a transparencia da Administración, incorporando á rede toda a información de carácter público que se xenere no municipio.

c) Potenciar a relación entre Administracións a través de redes telemáticas para beneficio da poboación.

d) Posibilitar a realización de trámites administrativos municipais a través da “Carpeta Cidadá”

e) Posibilitar o uso da sinatura electrónica, de acordo coas Leis e Regulamentos que se desenvolvan.

f) Apoiar o establecemento das tecnoloxías de información e comunicación, a través de axudas específicas e á dotación de sistemas de acceso libre a Internet.

h) Facilitar á poboación o coñecemento da rede asociativa local a través da difusión do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás, mediante campañas de divulgación dos seus proxectos de actividade.

# Artigo 9. Dereitos de información das entidades cidadás

As entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás teñen os seguintes dereitos de información:

a) Recibir no seu domicilio social ou mediante medios telemáticos as convocatorias e ordes do día dos órganos colexiados municipais que celebren sesións públicas así como as sesións da xunta de goberno, cando figuren nelas asuntos relacionados co ámbito, sector ou obxectivo social da entidade cidadá.

c) Recibir as publicacións informativas, periódicas ou non, que edite o Concello e en especial a información dos acordos do Pleno e da xunta de goberno.

d) As entidades cidadás teñen dereito a celebrar reunións informativas con Concelleiros/as Delegados/as sobre asuntos da súa competencia, previa petición por escrito e no prazo máximo de 30 días dende a presentación da mesma a través do Rexistro Xeral.

e) Aqueloutros que se poidan establecer no presente Regulamento.


# CAPÍTULO III. DEREITO DE PETICIÓN E PROPOSTA

# Artigo 10. Presentación de propostas

Todos e todas os veciños e veciñas teñen dereito a dirixirse a calquera autoridade ou órgano municipal para solicitar información e aclaracións ou presentar queixas e propostas sobre as actividades do Concello, según o procedemento que se recolle nos artigos seguintes.
# Artigo 11. Comisión especial de suxestións e reclamacións.

1. Para a defensa dos dereitos da cidadanía, o Pleno creará a Comisión de queixas e reclamacións, integrada polos/as concelleiros/as de todos os grupos políticos presentes no mesmo, de forma proporcional. A presidencia da comisión corresponde á alcaldía, podendo delegala nunha concellería.

2. Corresponde á Comisión defender os dereitos da cidadanía nas súas relacións coa administración local, supervisar a actuación desta, propoñer accións de mellora e informar das queixas de conformidade co disposto neste Regulamento.

3. A Comisión poderá levar a cabo investigacións sobre o funcionamento dos servizos, inspeccións das dependencias administrativas, sen prexuizo das competencias atribuídas aos órganos de control do Concello. Todos os órganos de goberno e administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión.

4. A Comisión aprobará as recomendacións ou suxestións pertinentes, se ben nunca poderán modificar nen anular resolucións ou actos administrativos.

5. Toda persoa física ou xurídica, con independencia da súa residencia ou nacionalidade, ten dereito a presentar reclamacións, queixas e suxestións a través do Rexistro Xeral sobre materias da competencia municipal e sobre o funcionamento dos servizos municipais. Para facilitar o exercicio deste dereito, existirá unha ficha de reclamación-suxestión e, na medida do posible, habilitaranse buzóns de suxestións e reclamacións, así como aplicacións informáticas e telemáticas para a presentación das mesmas.

6. Enténdese por suxestión calquera proposta destinada a mellorar a prestación dun servizo de índole municipal ou a calidade do mesmo. As reclamacións serán aquelas que se presenten en relación ás deficiencias dun servizo municipal e teñan por obxecto a corrección das mesmas, estando excluídas todas aquelas que teñan un contido económico, versen sobre un procedemento xudicial aberto ou teñan por obxecto a revisión dun acto municipal.

7. As suxestións e as reclamacións deberán conter como mínimo o nome e enderezo, DNI ou equivalente, a sinatura da persoa reclamante e o obxecto da suxestión ou reclamación, con expresión razoada dos argumentos que a sustenten e a documentación que estimen oportuna.

8. A persoa física e xurídica que presente a queixa ou suxestión non adquire a condicación legal de interesado/a, nin a mesma dará lugar á apertura da vía de recursos. Quedan excluídas deste procedemento as cuestións pendentes de resolución xudicial ou en tramitación administrativa, ate que recaiga resolución expresa ou presunta.

# Artigo 12. Tramitación ordinaria de queixas e prazos das respostas

1. Establecerase unha oficina de suxestións e reclamacións que se integrará na Concellería competente en materia de Participación Cidadá e rexistrará cada reclamación ou suxestión. Examinará as reclamacións e suxestións no prazo de 10 días dende a súa presentación e poderá requerir á persoa interesada para que en dez días proceda á subsanación de defectos ou omisións.
2. As reclamacións que afecten ao comportamento de autoridades ou persoal municipal terán carácter reservado; comunicaranse á persoa aludida, que poderá presentar alegación ante a oficina. Nestes casos, dita Comisión, poderá requerir informe do/da superior xerárquico/a.
3. Non se admitirán a trámite queixas e suxestións anónimas ou nas que se advirta mala fe, carencia de fundamento ou falta de concreción e aquelas nas que se prexudique o lexítimo dereito dun terceiro/a ou se o seu contido excede a competencia municipal. De non proceder a súa admisión, comunicarase á persoa reclamante mediante escrito razoado, informándolle das vías máis oportunas para facer valer as súas pretensións.
4. As suxestións e queixas admitidas serán remitidas ao servizo municipal correspondente que, previo o seu estudo, emitirá informe preceptivo á oficina de suxestións e reclamacións.
5. A oficina informará á persoa reclamante mediante a remisión dos informes que tivesen sido emitidos polos servizos municipais.
6. A persoa reclamante poderá desistir en claquera momento da súa petición, mediante comunicación remitida á oficina de suxestións e reclamacións, para proceder ao seu arquivo, dando conta á Comision e ao servizo afectado. Non obstante, o Concello poderá continuar de oficio coas reclamacións que considere oportunas.

# Artigo 13. Tramitación ante a Comisión especial de suxestións e reclamacións

1. A oficina de suxestións e reclamacións remitirá á Comisión un listado trimestral das reclamacións e suxestións, con indicación do servizo afectado, trámites e solucións adoptadas ou propostas.
2. A Comisión poderá requerir á oficina a información e documentación complementaria para un maior achegamento sobre as temáticas afectadas e poderá, ademais, solicitar a presenza de rsponsables do servizo obxecto da suxestión ou reclamación para obter un coñecemento máis directo dos temas obxecto de estudo.
3. As sesións da Comisión non son públicas e se celebrarán con periodicidade trimestral, previa convocatoria pola presidencia, cun mínimo de 48 horas de antelación á data prevista.
4. As sesións poderán ser extraordinarias e/ou urxentes. Nestes casos, deberán ser solicitalas pola presidencia ou a solicitude da cuarta parte dos membros da Comisión e non poderán tratarse asuntos que non figuren na orde do día.
5. As conclusións ás que chegue a Comisión, revestirán forma de informe non vinculante; adoptaranse por acordo maioritario e poderán conter advertencias, recomendacións, recordatorios e deberes legais e suxestións para a adopción de novas medidas de mellora da eficacia e eficiencia dos servizos públicos locais, que se dirixirán a cada órgano ou servizos que se considere oportunos.
6. A Comisión presentará ao Pleno unha memoria anual dentro do primeiro semestre, que recollerá as queixas e suxestións e as recomendacións e resolucións adoptadas, así como as suxestións rexeitadas e a fundamentación destas decisións. Nestes informes non constarán datos persoais das persoas reclamantes. Un resumo será exposto pola presidencia da Comsión ante o Pleno, podendo intervir os distintos grupos municipais a efectos de expoñer o seu posicionamento.
7. A Comisión tamén poderá elaborar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconsellen.


# CAPITULO IV. DEFENSOR/A DA CIDADANÍA

# Artigo 14. A figura do/da Defensor/a da Cidadanía e as súas competencias

1. O/a Defensor/a da Cidadanía (DC) é a institución que, dentro do ámbito local, ten como obxectivo ser o cauce de diálogo, estudio e seguimento dos problemas que viven os cidadáns e as cidadás ante a administración municipal.

2. O/a Defensor/a da Cidadanía cumprirá as súas funcións con independencia e obxectividade, investigando e resolvendo os expedentes iniciados de oficio e aquelas queixas formuladas a petición dos cidadáns e das cidadás.

# Artigo 15. Elección do/da defensor da cidadanía, incompatibilidades e relacións cos órganos do concello

1. A Defensora ou Defensor será elixido/a polo Pleno do Concello. O seu mandato terá a vixencia do mandato da corporación.
2. Para poder ser elixido/a Defensor/a da cidadanía han de se reunir as seguintes condicións:
2. figurar no Padrón Municipal
3. ser maior de idade e estar en pleno desfrute dos dereitos civís e políticos.

3. A condición de DC é incompatible con calquera cargo político ou actividade profesional, mercantil ou laboral que conleve intereses particulares co Concello. Cando concurra unha causa de incompatibilidade, o DC antes de tomar posesión, terá que cesar no seu cargo ou actividade incompatibles ou ben solicitar a excedencia na función.

4. Cando deba elixirse ao/á DC, a Concellería competente en materia de Participación Cidadá elevará ao Pleno, no prazo máximo dun mes, as candidaturas ao cargo. Unha vez realizada a proposta, o Pleno elixirá ao DC por maioría.

5. O/a Defensor/a da Cidadanía relacionarase co Concello a través das Comisións Informativas, que serán informadas das queixas e peticións que se lles dirixan relativas á defensa dos dereitos e libertades da cidadanía.

6. Anualmente informará ao Pleno das súas actividades, no transcurso do primeiro semestre, no que fará constar:

* nº e tipo de queixas formuladas e expedentes iniciados de oficio.

* as queixas rexeitadas, en tramitación e as causas que as orixinaron.
* Tamén poderá presentar informes extraordinarios en casos da urxencia de feitos que motiven a súa investigación.

7. O/a DC non está suxeito/a a mandato imperativo algún e cumplirá as súas funcións con autonomía.

8. A administración municipal e, en xeral, todos os poderes públicos dependentes da corporación local, están obrigados a auxiliar, con carácter preferente, ao/á Defensor/a da cidadanía nas súas investigacións.

9. A Alcaldía acreditará coa súa sinatura o nomeamento do/da DC que deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

10. Para cumplir as súas funcións, o/a DC deberá dispoñer dunha oficina, con medios personais e materiais necesarios, de acordo coas partidas orzamentarias que se incorporen no Orzamento Municipal, correspondendo ao/á DC a elaboración do proxecto de previsión de gastos, para que o Concello leve a cabo a necesaria dotación orzamentaria.

# Artigo 16. Procedemento de presentación de queixas do/da defensor/a da cidadanía

1. Os cidadáns e as cidadás poderán dirixirse á/ao DC solicitando que actúe con relación á queixa que formulen as persoas físicas ou xurídicas que invoquen un interese lexítimo relativo ao obxecto da queixa.

2. As queixas serán presentadas por escrito ou oralmente. En todo caso, deberá quedar constancia do nome, apelidos, DNI e enderezo da persoa promotora, así como a súa sinatura, tras a transcripción. Á queixa poden acompañarse documentos e medios de proba que as fundamenten.

3. Todas as actuacións do/da DC serán gratuitas para a persoa afectada.

4. Entre a produción do feito que é obxecto da queixa e a formulación escrita ante o/a DC non poderá transcurrir máis dun ano. O inicio das actuacións, cando se produzan de oficio, non estará sometido a nengún prazo preclusivo.

5. O/a DC rexistrará e acusará recibo de todas as queixas que se formulen, que deberá tramitar ou rexeitar; debendo de comunicalo á persoa interesada mediante escrito motivado. Non poderá investigar queixas cando o obxecto das mesmas se atope pendente dunha resolución xudicial e deberá suspenderse a súa actuación se, téndoa iniciado, unha persoa interesada interpón demanda ou recurso ante os tribunais.

6. O/a DC coidará que a administración resolva en tempo e forma debida as peticións e recursos que teñan sido formulados.

7. O/a DC remitirá ao Valedor do Pobo as queixas que sexan da súa competencia.

8. Unha vez admitida a queixa a trámite ou iniciado o expedente de oficio, poderá dar conta ao departamento, entidade ou dependencia afectada, nun prazo de 30 días, podendo ampliar este prazo poderá en función das circunstancias concurrentes a propia investigación e resolución. O/A DC poderá formular ás autoridades municipais e ao persoal ao servizo da administración, as advertencias, recomendacións ou recordatorios relativos aos seus deberes legais; podendo propoñer ao departamento ou entidade, fórmulas de conciliación ou de acordo que faciliten unha resolución positiva e rápida das queixas.

9. O/a DC deberá informar do resultado das investigacións, incluso do seu arquivo, á persoa promotora da queixa, ao persoal ao servizo da administración afectada e autoridade do departamento correspondente.


# CAPÍTULO V. DEREITO DE AUDIENCIA PÚBLICA

# Artigo 17. Definición de audiencia pública

Os/as veciños/as de Ferrol teñen o dereito de audiencia pública, que consiste en facer sesións específicas abertas a todos/as os/as veciños/as que o desexen, para ser informados/as e escoitados/as en relación a aqueles temas de competencia municipal, e de especial relevancia para o municipio.

# Artigo 18. Funcionamento da audiencia pública

1. A audiencia pública será convocada polo Alcalde/sa ou por calquera dos/das Concelleiros/as Delegados/as, xa sexa a iniciativa propia, a petición da cidadanía ou tecido social.

2. Poden solicitar unha audiencia pública os órganos de participación existentes (regulados polo Título III do presente Regulamento), as entidades municipais, ou cidadáns/cidadás individuais, sempre que presenten o apoio do 1% da poboación empadroada no municipio maior de 16 anos, mediante sinaturas verificables, cando o problema afecte ao ámbito territorial dun barrio ou parroquia do Concello. No caso de que a audiencia pública faga referencia a unha demanda ou problema de carácter global ou xeral e que afecte ao conxunto do territorio municipal a porcentaxe de sinaturas verificables de poboación maior de 16 anos ascenderá ao 10%.

3. As audiencias públicas solicitadas pola cidadanía celebraranse nun prazo non superior a 30 días trala presentación das sinaturas no Rexistro Municipal.


# CAPÍTULO VI. DEREITO DE INICIATIVA POPULAR

# Artigo 19. Definición de iniciativa popular

1. Os/as veciños/as que gocen do dereito de sufraxio activo nas eleccións municipais poderán exercer a iniciativa popular, presentando propostas de acordos, actuacións ou proxectos de regulamentos en materias de competencia municipal.

2. Estas iniciativas deberán ir suscritas cando menos polo 10% da poboación inscrita no censo electoral.

3. As iniciativas poderán, no seu caso, levar incorporada unha proposta de consulta popular local, que será tramitada polo procedemento e cos requisitos do Capítulo VIII do presente Título deste Regulamento.

# Artigo 20. Funcionamento da iniciativa popular

1. Tales iniciativas requirirán informe previo de legalidade do/da Secretario/a Xeral do Concello, así como o informe do/da Interventor/a cando afecte a dereitos e obrigas de contido económico.

2. Vista a legalidade da iniciativa, nos termos anteriormente mencionados, o Concello someterá ésta a información pública durante un prazo de 1 mes, agás por razóns de urxencia que aconsellaran un prazo máis curto.

3. O Concello, concluído o prazo de exposición pública, someterá as iniciativas a debate e votación no Pleno.

4. A decisión terá en conta principalmente o interese público da iniciativa.

5. Antes do debate e votación plenaria, o Concello poderá solicitar aclaracións complementares á persoa ou colectivo que ten feito a proposta.

6. No caso de que o Pleno municipal aprobe a iniciativa cidadá, fará pública a forma e calendario co que se levará a cabo, e destinará a partida económica correspondente.


# CAPÍTULO VII. DEREITO DE INTERVENCIÓN NO PLENO MUNICIPAL

# Artigo 21. Dereito ás intervencións no Pleno

1. As sesións do Pleno municipal son públicas e unha vez rematadas o/a Alcalde/sa pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal establecidos na orde do día. Correspóndelle ao/á Alcalde/sa ordenar e pechar esta quenda.

2. Poderán ser trasladados a unha mesma sesión plenaria de carácter extraordinaria os asuntos e temas formulados polas entidades cidadás e persoas particulares, aglutinando no mesmo Pleno as demandas e propostas cidadás.

3. O Concello porá a disposición da cidadanía, a través dos medios de comunicación locais e da páxina web municipal, a orde do día das sesións do Pleno, coa antelación suficiente.

4. Non son públicas as sesións da xunta de goberno local, nin as das comisións informativas. Non obstante, ás sesións destas últimas, poderá convocarse para ofrecer información nun tema concreto, a representantes das entidades cidadás.

# Artigo 22. Funcionamento do dereito das intervencións no Pleno

1. As entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás poderán solicitar a súa intervención ante o Pleno, sobre algunha cuestión que figure na orde do día.

2. As solicitudes de intervención terán entrada no Rexistro Xeral do Concello como mínimo 24 horas antes do inicio da sesión, a través de escrito dirixido ao Alcalde/sa, no que constará o nome da persoa que tomará a palabra, e o interese da intervención, expresado de forma razoada.

3. Nos puntos a tratar polo Pleno por vía de urxencia, a intervención será solicitada a partir da entrega dos documentos correspondentes.

4. Coa autorización do/da Alcalde/sa, e a través dun/dunha único/a representante, a entidade poderá expor o seu parecer durante o tempo que o/a Alcalde/sa lle sinale, que oscilará aproximadamente entre 5 - 10 minutos, con anterioridade á lectura, debate e votación da proposta incluida na orde do día.

5. Todas aquelas solicitudes de intervención ou mocións dirixidas ao Pleno por parte das entidades cidadás, que sexan representativas dun 25% do tecido asociativo sectorial ou 50% territorial (relativo ás Asociacións de veciñanza rurais ou urbanas) deberán ser atendidas na sesión plenaria correspondente.

# Artigo 23. Incorporación de proposicións na orde do día do Pleno

1. Poderán solicitar a incorporación dunha proposición na orde do día do Pleno, as entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades ou calquera persoa ou colectivo, sempre que presente sinaturas verificables do 5% da poboación empadroada no municipio maior de 16 anos. No seu caso poderase presentar a proposición de maneira conxunta coa aprobación do 25% dos colectivos inscritos no Rexistro Municipal.
2. Cando se dean estas circunstancias, a proposición incorporarase na orde do día do seguinte Pleno Ordinario e será tramitada de acordo co Regulamento Orgánico Municipal.
3. Cando unha proposición sexa rexeitada non se poderá presentar outra sobre o mesmo tema nun prazo dun ano, agás sexa complementada con novos datos de relevancia.


# CAPÍTULO VIII. CONSULTA POPULAR

# Artigo 24. Definición e tramitación da consulta popular.

1. O Concello, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, poderá someter a consulta da cidadanía aqueles asuntos de competencia propia municipal e de carácter local, agás os relativos á facenda local, que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños e das veciñas; no caso de que sexa solicitada pola cidadanía deberá ser requerida por pedido colectivo dun mínino do 5% do Censo Electoral.

2. A convocatoria deberá ser acordada por maioría absoluta do Pleno, remitida á Xunta de Galicia e autorizada polo Goberno estatal.

3. Unha vez autorizada, a Xunta de Galicia realizará a convocatoria mediante Decreto.

# Artigo 25 Mecanismos para o coñecemento das demandas cidadás

1. Co fin de poder coñecer en todo momento as demandas cidadás, a opinión respecto dos servizos municipais e as necesidades dos/das veciños/as de Ferrol, levaranse a cabo sondaxes de opinión, enquisas de satisfacción e calquera outro método cuantitativo ou cualitativo de investigación social, de modo periódica e habitual.

2. Os resultados destas sondaxes de opinión serán públicos e publicitados a través dos medios de comunicación locais e da páxina web no “Observatorio Cidadá” (tal e como recolle o artigo 7 do presente Regulamento).


TÍTULO III. ÓRGANOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

# CAPÍTULO I. CONSELLOS SECTORIAIS

# Artigo 26. Definición de Consellos Sectoriais

1. Os Consellos Sectoriais son órganos de carácter informativo, consultivo, de control e de formulación de propostas, que permiten a participación cidadá na xestión de cada ún dos sectores ou áreas da actividade municipal. Son, polo tanto, órganos de participación de carácter temático.

2. Poderase crear un Consello Sectorial por cada un dos sectores ou áreas de actividade municipal, mediante acordo adoitado polo Pleno.

# Artigo 27. Composición dos Consellos Sectoriais

1. Os Consellos Sectoriais estarán constituídos, cando menos, por:

1. Presidencia: Alcalde/sa, ou Concelleiro/a responsable de cada área ou sector en quen o/a Alcalde/sa delegue.
2. Un representante por cada un dos grupos políticos con representación no Pleno, non podendo supor o conxunto deles máis do 50% do total de membros do Consello.
3. Representantes de entidades cidadás, inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás relacionadas co sector ou co interese na materia. Neste espazo tamén terán representación as entidades, plataformas, cooperativas, e entidades do terceiro sector que se consideren de interese . Dende o Regulamento interno de cada Consello establecerase o número máximo de colectivos participantes atendendo á súa representatividade sectorial.
4. Cidadáns e cidadás a título individual, maiores de 16 anos, que manifiesten interese na materia do Consello, a proposta dos grupos municipais ou do tecido asociativo e aprobado o seu nomeamento polo Pleno. O número máximo de persoas a participar establecerase no Regulamento interno de cada Consello.
5. Secretaría: un/unha traballador/a municipal, sen voz e sen voto.
6. Persoal técnico da área do Consello: con voz e sen voto.
7. Técnico/a en participación cidadá: con voz e sen voto.

2. A composición definitiva de cada Consello Sectorial quedará establecida no seu Regulamento Interno de Funcionamento, que deberá ter en conta as peculiaridades do sector correspondente. Este Regulamento será aprobado en sesión ordinaria de cada Consello e será publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

# Artigo 28. Competencias dos Consellos Sectoriais

Será competencia dos Consellos Sectoriais:

a) Fomentar a participación directa na xestión de cada área de actuación municipal das persoas e das entidades afectadas ou interesadas, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

b) Promover e fomentar o asociacionismo e a colaboración e coordinación entre as diferentes entidades que actúen no ámbito obxecto do Consello, xa sexan públicas ou privadas.

c) Asesorar ao Concello sobre as actuacións que éste realice no ámbito de actuación do Consello:

c.1) debatendo e valorando os asuntos que presente o Concello, especialmente a información, seguimento e avaliación dos programas anuais; e

c.2) elaborando propostas.

d) Recabar información do Concello, previa petición razoada, dos temas de interese para o Consello.

e) Promover a realización de estudos, informes e actuacións vinculadas ao sector.

f) Fomentar a aplicación de políticas e actuacións municipais integrais encamiñadas á defensa dos dereitos das persoas.

# Artigo 29. Funcionamento dos Consellos Sectoriais

1. Os Consellos Sectoriais cumprirán as seguintes normas xerais de funcionamento:
1. Reuniranse, como mínimo, cuatro veces ao ano.
2. Remitirán acta de todas as reunións aos membros do Consello e a todas as entidades relacionadas co sector inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás. A acta deberá ser enviada no prazo máximo dun mes dende a celebración da reunión.
3. O Concello deberá presentar en cada Consello Sectorial o plan anual de actuacións para o sector correspondente.
4. As valoracións e propostas de cada Consello Sectorial serán comunicadas á correspondente Comisión Informativa para a súa posterior inclusión no orde do día do Pleno, se fose procedente.
5. Poderán solicitar a reunión do Consello Sectorial en convocatoria extraordinaria cando así o demande unha terceira parte das persoas que o conforman.
2. 2. Unha vez constituído un Consello Sectorial, elaborará o seu propio Regulamento Interno de Funcionamento, decidido democraticamente entre os miembros do mesma, que deberá ser ratificado polo Pleno, previo informe da Secretaría Xeral e da Comisión Informativa correspondente.
3. O Concello porá a disposición dos Consellos Sectoriais todos os medios de comunicación municipais, a páxina web municipal, para dar a máxima difusión ás súas convocatorias de reunión e aos acordos tomados nas sesións. Asimismo, facilitará toda a documentación pública e relativa a expedentes que estean relacionados coa materia de cada Consello aos seus membros, se así o solicitan, co ánimo de facilitar información de cara á fiscalización e supervisión dos plans de acción e das políticas públicas municipais.


# CAPÍTULO II. ASAMBLEAS DE BARRIO

# Artigo 30. Definición de asamblea de barrio

2. As Asambleas de Barrio son órganos de carácter informativo, consultivo, de control e de formulación de propostas, que permiten a participación cidadá na xestión dos barrios do municipio. Son, por tanto, órganos de participación de carácter territorial.
3. Ao tempo, as Asambleas de Barrio constitúen o espazo propio para o desenvolvemento de iniciativas participativas e o desenvolvemento dos orzamentos participativos.
4. O Concello establecerá, baseándose nunha enquisa cidadá, co contraste cos colectivos e entidades sociais e mediante acordo adoptado polo Pleno, os ámbitos territoriais das Asambleas de Barrio.
5. A determinación dos ámbitos territoriais das Asambleas de Barrio deberá ser sometida a revisión periodicamente, adaptándose ao desenvolvemento urbanístico do municipio.

# Artigo 31. Composición das asambleas de barrio

1. Constituirán as Asambleas de Barrio:

1. Presidencia: alcalde/sa, concelleiro/a delegado/a en materia de Participación Cidadá ou concellería en quen delegue.
2. Vicepresidencias: unha persoa elixida democraticamente entre a cidadanía que participa a título individual, e outra entre aquelas persoas que participan en representación de asociacións ou mancomunidades de veciñanza. A elección desenvolverase na primeira convocatoria de constitución da Asamblea.
3. Cidadáns/cidadás a título individual, entre as persoas maiores de 16 anos residentes no ámbito territorial da Asamblea de Barrio.
4. Asociacións, Comunidades e mancomunidades de veciñanza do ámbito territorial da Asamblea de Barrio. Ao tempo poderán formar parte da Asamblea do Barrio as entidades, que sen ter definido un traballo propio no espazo territorial do barrio, desenvolvan un papel social en beneficio da comunidade ferrolá.
5. Secretaría: un/unha traballador/a municipal ou persoa socia dunha entidade inscrita no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás, sen voz e sen voto.
2. As vicepresidencias renovaranse cada 2 anos. A presidencia, coincidindo cos cambios da Corporación.

# Artigo 32. Competencias das asambleas de barrio

Será competencia das Asambleas de Barrio:

a) Fomentar a participación directa na xestión municipal de cada barrio das persoas que o habitan e das entidades que actúan no seu territorio, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

b) Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e entre éstas e os/as veciños/as.

c) Participar na toma de decisións sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice no ámbito territorial da Asamblea:

c.1) debatindo e valorando os elementos dos plans de actuacións e investimentos do Concello que afecten ao ámbito territorial da Asamblea;

c.2) informando, como mínimo anualmente, ao Concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e das necesidades do territorio, con indicación e selección de prioridades para a súa posible inclusión no plan de actuacións do Concello; e

c.3) elaborando propostas para implementar proxectos e programas públicos, novos servizos, etc.

d) Recabar información do Concello, previa petición razoada, dos temas de interese para a Asamblea.

# Artigo 33. Funcionamento das asambleas de barrio

1. As Asambleas de Barrio cumprirán as seguintes normas xerais de funcionamento:

a) Reuniranse, como mínimo, 2 veces ao ano.

b) A Presidencia e Vicepresidencia, conxuntamente, prepararán a convocatoria e a orde do día.

c) Publicitaranse as datas das reunións da Asamblea co fin de que a cidadanía poida presentar solicitudes e propostas. Para esta publicitación empregaranse taboleiros de anuncios municipais, a páxina web do Concello.

d) Remitirán acta de todas as reunións ás persoas que teñan participado nas mesmas, a todas as entidades presentes no ámbito territorial da Asamblea, previa recollida dos datos de localización nunha ficha ao efecto, e ás presidencias de todas as comunidades de veciños/as do seu territorio. A acta deberá ser enviada no prazo máximo de 1 mes dende a celebración da reunión.

e) O Concello deberá informar a cada Asamblea de Barrio das actuacións relevantes que pretenda acometer no seu ámbito territorial.

f) As valoracións e propostas das Asambleas de Barrio serán comunicadas á correspondente Comisión Informativa para a súa posterior inclusión na orde do día do Pleno, se fose procedente.

2. Unha vez celebrada a primeira reunión dunha Asamblea de Barrio, ésta elaborará o seu propio Regulamento Interno de Funcionamento, decidido democraticamente entre os membros da mesma.

3. As Asambleas de Barrio poderán realizar reunións conxuntas de carácter informativo para tratar aqueles temas que, pola súa trascendencia, afecten a diferentes ámbitos territoriais.

4. O Concello porá a disposición das Asambleas de Barrio os seus medios de comunicación, e en particular a súa páxina web, para favorecer a máxima difusión da súa actividade.


# CAPÍTULO III. FOROS CÍVICOS

# Artigo 34. Definición de foros cívicos

1. Os Foros Cívicos son órganos de reflexión e debate, de formulación de propostas e de control da execución das mesmas cando fosen aprobadas polo Concello.
2. Os Foros Cívicos permiten a participación cidadá en cuestións que afectan a máis dunha área ou sector de actividade municipal. Son, por tanto, órganos de carácter transversal ou interdepartamental.

# Artigo 35. Composición dos foros cívicos

1. Constituirán os Foros Cívicos:

a) Coordinación: Representante da Concellería delegada de Participación Cidadá.

b) Cidadáns e cidadás a título individual que manifiesten interese na materia do Foro e sexan maiores de 16 anos, agás posibles Foros infantís, que se rexirán por unha normativa específica.

c) Representantes de entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás relacionadas co ámbito do foro ou interesadas nel.

d) Representantes de Consellos Sectoriais e Asambleas de Barrio.

e) Obrigatoriamente, representantes das Concellerías con competencias en relación co tema a debatir no Foro. Estes representantes terán voz e non terán voto; a súa función será informativa e explicativa.

f) Con rango de observadores/as, outros Concelleiros/as e técnicos/as municipais, así como profesionais ou persoas con especial coñecemento dos temas a tratar, para informar de aspectos que lles sexan consultados polo Foro.

2. Designarase unha axuda técnica que asuma as funcións de secretaría e moderación do Foro, participando nas sesiones con voz e sen voto.

# Artigo 36. Competencia dos foros cívicos

Será competencia dos Foros Cívicos:

a) Canalizar a participación directa na xestión municipal dos asuntos que afecten a máis dunha área orgánica de actividade municipal, das persoas e das entidades afectadas ou interesadas, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

b) Promover a colaboración entre as persoas e entidades vinculadas á temática que se aborda no Foro.

c) Participar na toma de decisións sobre as medidas a adoptar polo Concello na temática do Foro:

c.1) escoitando e debatindo as demandas cidadás;

c.2) elaborando propostas en forma de dictames e informes.

d) Controlar a execución, por parte do Concello, das actuacións que tivese aprobado a partir dos informes emitidos polo Foro.

# Artigo 37. Funcionamento dos foros cívicos

Os Foros Cívicos cumprirán as seguintes normas xerais de funcionamento:

a) Funcionarán en Pleno e en comisións de traballo.

b) Terán continuidade no tempo a través da Comisión de Control do Regulamento, que realizará as funcións de seguimento das decisións adoptadas.


CAPÍTULO IV. CONSELLO DA VECIÑANZA

# Artigo 38. Definición do Consello da Veciñanza

1. O Consello da Veciñanza é un órgano de encontro e coordinación do resto de órganos de participación cidadá do municipio.
2. A súa constitución será aprobada polo Pleno do Concello.

# Artigo 39. Composición do Consello da Veciñanza

1. Constituirán o Consello da Veciñanza:
1. Presidencia: Alcalde/sa.
2. Vicepresidencia: Concelleiro/a delegado/a de Participación Cidadá.
3. Un representante por cada grupo político membro da Corporación Municipal.
4. Dous representantes de cada Asamblea de Barrio.
5. Un representante de cada Consello Sectorial.
6. Un representante de cada Comisión Permanente dos Foros Cívicos que estean en funcionamento.
7. Secretaría: un/unha traballador/a municipal, sen voz e sen voto.
2. Poderán asistir, con voz mas sen voto, todas aquelas entidades e cidadáns/dás maiores de 16 anos que o desexen.

# Artigo 40. Competencia do Consello da Veciñanza

Será competencia do Consello da Veciñanza:

1. Intercambiar información sobre o funcionamento dos Consellos Sectoriais, as Asambleas de Barrio e os Foros Cívicos.
2. Elaborar propostas de coordinación entre os órganos de participación cidadá.
3. Presentar suxestións ao Concello para a mellora dos mecanismos de participación cidadá e para a aplicación de políticas e actuacións municipais integrais.
4. Promover a colaboración entre as entidades cidadás do municipio.
5. Elixir a Comisión de Control Cidadá do Regulamento, regulada no Capítulo V do presente Título do Regulamento.

# Artigo 41. Funcionamento do Consello da Veciñanza

1. O Consello da Veciñanza cumprirá as seguintes normas xerais de funcionamento:

a) Reunirase unha vez ao ano.

b) Remitirá actas das súas reunións a todas as entidades do municipio, e publicará un resumo das mesmas nos medios de comunicación locais.

c) Funcionará en Pleno e poderá funcionar en comisións.

2. Unha vez constituido o Consello da Veciñanza, elaborará o seu propio Regulamento Interno de Funcionamento.


CAPÍTULO V. COMISIÓN DE CONTROL CIDADÁ DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN

Artigo 42. Constitución e funcións da Comisión de control cidadá do Regulamento

1. A Comisión de Control Cidadá do Regulamento de Participación Cidadá é un órgano de control da implementación e funcionamento dos mecanismos de participación cidadá establecidos no presente Regulamento.

2. A Comisión de Control será elixida por consenso polo Consello da Veciñanza de entre todas as persoas participantes nos diferentes órganos de participación cidadá.

3. Deberá establecerse un Regulamento Interno de Funcionamento da Comisión de Control.


TÍTULO IV. MECANISMOS DE APOIO E PROMOCIÓN DO TECIDO ASOCIATIVO


CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 43. Tipos de apoio ás entidades cidadás

1. Os dereitos e accións recoñecidos aos veciños e veciñas de Ferrol neste Regulamento tamén poderán ser exercidos polas entidades cidadás a través dos/das seus/súas representantes.

2. O Concello fomentará e apoiará o crecemento do tecido asociativo, para o cal utilizará diversos medios técnicos e económicos; como subvencións, convenios e axuda profesional.

3. O Concello, recoñecendo o importante papel que teñen desempeñado e desempeñan as entidades cidadás no municipio como dinamizadoras sociais, a través das experiencias de autoxestión asociativa, promoverá e fomentará as boas prácticas de autoxestión de espazos públicos por parte da sociedade civil.


CAPÍTULO II. REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES CIDADÁS

Artigo 44. Rexistro Municipal de Entidades Cidadás como fonte de dereitos

As entidades cidadás, para poder exercer os dereitos contidos nesta norma, deberán ser previamente inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e ter actualizados anualmente os seus datos no citado rexistro.

Artigo 45. Obxectivos do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

O Rexistro Municipal de Entidades Cidadás ten 2 obxectivos fundamentais, no marco dunha correcta política municipal de fomento do asociacionismo e a participación cidadá:

a) Recoñecer ás entidades inscritas e garantirlles o exercicio dos dereitos recoñecidos neste Regulamento e na lexislación vixente.

b) Permitir ao Concello coñecer en todo momento os datos máis importantes, de maneira actualizada, do tecido asociativo do municipio, o seu cometido, actividade e cobertura.

Artigo 46. Características para a inscrición no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

Poden inscribirse no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás as entidades que cumpran os seguintes requisitos:

a) Carecer de ánimo de lucro.

b) Estar legalmente constituídas.

c) Ter o seu enderezo social ou unha oficina delegada en Ferrol.

d) Ter un dos seguintes obxectivos:

* A defensa, o fomento ou a mellora dos intereses xerais ou sectoriais da cidadanía de Ferrol.
* A defensa, o fomento ou a mellora da situación da cidadanía dos países en vías de desenvolvemento, sempre e cando realicen algunha actividade no territorio municipal de Ferrol.

Artigo 47. Documentación a presentar no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

As entidades que desexen inscribirse no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás deberán presentar:
1. Instancia dirixida ao/á Concelleiro/a delegado/a de Participación Cidadá, solicitando a inscrición no citado Rexistro.
2. Acta Fundacional asinada por todas as persoas fundadoras en todas as súas páxinas.
3. Copia dos Estatutos vixentes.
4. Número de inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, Deputación Provincial da Coruña ou no rexistro competente.
5. Acta ou certificación da última asamblea xeral, ou órgano equivalente, na que fose elixida a xunta directiva vixente no día da inscrición.
6. Enderezo social ou da oficina delegada no término municipal de Ferrol, así como teléfono/s de contacto, enderezo electrónico de contacto e páxina web se estivese operativa.
7. Código de Identificación Fiscal.
8. Certificación do/da secretario/a da entidade do número de persoas socias, desagregado por sexo, inscritas no momento da solicitude.
9. Informe anual das súas actividades ou memoria de xestión do traballo desenvolto, detallando accións, calendario destas accións, obxectivos, resultados agardados e orzamento.
10. l) Orzamento anual da entidade.
11. m) Autorización para a incorporación dos datos da entidade en directorio (publicación de catálogos, listados na páxina web municipal, etc.)

Artigo 48. Formalización e notificación da inscrición no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

No termo de 1 mes dende a solicitude de inscrición, agás que ésta se tivese que interrumpir pola necesidade de subsanar deficiencias na documentación, o/a Concelleiro/a delegado de Participación Cidadá, decretará a inscrición da entidade no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e notificaráselle esta resolución, co número de inscrición asignado. A partir deste momento considerarase de alta a todos os efectos.

Artigo 49. Obrigas das entidades inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

1. As entidades inscritas están obrigadas a notificar ao Concello calquera modificación dos datos incluídos na documentación que teña servido de base para a inscrición, dentro do mes seguinte ao da data na que se producira a modificación.
2. As entidades inscritas están obrigadas a presentar anualmente ao Concello, antes do último día do mes de xaneiro, unha relación das actividades realizadas no ano anterior, así como o número de persoas asociadas a 31 de decembro e unha memoria-proxecto de actividades para o ano en curso; coa finalidade de que o Rexistro se manteña actualizado.
3. O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar a que o Concello suspenda a inscrición da entidade no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás coa conseguinte perda de dereitos recollidos nesta norma. A suspensión manterase vixente mentres non se cumpran as obrigas mencionadas nos apartados 1 e 2. Non obstante, no caso de non ter actualizados durante 2 anos consecutivos os datos aos que fai referencia o apartado 2 deste artigo, a entidade causará baixa de oficio no Rexistro; a baixa será efectiva a partir do 28 de febreiro do segundo ano consecutivo no que non se obtén información actualizada.

Artigo 50. Funcionamento interno do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás

1. O Rexistro Municipal de Entidades Cidadás dependerá da Concellería delegada de Participación Cidadá e os seus datos serán públicos, coas restricións que prevea a normativa vixente en cada momento; podendo realizar publicacións do directorio para unha maior divulgación e coñecemento social do tecido asociativo.
2. Elaborarase un ficheiro de entidades cidadás que se actualizará conforme aos cambios que se produzan e que incluirá —de cada unha delas— os datos que consten no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás e as subvencións municipais concedidas. Este ficheiro estará accesible dende a web municipal.
3. As certificacións expedidas sobre os datos rexistrais só acreditarán a condición de entidade inscrita no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás, podendo realizar este trámite dende a carpeta cidadá na páxina web municipal no momento de estar operativa esta ferramenta. Neste sentido, as entidades poderán acceder ao Rexistro Municipal de Entidades Cidadás a través dun servizo telemático que se poñerá en marcha para a consulta do estado da documentación e de trámites ligados ás asociacións.


CAPÍTULO III. DECLARACIÓN DE INTERESE PÚBLICO MUNICIPAL

Artigo 51. Requisitos para obter a Declaración de interese público municipal

1. As entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás poderán ser declaradas “Entidades de Interese Público Municipal” cando cumpran os seguintes requisitos:
1. levar 3 anos inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás;
2. ter mantido durante os 3 últimos anos algún servizo ou actividade de carácter permanente dirixida a veciños /as do municipio que non sexan membros da entidade.
3. cumprir un labor sociosanitario, de dinamización cultural, de activación da participación cidadá, etc.
2. As entidades cidadás declaradas de interese público municipal gozarán de dereitos de discriminación positiva á hora de acceder a convenios de colaboración e na baremación en subvencións.
3. Promoverase dende o Concello o desenvolvemento de actividades conxuntas en colaboración con outras entidades sociais.

Artigo 52. Documentación para solicitar a Declaración de interese público municipal

As entidades cidadás que desexen solicitar a Declaración de Interese Público Municipal deberán presentar a seguinte documentación:

a) Instancia dirixida ao/á Concelleiro/a delegado/a de Participación Cidadá, solicitando a Declaración.

b) Copia da Acta da Asamblea na que se acordou a solicitude da Declaración.

c) Memoria das actividades ou servizos que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 51 deste Regulamento.


CAPÍTULO IV. SUBVENCIÓNS E CONVENIOS DE COLABORACIÓN

Artigo 53. Mecanismos de financiamento ás entidades cidadás

1. Concello de Ferrol, co fin de apoiar o crecemento e fornecer o tecido asociativo, incluirá no seu orzamento anual unha dotación económica para subvencionar a realización de proxectos ou actividades de interese para o municipio manifestado por parte das entidades cidadás.
2. Concello realizará unha convocatoria anual para a concesión destas subvencións, que deberá incluir os criterios para concedelas e para determinar a súa contía. Estes criterios serán perfilados técnicamente dende cada Concellería para a aprobación dunhas bases comúns para todas as entidades cidadás, nas que se definirán liñas de financiamento por áreas temáticas. Os criterios para a baremación poderán ser debatidos mediante técnicas e procesos participativos, valorándose, entre outras, o labor dinamizador e o interese social para a comunidade ferrolá.
3. Concello de Ferrol, no ámbito das súas competencias, poderá establecer coas entidades cidadás inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás, convenios de colaboración en programas de interese social.
4. Nesta materia, estarase ao disposto na na Lei 38/2003 xeral de subvencións, na Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e nas ordenanzas municipais de subvencións.


CAPÍTULO V. COLECTIVOS, PLATAFORMAS E COORDINADORAS CIDADÁS

Artigo 54. Plataformas e coordinadoras cidadás

1. O Concello de Ferrol recoñece a importante contribución das novas formas de organización social, a través de plataformas e colectivos cidadás, non inscritos no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás. Polo cal, habilitaranse na Concellería delegada de Participación Cidadá os medios necesarios para a difusión do seu labor de cara á defensa dos dereitos da cidadanía e do interese xeral.
2. A efectos informativos, comunicacionais e de difusión das súas actividades, desfrutarán da misma condición que as entidades debidamente rexistradas.


CAPÍTULO VI. SERVIZOS DE APOIO E ASESORAMENTO

Artigo 55. Servizos de asesoramento e formación

O Concello de Ferrol proporcionará os seguintes servizos ás entidades inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás; aos colectivos, plataformas e coordinadoras cidadás:

a) Asesoría para asociacións e entidades sociais.

b) Formación para asociacións e entidades sociais.

d) Fondo documental sobre Participación Cidadá, xestión asociativa e metodoloxía participativa.

e) Mediación veciñal.


CAPÍTULO VII. SENSIBILIZACIÓN SOCIAL

Artigo 56. Campañas de sensibilización dos valores democráticos

O Concello promoverá e realizará campañas informativas para o desenvolvemento dos valores solidarios, democráticos e de participación na vida pública. Estas campañas irán dirixidas ao conxunto da cidadanía de Ferrol e, en especial, á infancia e adolescencia e á poboación migrante; empregando os diferentes foros de debate regulados nesta norma para a súa difusión e o seu deseño.

Artigo 57. Incorporación de contidos relativos á participación cidadá nas actividades formativas

O Concello promoverá e realizará cursos de formación, xornadas e seminarios, que potencien:

8. O coñecemento do funcionamiento da institución municipal, da lexislación, regulamentación e normativa que rexe para a administración local.
9. A Participación Cidadá e a democracia participativa.
10. A xestión, dinamización e fornecemento do tecido asociativo.
11. O interese da cidadanía non asociada pola participación na vida pública do municipio, a través do financiamento de actividades que inclúan contidos transversais de activación da participación e na organización por parte do Concello destas actividades.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Disposición Transitoria Primeira

As asambleas de barrio serán delimitadas e reguladas por unha normativa específica, unha vez consultada á cidadanía mediante enquisas cidadás e contrastada esta información mediante grupos de debate abertos á veciñana.
Disposición Transitoria Segunda

1. Ate a constitución do Consello da Veciñanza e a posterior elección polo mesmo da Comisión de Control do Regulamento de Participación, existirá unha Comisión de Control Provisional que será elixida de entre as persoas participantes no proceso de debate cidadá para a elaboración participada deste Regulamento (Grupos de Traballo e Proposta, Comisión Política de Seguimento e Foros Cívicos).
2. A proposta para a constitución da Comisión de Control Provisional será formulada na última xuntanza de traballo do Grupo de Análise e Proposta conformado para o proceso participativo de reforma do presente Regulamento.
3. proceso electoral para elixir a Comisión de Control Provisional deberá porse en marcha simultáneamente á entreda en vigor do presente Regulamento.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Disposición Adicional Primeira

Naquelas cuestións non previstas neste Regulamento, estarase ao disposto nas seguintes normas comúns da administración local e específicas da participación cidadá:

Normativa común:

* Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local.
* Lei 5/1997 de administración local de Galicia.
* Real Decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
* Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Normativa específica:

* Lei Orgánica 4/2001 Reguladora do Dereito de Petición.
* Lei Orgánica 1/2002, Reguladora do Dereito de Asociación.
* Lei 38/2003 Xeral de Subvencións.
* Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia.


Disposición Adicional Segunda

O Concello dará a máxima difusión ao contido do presente Regulamento utilizando para iso campañas específicas (edición de folletos en papel e electrónico) e en todos os medios de comunicación local.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Disposición Derrogatoria Única

Dende a data de entrada en vigor do presente Regulamento quedan derrogadas todas as disposicións contidas en Ordenanzas e Regulamentos Municipais que se opoñan ao disposto no mesmo; en particular, queda derrogado o Regulamento de Participación Cidadá aprobado no 1998.

DISPOSICIÓN FINAL

Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e teña transcurrido o prazo do artigo 70.2 na súa relación co artigo 65.2 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local.

_____________________________

Modificacións incorporadas ao último borrador do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol -18.12.2008-

Estimada/o veciña/o:

Dende a Concellería delegada de Participación Cidadá faise entrega do último borrador do Regulamento de Participación Cidadá, unha vez revisado polo Secretario Xeral os días 17 e 18 de decembro e que incorpora unha serie de modificacións en relación á versión anterior de 28.10.2008 (Ver Anexo I). Esta versión (18.12.2008) será a que se eleve á Comisión Informativa, para a emisión de informe xurídico e tramitación ante o Pleno Municipal para a súa aprobación inicial.

Sen máis, e agradecendo a súa colaboración neste proceso participativo que agora comeza unha nova fase, reciba unha cordial aperta.

Ferrol, 9 de xaneiro de 2009.

