20080602

Loita cidadá e social na defensa do Courel

Verdegaia, Arredemo, Ecotono, Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa o 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, 0 30 de outubro de 2007, recorremos tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en "La caixa", que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:

Verdegaia
http://www.verdegaia.org/content/view...

Arredemo
http://www.arredemo.info/arredrupal/n...

Ecotono
http://ecotono.net/modules.php?op=mod...

Adega
http://www.adega.info/index.php?optio...

Amigos da Terra
http://www.amigosdaterra.net/index.ph...

Federación Ecoloxista Galega
http://federacionecoloxista.blogsome....

Sociedade Galeaga de Historia Natural
http://sghnferrol.blogspot.com/2007/0...

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar SOS Courel, 11 de outubro de 2007

Enlaces con fotos do desastre:

http://fotossoscourel.blogspot.com/

http://soscourelsos.blogspot.com/

_________________

Nenhum comentário: