20080417

Moción do BNG para a retirada do concello de Ferrol das antenas ilegais de telefonía móvil

Rexistro Xeral do Concello de Ferrol
17 ABR 2006

SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

O Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego ao abeiro da lexislación vixente presenta para o seu debate en Pleno á seguinte MOCiÓN

Exposición de Motivos:

O Concello de Ferrol aprobou no ano 2002 a súa Ordenanza municipal de instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas.

Esta Ordenanza nace para dar resposta, entre outros, a alarma social existente pola proliferación de estacións base de telefonía móbil en todo o Concello e o baleiro legal existente no que se atopaban este tipo de instalacións.

Posteriormente e con sentenzas do tribunal Superior de Xustiza de Galiza e informe xurídico do oficial maior deste Concello anúlanse os artigos 8,9, 10.e, e 40.2 e 47.1 da dita ordenanza que facían mención principalmente ao límite máximo de emisión permitido no Concello, unha zona de protección de 10m.

Ao redor da antena e máis a prohibición de instalalas a menos de 100 m. Das escalas e residencias. É certo que non existe unanimidade en canto á avaliación dos efectos que a exposición continuada a este tipo de ondas produce sobre a saúde e o medio ambiente. Pero só o feito de que haxa que estipular por lei uns niveis de emisión indica xa de por si que non se trata de instalacións inocuas posto que a superación duns índices conleva efectos para a saúde das persoas.

A preocupación polas posíbeis repercusións que a proximidade a campos electromagnéticos poida ter sobre a saúde, levou a moitas asociacións veciñais e sociais e a particulares do noso concello a mobilizarse contra a instalación deste tipo de antenas nos edificios nos que viven, en colexios e entornas urbanos habitados.

As denuncias poia instalación deste tipo de antenas dánse na práctica totalidade dos barrios da nasa cidade: Can ido, Esteiro, Caranza, Ensanches, barrio da Magdalena, etc.

Non é a primeira vez que no noso Concello igual que en Galiza e no resto do estado español se dan casos nos que coincide unha alta incidencia de persoas enfermas de cancro co feito de convivir debaixo, ao lado ou nas proximidades dunha antena de telefonia mobil.

É por isto que o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da adopción dos seguintes

ACORDOS:

1.- O Pleno do Concello de Ferrol insta ao Goberno Municipal a adoptar as medidas oportunas para a retirada das estacións base de telefonía móbil, instaladas no noso Concello en situación de ilegalidade.

2.- O Pleno do Concello de Ferrol acorda proceder a revisión da Ordenanza municipal de instalacións de telecomunicación por transmisión-recepción de ondas radioeléctricas co fin de mellorala e adaptala a lei de telefonía móbil.

Asinado.-
Xoán Xosé Pita Díaz
Portavoz

Elia Rico Lagaron
Concelleira


Ferrol a 17 de abril de 2008



Telf.: 981 944031
Fax .: 981 945235
bng@lerrol.es
Casa do Concello. Praza de Armas. s/n.
15402 Ferrol
GRUPO MUNICIPAL B.N.G.

Nenhum comentário: