20080604

A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga": Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 18:55

Asunto: Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo


Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", expresamos a nosa solidariedade e total apoio o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e particularmente para os compañeiros e compañeiras que en Defensa da Vida, da Ría e do Marisqueo se atopan pechados/as no Concello de Ferrol, como antes fixeron durante 103 días o veciños e veciñas de Meá no Concello de Mugardos, para demandar o desmantelamento da instalación, ilegal e perigosa, do Grupo Reganosa participado pola Xunta de Galicia.

Rexeitamos o proxecto de dinamitar a canle de entrada da Ría con diñeiro público para favorecer unha empresa privada, baixo o pretexto de que vai haber maior seguridade, cando se sabe que aínda así os gaseros non poderán cumpri-la normativa de cabotaxe da Ría de Ferrol en caso de emerxencia, e que vai acabar co importante banco marisqueiro de San Felipe e que mesmo pode afectar ós castelos da entrada da Ría que se quere sexan Patrimonio da Humanidade.

Rexeitamos tamén o Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico e pedimos que sexa desmantelado cando remate a súa concesión no ano 2017, un ano antes que a Papeleira Ence instalada na Ría de Pontevedra e que tamén se quere traer á Ría de Ferrol o que é , o igual que Reganosa, absolutamente inaceptable.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía a que participen na manifestación convocada para o domingo día 8 de Xuño as 12 do mediodía, polo Comité Cidadán de Emerxencia no Porto de Ferrol.

Pola defensa da vida, da Ría e do patrimonio! ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Ferrol a 3 de xuño de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo/ X. Miguel López, presidente
____________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

Nenhum comentário: