20080610

Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá: Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Mércores 28 de maio de 2008, no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, de 20:00 a 22:00 horas.

O mércores 28 de maio, reuníronse no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, algo máis de 60 persoas que traballarían entre as 20:00 e as 22:00 horas na definición das principais problemáticas que ten que confrontar o movemento asociativo ferrolá, e a cidadanía en xeral, de cara a unha estratexia de fomento da participación cidadá sobre a que desenvolver o Regulamento.

A reunión iniciouse cunha presentación dos obxectivos que persigue o proceso participativo de reforma do Regulamento por parte do Concelleiro de Participación Cidadá, Javier Galán Pérez. De seguido, a equipa técnica responsable do Plan de Participación da Axenda 21 Local, presentou a grandes trazos os espacios de participación e a dinámica de traballo que ía seguirse neste proceso de participación de reforma do Regulamento:

a) os obxectivos da participación dentro do proceso de reforma: a constitución de espazos de traballo desde o ámbito político e social.

b) identificación das problemáticas principais que existen hoxe de cara un fomento da participación cidadá e que convén ter en conta no proceso de elaboración do Regulamento.

De cara a identificación destas cuestións as persoas participantes estiveron traballando en grupo (conformáronse, aleatoriamente, un total de tres grupos de traballo, identificados segundo a cor das carpetas que se entregaron ao inicio da reunión) durante 45 minutos. Unha vez consensuadas as principais opinións, expuxéronse en plenario o traballo dos grupos.

Grupo 1 vermello:

* Destaca a falta de implicación das administracións no fomento das políticas participativas. A falta de apoio das Institucións, trasládase á carencia de medios, a non fomentar o sector asociativo e ao escaso recoñecemento que as asociacións como interlocutoras coa Administración Local.

* Respecto á situación do movemento asociativo, compréndese a necesidade de superar a fragmentación que caracteriza ao tecido asociativo...e ter una participación responsable. Fálase, neste sentido, de participación “proactiva” e de ter capacidade de interlocución, “ter forza suficiente para influír”. Ponse o acento na vertebración das asociacións e en gañar capacidade de interlocución, asumindo responsabilidade na promoción deste tipo de iniciativas de “democracia participativa”.

* Destacase a convocatoria da xuntanza e o inicio do proceso polo que pon o acento nunha mellora do diálogo entidades-Concello e dos seus resultados.

* Moitas das entidades asociativas tampouco destacan por ser moi participativas (desde a base ou desde as Xuntas Directivas), destacando que é moi frecuente unha toma unipersoal de decisión. Ainda así valórase a actividade do tecido asociativo de Ferrol , destacando o nivel de resposta á convocatoria que axuda a que as entidades se coñezan, propiciando unha mellor cooperación e o diálogo entre as mesmas: (...) o importante é coñecernos nós a nós memos (as asociacións)”, e identificar intereses comúns e “puntos de unión”...mesmo proponse o interese de “facer unha guia sobre todas as asociacións”, que exprese o que fan, etc.

* A continuidade e sostenibilidade deste proceso vai depender en gran medida do movemento asociativo e da constancia no traballo e seguimento ao proceso.


Grupo 2 azul:

* Valórase positivamente a convocatoria da xuntanza e o traballo desenvolto en cada un dos grupos.

* O descoñecemento que existe entre as entidades faise patente neste tipo de encontros, ao tempo que sirve para identificar colectivos e asociacións, xerar debate e comezar a tecer redes de traballo.

* Considérase a necesidade de ter en conta as decisións que se tomen desde os espazos participativos que se queren xerar (a través do Regulamento) como os xa existentes (Consellos Sectoriais, por exemplo), polo que cómpre sexan vinculantes e non consultivas.

* No que respecta á ordenación dos datos e actividades das asociacións (a través do Rexistro) cómpre se poida visualizar os datos referidos ás subvencións e axudas que reciben, procurando a máxima transparencia do proceso.

* Ao tempo, e en relación aos novos mecanismo administrativos que cómpre desenvolver de cara un mellor funcionamento do concello, e de mellora dos fluxos de comunicación e información que se inicien, proponse o deseño de protocolos administrativos. Ao tempo, e na liña de dotar ao concello de mecanismos de mellora e modernización administrativa, recoméndase a posibilidade de descentralizar o rexistro do concello ou de artellar recursos específicos de información cidadá (teléfono da cidadanía).

* Ampliar e propiciar a participación ao sectores sociais excluídos ou que menos participan.

* No que se refire ao movemento veciñal, identificouse como febleza a posible desmobilización e desmotivación do colectivo. Ligado a isto considérase preciso que as asociacións non se movan polos seus intereses políticos e que aposte por un traballo en común.


Grupo 3 amarelo:

* Valórase positivamente o proceso iniciado, ainda que se cuestiona a pertinencia de abrir o Regulamento a un documento máis ambicioso que o está en vigor, cando este non se pon en marcha. A proposta de documento coa que se vai traballar da a sensación de promover máis espazos burocráticos e pouco dinámicos.

* Respecto da vontade política que debe estar presente no proceso, enténdese que é central recoller unha postura conxunta da institución cara este proceso por canto do seu compromiso, o Regulamento terá posibilidade de aplicarse ou non.

* Igual que noutro dos grupo, identifícanse carencias no funcionamento da Administración aos que dar saída de cara unha mellor efectividade da participación e da información dirixida á cidadanía. Neste sentido faise preciso mellorar os mecanismos de comunicación e dar a coñecer como funciona a institución por dentro: procesos, tempos e responsabilidades no que atinxe aos procedementos administrativos, etc.

* No referido á situación da participación, e as inercias instaladas nas propias entidades, como na cidadanía en xeral, identifícanse as seguintes eivas:a falta de hábitos por establecer estratexias colaborativas entre as entidades, mesmo a competitividade que se pode dar entre os barrios (cando menos pode chegar a transmitirse esa imaxe), a necesidade de motivar á cidadanía a participar nas asociacións o naquelas iniciativas que se inicien, o descoñecemento para animar á xente a participar, tamén de mellora da imaxe que se traslada á xente do que son as asociacións. Ligado a este punto identifícase outra carencia, a necesidade de aproveitar o entramado que existe no concello, abrindo a colaboración, participación e coñecemento a outro tipo de colectivos que traballan no ámbito do Tercer Sector (cooperativas, ONGDS, etc).

Finalmente, á saída, cada participante cubriu unha ficha onde recoller os seus datos e, no seu caso, da entidade á que representan. Nesa ficha facían constar a súa disponibilidade por formar parte do grupo de traballo para a reforma do Regulamento

Próxima reunión da Grupo de Traballo

A próxima reunión está prevista para o xoves 12 de xuño con horario de 20:00 a 22:00 horas. A carta de convocatoria será enviada a todas as persoas interesadas, comunicándoselles o lugar de reunión, ainda por determinar.
_____________

Enlaces Relacionados:

___________________

Proceso participativo Regulamento de Participación Cidadá: Listado de persoas e entidades participantes que cubriron a ficha


Nome e Apelidos
Colectivo

Jose Ramón Jove Vidal
Sartaña

Juan Fernández Sixto
Artabra 21

Jose Manuel Varela Muiño
DYA Dentente Y Ayuda

Jose Martín Rodríguez
Fuco Buxán

Berta María Barbeito Cernadas
DYA

Serxio Perille Seoane
ADEGA Trasancos

Mercedes Inglés González
ASFEDRO

Pilar Rodríguez Venancio
AVV Caranza

Carlos Carballeira Pereiro
Fundación ADRA

Jesús Cereijo López
AVV Covas

José Fontao Pita
AVV Santa Mariña

Xosé Xesús Oca Ben
ADEGA Trasancos

José Ruzo López
Ex-alcoholicos Ferrolterra

Fátima Ferreira Golpe
AVV Valle de Esmelle

Yolanda Semsino Canosa


Maria Dorado Martínez
Grupo Minusválidos Ferrolterra

Maria Carmen Bayolo
Mulleres Santa Mariña

María García Abelenda
Persoas Xordas Ferrol

Bernardo Rego Garate
A Cultural López Bouza

José Espiñeira Rivas
AVV Serantes

Angela Sixto Filgueira
Fundación ADRA

Magdalena González Grandel
Asociación Prioriño

José Martínez Vargas
AVV San Antonio da Cabana

Jose Lage Bañobre
AVV O Cruceiro Santa Cecilia

Vitoria Fernández López
AVV Xunta Veciñal Doniños

Alberto Saavedra Fernández
AVV Ferrol Vello

Begoña Díaz Alonso
AVV Santa Uxía Mandía

Consuelo Romero Méndez
Mulleres Rurais de Doniños

Jesús Lata Fernández
AVV Rosalía de Castro A Graña

Jose Manuel Cereijo López
AVV Santa Comba de Covas

Xosé Miguel López Pérez
AVV Fontelonga

Salustiano Gómez Rodríguez
AVV o Cruceiro O Valón

Xosé Ramón Fernández Lamas
ASPANEPS

María Teresa Rúa
Cooperativa A Xoaniña

Juan Manuel Cainzos Mora
Asociación Ex-alcoholicos

Ana Beceiro Mosquera
AVV San Pablo Catabois

Arcadio Ares Arias
AVV Ultramar

Carlos Aneiros Rico
AVV Fontelonga

Azucena Muiños Cela
AVV Rosalía de Castro

Fernando Mera Grandal
Asociación Asturiana de Ferrolterra

José Polo Veiga
AVV O Lago

Manuela Castro Cebreiro
Sociedade Artística Ferrolana

Luis Taboada González
AVV Centro Ferrol

Cesar Manso
Roi Xordo
_____________

20080606

Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de junho de 2008 18:39
Asunto:Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño


Resumo da Rolda de Prensa de hoxe e Cambio data Concentración, para o Sábado 7 de Xuño

URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas Edificio Administrativo da xunta de Galicia Praza de España – Ferrol CONCENTRACIÓN
CACEROLADA E MANIFESTACIÓN
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Resumo da roda de Prensa do 5 de Xuño de 2008.-

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ofreceu hoxe unha roda de Prensa aos medios de Comunicación desde o Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde se atopan pechados ao redor de quince persoas, na súa maioría membros deste Comité.

Precisamente hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este Comité, na súa comparecencia ante os medios, quere poñer de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostenible e de actuar con criterios medioambientais e de seguridade nos diferentes temas comarcales.

Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da nosa Ría e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de miles de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto "Confidencial" contra o interese público, así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, como en tantas ocasións temos dito, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido en España nesta etapa democrática.

Este CCE ratifícase na súa posición mantida desde fai 8 anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que supoñerá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada e Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da nosa ría, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Á preocupación por todas estas ameazas para as vidas e para ría, hai que engadir outra, que é a posibilidade suxerida de instalar na súa contorna a Celulosa de ENCE, rexeitada en Pontevedra tras moitos anos de loita, e que acabaría coa riqueza económica e ambiental da nosa comarca.

Así mesmo, este CCE rexeita o chamado Plan de Emerxencia Exterior, presentado estes días en A Coruña, como elemento de confusión creado dentro dunha campaña de contraprogramación e que trata de desmovilizar á poboación fronte á convocatoria de Manifestación do próximo domingo día 8 de Xuño.
O mellor Plan de Urxencia, é que se cumpra o establecido na lei: Distancia de 2 Km. aos núcleos de poboación e todas as precaucións legais estableciadas para a entrada destes buques, circunstancias, nesta ubicación, imposibles de cumprir e que sempre supoñerán un risco grave para a poboación circundante.

Esta permanente situación de risco supón que, tanto a cidadanía como os seus gobernantes, estamos obrigados - e sempre a tempo - de impedir unha catástrofe - independientemente do seu custo económico - que de producirse podería ocasionar miles de vítimas e que en todo caso vai supoñer a perda irreparable do noso ecosistema e dos postos de traballo que del dependen.
Numerosos exemplos fannos ver que unha solución favorable é posible: A Planta de Gas de Brindisi , cuxa autorización foi revocada. A Celulosa de Pontevedra, onde se conseguíu, tras 20 anos de oposición, un compromiso de traslado. Outras plantas, en diversos lugares, que foron trasladadas a varias millas mar dentro.

Este CCE fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol, a súa Comarca e Galicia, para asistir á Manifestación convocada no Porto de Ferrol, o próximo domingo 8 de Xuño, ás 12 horas, en apoio do anteriormente exposto.

Agradece a cantas persoas e Entidades están mostrando o seu apoio á Convocatoria de Manifestación e a solidariedade cos pechados no Concello, ben pola súa presenza alí, ou a través das súas mensaxes e outros medios.

Para rematar, mostrar a disposición a continuar este encerro, na demanda dun posicionamento contrario a ubicación da Planta de Gas, deste Goberno Municipal e EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA.
________________

20080605

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia e e Cambio de data da Concentración

de Comité Cidadán de Emerxencia
data 5 de junho de 2008 18:39
assunto Resumo R d Prensa hoxe e Cambio data Concentración


URXENTE : NOVA DATA DA CONCENTRACION CONVOCADA POLO CCE

Debido ao cambio na data de entrada do Gaseiro LGN River, que terá lugar previsiblemente o próximo sábado, trócase a convocatoria prevista para om venres, para ese día :

Sábado, 7 de Xuño, ás 19 horas
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Praza de España – Ferrol
CONCENTRACIÓN CACEROLADA E MANIFESTACIÓN

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!


Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia no Concelho de Ferrol o 05-06-2008.



Escoita os audios:

1ª Parte - Descarregar


2ª Parte - Descarregar

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de junho de 2008 14:48
Asunto: Solidariedade com o CCE



Solidariedade com o CCE

A Fundaçom Artábria ante o feche no Concelho de Ferrol e a manifestaçom contra a presença de REGANOSA na nossa ria, queremos manifestar:

1.- A nossa total solidariedade com @s companheir@s do Comité Cidadao de Emergência para a Ria de Ferrol que desde a passada terça-feira estám fechad@s no Concelho para instar ao Alcalde, Vicente Irisarri, a pronunciar-se claramente contra a ubicaçom da Planta de Gás de Reganosa assim como o rexeitamento das novas ameaças das que se tenhem constáncia nos últimos dias, nomeadamente a ampliaçom da capacidade regasificadora da Planta de REGANOSA aprovada polo Conselho de Ministros espanhóis, a intençom de dragar com dinamita a bocana da ria e o translado da planta de ENCE para a nossa ria.

2.- A Fundaçom Artábria chama a participar na mobilizaçom convocada polo Comité Cidadao de Emergência para o próximo domingo, 8 de Junho, e que sairá às 12h do Peirao de Corujeiras para rejeitarmos a imposiçom de umha indústria contrária ao verdadeiro desenvolvimento sustentável de Trasancos e da Galiza.

Especialmente fazemos um apelo a todo o tecido associativo da comarca e aquel que trabalha nos diferentes Centros Sociais da Galiza.

A ria é nossa e nom de REGANOSA!
Planta de Gás fora da ria!

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
___________

20080604

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 17:18
Asunto: INFORMACIÓN iNICIATIVAS BNG



O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quer facer pública a súa solidariedade e compromiso coa A.V.V. De Ferrol Vello e anuncia que vai secundar a mobilización convocada para o vindeiro mércores, 4 de xuño, co obxecto de facer pública a indignación e repulsa polas continuas descargas, sen control medio ambiental algún, que se desenvolven de forma reiterada e que poñen en perigo a saúde dos veciños e veciñas das zonas colindantes coas instalacións portuarios.

O BNG reclama do Goberno local de Ferrol que esixa á Autoridade Portuaria a cumprir a resolución Plenaria deste concello, aprobada por unanimidade, na que demandamos que se tomen as medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente en materia de carga e descarga nos Portos de Ferrol e tomar as medidas oportunas para evitar as molestias que esta actividade causa entre a veciñanza das zonas limítrofes aos portos.

Ferrol a 3 de xuño de 2008

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
______

Esquerda Unida se solidaridiza e apoia ao Comité Cidadán de Emerxencia contra á Planta de Gas de Reganosa no seu PECHE na Casa do Concello de Ferrol

O Consello LOCAL de ESQUERDA UNIDA – Ferrol, ACORDA o seu total apoio e solidariedade co Comité Cidadán de Emerxencia contra á Planta de Gas de Reganosa no seu PECHE na Casa do Concello de Ferrol.

Apoiamos as súas reivindicacións e denuncias na grave decisión das institucións de consentir que CAMIONS CARGADOS DE GAS LICUADO transiten as polas nosas estradas.

Rexeitamos o dragado na boca da ría de Ferrol na utilización de explosivos nesta rochas que puideran causar unha grave alteración na fauna e medio mariño con que subsisten milleiros de homes e mulleres do mar.

Pensamos que a ampliación da regasificadora aumenta o perigo que representa esta Planta, tanto nas súas instalacións coma nas manobras de entrada e saída destes enormes gaseiros pola angosta bocana da Ría de Ferrol.

ESQUERDA UNIDA- FERROL apoia e convida a toda a cidadanía, en particular aos seus militantes e simpatizantes, a PARTICIPAR na MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 8 DE XUÑO NO PORTO DE FERROL.

Ferrol a 3 de Xuño de 2008.

Asdo. O Consello Local de Ferrol .-
_________________

A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga": Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de junho de 2008 18:55

Asunto: Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo


Pola defensa da vida, da ría e do marisqueo

A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga", expresamos a nosa solidariedade e total apoio o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e particularmente para os compañeiros e compañeiras que en Defensa da Vida, da Ría e do Marisqueo se atopan pechados/as no Concello de Ferrol, como antes fixeron durante 103 días o veciños e veciñas de Meá no Concello de Mugardos, para demandar o desmantelamento da instalación, ilegal e perigosa, do Grupo Reganosa participado pola Xunta de Galicia.

Rexeitamos o proxecto de dinamitar a canle de entrada da Ría con diñeiro público para favorecer unha empresa privada, baixo o pretexto de que vai haber maior seguridade, cando se sabe que aínda así os gaseros non poderán cumpri-la normativa de cabotaxe da Ría de Ferrol en caso de emerxencia, e que vai acabar co importante banco marisqueiro de San Felipe e que mesmo pode afectar ós castelos da entrada da Ría que se quere sexan Patrimonio da Humanidade.

Rexeitamos tamén o Complexo Petroquímico de Forestal del Atlántico e pedimos que sexa desmantelado cando remate a súa concesión no ano 2017, un ano antes que a Papeleira Ence instalada na Ría de Pontevedra e que tamén se quere traer á Ría de Ferrol o que é , o igual que Reganosa, absolutamente inaceptable.

Facemos un chamamento a toda a cidadanía a que participen na manifestación convocada para o domingo día 8 de Xuño as 12 do mediodía, polo Comité Cidadán de Emerxencia no Porto de Ferrol.

Pola defensa da vida, da Ría e do patrimonio! ¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Ferrol a 3 de xuño de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".

Asdo/ X. Miguel López, presidente
____________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol

Sr. Alcalde:

No nome do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", decidimos pecharmos na casa de todos os ferroláns e ferrolás, co obxectivo de reclamar da Corporación que vostede preside, un pronunciamento claro contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da nosa Ría, así como o rexeitamento das novas ameazas que se están poñendo en marcha nas últimas datas: autorización de ampliación da capacidade regasificadora decidida polo último Consello de Ministros; pretensión de dinamitar a canle de entrada da Ría, decidida pola Autoridade Portuaria, como pantalla para ocultar a imposibilidade de cumprir coa normativa en situacións de emerxencia dos gaseiros cargados; transporte de gas en cisternas polas estradas galegas, con perigo para a poboación, etc.

Asimesmo, reclamamos da Corporación un claro rexeitamento da pretensión de incrementar aínda máis a contaminación e destrucción deste mar interior, coa planta de Ence, que Pontevedra leva anos rexeitando.

Co ocasión do Día Mundial do Medioambiente, emprazamos ao Governo Municipal desta cidade para que defenda a legalidade, un auténtico desenvolvemento sostible e se empeñe na defensa da VIDA e da RÍA, na que residen e traballan decenas de miles de cidadans e cidadás, que hoxe están en perigo.

Invitamos á Corporación Municipal a sumarse á manifestación convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, para o próximo domingo día 8.

Ferrol, 3 de Xuño de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL
_____________

Enlace relacionado:

Unha delegación de voluntar@s do Comité Cidadán de Emerxencia, ocupaba unhas dependencias do Pazo Municipal de Ferrol, coa intención de declarar un peche indefinido para reclamar o cese de actividade de REGANOSA
________

20080602

Loita cidadá e social na defensa do Courel

Verdegaia, Arredemo, Ecotono, Amigos da Terra, Adega, Federación Ecoloxista Galega

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa o 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, 0 30 de outubro de 2007, recorremos tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en "La caixa", que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:

Verdegaia
http://www.verdegaia.org/content/view...

Arredemo
http://www.arredemo.info/arredrupal/n...

Ecotono
http://ecotono.net/modules.php?op=mod...

Adega
http://www.adega.info/index.php?optio...

Amigos da Terra
http://www.amigosdaterra.net/index.ph...

Federación Ecoloxista Galega
http://federacionecoloxista.blogsome....

Sociedade Galeaga de Historia Natural
http://sghnferrol.blogspot.com/2007/0...

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474, con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar SOS Courel, 11 de outubro de 2007

Enlaces con fotos do desastre:

http://fotossoscourel.blogspot.com/

http://soscourelsos.blogspot.com/

_________________