O Concelleiro delegado de Participación Cidadá

ANEXO I

MODIFICACIÓNS INCORPORADAS NO TEXTO BORRADOR DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CON DATA DO 18.12.2008

Título I
  • Artigo 2. Suprímese o último punto (facer cumprir a ordenanza municipal de normalización lingüística); por considerar improcedente esta declaración de intencións entre normas de igual rango.
  • Artigo 5.c. Engádese “...e das comisións informativas cando actúen por delegación”
  • Artigo 9.a. Modifícase a redacción final do seguinte modo: “así como as sesións da xunta de goberno, cando figuren nelas asuntos relacionados co ámbito, sector ou obxectivo social da entidade cidadá”.
  • Artigo 9.b. Suprímese, por considerar que é inviable e que está recollido o dereito de incoporación de proposións no Pleno no Capítulo VII e valorar a imposibilidade da remisión das ordes do día de todos os órganos con tempo suficiente ás asociacións.
  • Artigo 10. Engádese “según o procedemento que se recolle nos seguintes artigos”
  • Artigo 15.4. A elección do defensor/a da cidadanía realizarase por maioría. Suprímese a obrigatoriedade da maioría absoluta e o procedemento das 3 votacións por considerar excesivos os requerimentos de consenso no sistema de votación desta figura.
  • Artigo 21. Modifícase a denominación do artigo “definición do dereito ás intervencións no Pleno” por “Dereito ás intervencións no Pleno”
  • Artigo 22.4. Suprímese o texto “coñecido pola xunta de goberno local”, xa que non é procedente neste punto e redáctase o uso do tempo das intervencións do seguinte modo “que oscilará aproximadamente entre 5 e 10 minutos” (en lugar que establecer só un mínimo obrigado de tempo en 5 minutos)
  • Artigo 22.5.Modifícase a expresión “deberán ser incluídas na orde do día” por “ser atendidas na sesión plenaria correspondente”

Título III
  • Artigo 27.1.b. Suprímese, xa que se considera que a representación cidadá e veciñal está recollida de forma aberta no propio artigo nos seguintes puntos e estimando que a presidencia dos Consellos Sectoriais non pode –por normativa estatal- ser delegada noutra figura que non sexa a de concelleiro/a da corporación.
  • Artigo 27.1.c. Modifícase o concepto “partido político” por “grupo político”, xa que nas corporación local teñen representación as Agrupacións Electorais Independentes (IF).
  • Artigo 27.1.e. detállase o proceso de elección da cidadanía individual, a proposta dos grupos municipais ou tecido asociativo e aprobado o nomeamento polo Pleno.
  • Artigo 27.2. O Regulamento interno de cada consello sectorial poderá ser aprobado por outras maiorías, sen necesidade de ser votado por unanimidade (dependendo este criterio das sesións plenarias de cada consello sectorial, que terán que establecer as regras de xogo de cada órgano, podendo establecer este nivel de acordo)
  • Artigo 29.1.d. Engádese “se fose procedente”
  • Artigo 29.2. Engádese a aclaración comisión “informativa correspondente”.
  • Artigo 31.1.a. Engádese “ou concellería en quen delegue”
  • Artigo 31.1.e. A secretaría das asambleas de barrio pode recaer nunha “persoa socia dunha entidade inscrita no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás”
  • Artigo 33.1.a. Redúcese a periodicidade das asambleas de barrio a 2 anuais como mínimo, por considerar unha asamblea trimestral (4 anuais) excesivo como obrigatoridade mínima a cumprir.
  • Artigo 33.1.f. Engádese “se fose procedente”
  • Artigo 37. Suprímese a figura da comisión permanente de control dos foros cívicos por considerar excesiva esta regulamentacion (creando un novo órgano para o seguimento dos foros) e valorando a posibilidade de realizar este seguimento a propia Comisión de Control do Regulamento. O apartado b) queda redactado do seguinte modo: “Terán continuidade no tempo a través da Comisión de Control do Regulamento, que realizará as funcións de seguimento das decisións adoptadas” Co cal suprímense os apartados 37.c e 37.d.

Título IV
  • Artigo 46. Suprímese o último parágrafo de inclusión das asociacións en proceso de constitución no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás (RMEC) pola súa inviablidade: para incorporarse no rexistro municipal deberán estar dadas de alta no rexistro xeral (administración autonómica e/ou provincial)
  • Artigo 50. 2. As actualizacións do Rexistro Municipal de Entidades Cidadás serán incorporadas no programa informático cando sexan comunicadas polas entidades; co cal o ficheiro non pode ter unha elaboración anual, senón que é un documento vivo, con modificacións constantes. Estes datos non poden ser remitidos ás asociacións como programa informático, si a través de publicacións, guías de recursos e a través da páxina web.
  • Artigo 50.3. As certificacións relativas aos datos rexistrais do RMEC poderán ser emitidas electronicamente cando se habiliten os medios ao efecto, co cal se rectifica a redacción do apartado para clarificar a dispoñibilidade desta ferramenta ou Carpeta cidadá, relacionada tamén no artigo 8.
  • Artigo 51.1.c. Engádense outros criterios como o de “dinamización cultural” e se abre á expresión “etcétera.”
  • Artigo 53.2. Os criterios de baremación poderán ser debatidos mediante procesos participativos creados expresamente para este obxectivo, non condicionados aos órganos existentes de participación cidadá no momento de iniciar o proceso de elaboración de bases reguladoras e ordenanzas municipais de subvencións. A redacción anterior obrigaría a debatir estes criterios nos consellos sectoriais; coa nova redacción pódese realizar dende calquera órgano (creado ou por crear), sempre que se realice con métodos participativos.
  • Artigo 53.3. Suprímese este artigo ante a inviabilidade de realizar unha centralización (da xestión económica) na concellería de participación cidadá dado o sistema de contabilidade municipal, que establece un procedemento de cómputo das partidas orzamentarias xestionado dende cada negociado e departamento e centralizado na Oficina Presupostaria. Isto non inhabilita a concellería de participación a coordinar os procesos participativos ou á aprobación dunha convocatoria única (que será traballada a nivel técnico e administrativo dende cada departamento).
  • Artigo 53.5. Suprímese a referencia á lei de contratos, por non afectar a súa materia a este regulamento (tan só a lei de subvencións para as relacións de colaboración coas entidades cidadás).

Disposicións
  • Disposición Transitoria Segunda. Apartado 3. A Comisión de Control do Regulamento poñerase en marcha coa entrada en vigor do regulamento, non coa difusión do regulamento.
  • Disposición Adicional Primeira. Suprímese a referencia á lei de contratos.
  • Engádese a Disposición Final de entrada en vigor do regulamento, conforme á lei 7/1985.

Aspectos comúns en todo o documento:
  • Modificase en todo o texto o termo “concellería de participación cidadá” por “concellería delegada de participación cidadá” ou “concellería competente en materia de participación cidadá”; o mesmo para os cargos de “concelleiro/a”.
  • En relación á idade relativa á participación cidadá en órganos de debate e como suxeito de dereito, establecida neste texto para as persoas maiores de 16 anos, estímase que a normativa estatal permite o exercicio deste dereito como veciño/a na súa relación coa administración local; existindo diversas experiencias no Estado na que se regula –no mesmo tipo de documentos normativos- e en procesos de orzamentos participativos. Así mesmo, están operativos outro tipo de órganos nos que ten cabida a participación da poboación infanto-xuvenil.
____________________