20071228

Enlace para documentar sobre o lugarde Vilabuide, na parroquia ferrolá de Doniños

Plataforma Ártabra 21: Denuncias veciñais e políticas pola ...

A explotación dunhas canteiras na zona de Vilabuide, na parroquia ferrolá de Valón, ocasionou críticas veciñais e tamén de agrupacións políticas, ...

Concello de Ferrol

Urbanismo ordea clausurar unha canteira ilegal en Vilabuide tras as ... a ordear a clausura dunha canteira ilegal en Vilabuide, na parroquia de Valón, ...

Concello de Ferrol

El Ayuntamiento paraliza los trabajos de tala de árboles en las inmediaciones del castro de Vilabuide. Martes, 23 de outubro de 2007 ...

Noticias

Ayer, el castro de Vilabuide fue objeto de una agresión en una intervención de tala de árboles. El grupo de arqueología da Terra de Trasancos presentó ...

EL PREGON MINERO –Europa

Formato do ficheiro: PDF/
Urbanismo paraliza la extracción de áridos de la cantera de Vilabuide ..... las obras de extracción de áridos en la cantera de Vilabuide que se venían ...

El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

El Ayuntamiento de Ferrol clausurará una cantera ilegal en Vilabuide, en la parroquia de Valón, que no contaba con las pertinentes licencias y realizaba ...

Concello de Ferrol

Valón, Vilabuide y Brión. El último paquete de los proyectos de mantenimiento que se van a ejecutar supondrá una inversión de 25.922,53€ . ...

Diario de Ferrol

La Fiscalía del TSXG denuncia daños en el castro de Vilabuide El fiscal del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) Antonio Roma Valdés remitió una ...

Resolución do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial da ...

Denominación: RBT Vilabuide-Valón. Situación: Ferrol. Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón ...

Resolución de 4 de abril de 2000, de la Delegación Provincial de A ...

Título: RBT Vilabuide-Valón. Situación: Ferrol. Características técnicas: línea eléctrica aérea de baja tensión, a 380/220 V, sobre apoyos de hormigón y con ...

Plataforma Ártabra 21

Plataforma Ártabra 21: Denuncias veci ais e pol ticas pola explotaci n dunhas canteiras nunha zona de protecci n ambiental en Vilabuide, na parroquia ...

La Fiscalía denuncia a un empresario por dañar un castro en Ferrol ...

... SL, Ricardo Febril, por dañar varios muros del Castro de Vilabuide, en la parroquia ferrolana de Doniños, durante una tala de árboles en el recinto.

Plan Nacional sobre Drogas - Noticias de prensa - Abril 2002: 2ª ...

El lugar se encuentra entre Balón y Brión, en una zona forestal conocida como Vilabuide. Se supone que se trata de un escondrijo o zulo destinado a guardar ...

Xornal de Galicia news noticias y actualidad de Galiza www ...

El Ayuntamiento de Ferrol ordenó la paralización cautelar de los trabajos de tala de árboles que se realizaban en los montes de Pereiro-Vilabuide en la zona ...

La Opinión de A Coruña - Técnicos municipales localizan 16 ...

... de un mapa de vertederos incontrolados de la zona rural, que ha permitido localizar hasta 16 depósitos en Vilabuide, San Pedro de Leixa, Mougá, ...

Xeración Web

... o seu departamento vén de ordenar a clausura da canteira ilegal de Vilabuide, na parroquia de Valón, despois de recibir a denuncia dos veciños da zona. ...

El Ferrol

Castro de Vilabuide : se encuentra localizado en la parroquia de San Román .... De los castros de Lobadiz y Vilabuide. El castro mide : norte-sur 71 metros ...

CAMINO DE PIEDRA: Lista de Castros de Galicia

Castro de Vilabuide Castro de Vilasanche Castro de Tralocastro Castro de Santa Marina Fene Castros de Orra (Sillobre) Castro das Pías (Fene) ...

Zona Rural destina 84.500 euros para reparar vías en diez parroquias

San Cristovo, Cariño, Valón, Vilabuide y Brión. Es el segundo gran paquete de actuaciones para este año. Además, Zona Rural ha adjudicado ya a Hijos de ...

CAPÍTULO II. Regulación dos núcleos de poboación Art. 58 ...

Formato do ficheiro: PDF/
VILABUIDE. PARROQUIA DE ESMELLE. BUIDE-CURTIÑAS. CASTIÑEIRA-MÍGUEZ-CHÁ DA MARIÑA-CRUCEIRO. CURRÁS-PONTIXAS-RIOXUNTO-ESMELLE. IGREXARIO. LODEIRO ...

Noticias de La Coruña (A Coruña) extraídas de la prensa diaria de ...

O Concello paraliza os traballos de tala de árbores nas inmediación do Castro de Vilabuide noticiasgalicia.com, Ferrol (Mie, 24 de Octubre de 2007) [Esta ...

Los vertederos siguen incontrolados

Pero aún quedan algunos, como el de la carretera de Vilabuide, que estos días luce humeante. El empresario José Rilo reconoció ayer que deposita allí los ...

Concello de Ferrol

Martes, 23 de outubro de 2007 O Concello paraliza os traballos de tala de árbores nas inmediación do Castro de Vilabuide ...

La Opinión de A Coruña

El Ayuntamiento cerrará una cantera ilegal en Vilabuide · Barcia gestionará una reunión entre los vecinos e Industria ...

Concello de Ferrol

O Concello paraliza os traballos de tala de árbores nas inmediación do Castro de Vilabuide. máis ». NOVIDADES NA WEB. Venres, 19 de outubro de 2007 ...

El Correo Gallego - Diario de la Capital de Galicia

El Ayuntamiento de Ferrol ordena clausurar una cantera ilegal en Vilabuide por carecer de licencias. 16.45h. Al menos 24 muertos y 69 de heridos en un ...

Para internet

13/06/07, Denuncian a explotación de canteiras nunha zona de protección ambiental (Vilabuide- Valón-Ferrol), Diario de Ferrol ...

EDICTO - Boletín Nº 48. Miércoles, 28 de febrero de 2001 - FERROL ...

FERROL: Documento de revisión e adaptación do Plano xeral de ordenación municipal.
________________

20071220

Texto integro das Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no Porto Exterior de Ferrol

AO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL


VÍCTOR LEDO SUÁREZ, Coordinador local de Esquerda Unida-IU de Ferrol, con DNI *, e enderezo a efectos de notificacións R/ Sol 124 entrechán esq. de Ferrol, ante vostede comparece e EXPÓN:

Que estando aberto o trámite de alegacións ao outorgamento de licencia de obras e de apertura ao Proxecto de Construcción dunha Planta de Producción de Biodiesel que ten como promotora á Empresa Infinita Renovables S.A., en tempo e forma, presenta as seguintes

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA.- A industria en cuestión está incluida dentro das actividades reguladas no Decreto 2414/1961, de 30 de novembro (RAMINP). Polo tanto, debe cumprir as distancias mínimas que o dito regulamento establece en relación cos núcleos habitados máis próximas (Cariño, O Pieiro, Liñares, Espiño) non encontrándose no expediente xustificación algunha en relación para eximir do cumprimento da normativa.

O procedimento para a tramitación das licencias de apertura reguladas nos arts. 29 e ss. do RAMINP taxativos a tramitación debe realizarse cun período de información pública por 10 días, quen subscribe non ten documentación para acreditar que isto se realizara, polo que solicita, no caso de non terse realizado, a nulidade de procedimento. Esta información pública debe realizarse de xeito persoal aos veciños do emprazamento, consonte co art. 30.2 a) do RAMINP, e do que si en constancia é que esta información persoal non se realizou motivo mais que suficiente para declarar nulo ou anulable o procedimento.

O apartado d) do mesmo precepto indica que os técnicos municipais deben informar sobre a posibilidade da creaciónde efectos aditivos pola presencia de actividades análogas nas proximidades. No caso que nos ocupa non só existe unha empresa cunha actividade análoga senón que ten a mesma actividade. Pero, curiosamente e en términos de recurso, o técnico municipal no formulario para actividades, molestas, insalubres, nocivas e perigosas de data 23 de novembro de 2007 deixa en branco este apartado. Cando é obvio a presenza dunha instalación adicada á mesma actividade. Non pode pasarse por alto, ou deixar en branco, unha obriga legal deixando sen informar algo ao que por Lei temos dereito a coñecer os veciños e veciñas de Ferrol. Polo tanto, o procedimento debe ser declarado nulo ou anulable.

SEGUNDA.- Segundo a normativa ambiental existente, se vista como se vista, a Instalación que nos ocupa debe pasar polo control ambiental previo. Que en termos xurídicos non é outra cousa que o Procedimento de Avaliación Ambiental. Non se entende, en termos de recurso, como unha Planta que vai producir 300.000 Tn ao ano de combustible se lle exime da presentación do estudio ambiental e da conseguinte avaliación.

TERCEIRA.- A localización da Empresa non parece a máis axeitada nin por razóns ecolóxicas nin económicas. Respecto das primeiras porque atoparíase nas proximidades do LIC Costa Ártabra e xa que se lle exime do control ambiental e non se informa como legalmente procede deberíase aplicar o recoñecido principio do dereito ambiental de cautela.

En canto as segundas está claro que instalar unha industria desta natureza ocupará un espazo considerable dun dos futuros motores do noso Concello, o Porto Exterior. Dita infraestructura está pensada para o atraque e desembarco de cargas non como Polígono Industrial. Esta industria debería estar instalada nunha zona industrial e non nun Porto, o permitir instalar este tipo de industrias en solo público portuario non estamos velando polo interese xeral senón polos intereses económicos da propia empresa, xa que aforraría a consturción dun oleoducto, como así manifestou o Director Xeral de Infinita Renovables aos medios de comunicación o pasado 3 de novembro.

Polo exposto,

SOLICITO: Que teña por presentado este escrito, por formuladas as alegacións nel contidas, e proceda a declarar nulo ou anulable, consonte as mesmas, a licencia aquí recorrida.

Ferrrol, a 19 de decembro de 2007


Asdo. Víctor Ledo Suárez
______________

Información relacionada no Blog da PA21:

Alegacións á instalación dunha planta de biodiesel no porto exterior de Ferrol e enlaces para documentación e lexislación
______________

20071214

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

En cumprimento dos compromisos adquiridos con veciños e veciñas nas distintas Asembleas de Socios e de Barrio celebradas durante estes anos, a Xunta Directiva da Asociación veciñal “O Rosario – Inferniño” realizou este informe que, sen animo de exahustividade, pretende reflectir cal e a situación actual do barrio en relación coa atención que calquera cidadán demanda da súa Administración.

O obxectivo deste informe non e facer unha crítica gratuíta, todo o contrario, preténdese encher de contido o traballo que, entendemos, debe desenvolver calquera asociación veciñal, servir de conexión entre a veciñanza e os poderes públicos, trasladándolle aos últimos as necesidades e inquedanzas dos primeiros e, levándolles a estes as propostas e solucións expostas polos segundos.

Dende esta perspectiva, nunha primeira aproximación, apreciamos unha grave situación de abandono institucional en distintos aspectos do barrio, abandono que consideramos aínda máis grave, se cabe, ao descubrir que para solucionar moitos dos problemas que padecemos non e necesario investimento algún, o simple cumprimento das obrigas de control da administración, vixiando e esixindo o respecto pola legalidade, abondarían para solucionalos.

Neste informe facemos un agrupamento das nosas demandas mais importantes, xa tantas veces repetidas, en catro apartados: URBNISMO, ESPAZOS VERDES E DE LECER, MANTEMENTO E CONTROL E ESPAZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS.


1.URBANISMO

Na década dos anos 40, ao norte da estrada de Castela, comezou a trazarse en Ferrol un novo barrio que os técnicos municipais denominaron “Ensanche Zona A”, e ao que a linguaxe popular chamou “Inferniño”. Un crecemento desordenado protagonizado pola iniciativa privada caracterizou o novo barrio, os constructores edificaban nas parcelas dispoñibles e, logo, os veciños debían dirixirse ao concello para solicitar os servizos (o pavimentado, alumado público, traída de auga, etc...), a única infraestructura pública do barrio era un novo estadio de fútbol. Case 70 anos despois e xa no século XXI, a veciñanza deste barrio continúa pagando o desastroso “urbanismo” levado a cabo neses anos. Un barrio desordenado, excesivamente edificado e poboado e con escasísimas zonas verdes e servizos.

En decembro do ano 2000 o Concello pleno de Ferrol aprobou o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento urbanístico de ordenación integral do territorio, sendo un dos seus obxectivos mellora-los servizos públicos, as infraestructuras, as dotacións, os equipamentos e a urbanización, dende esta Asociación esiximos aos responsables políticos que garantan o escrupuloso cumprimento do citado Plan Xeral, especialmente nas parcelas aínda sen urbanizar como son o Palco das Ánimas e o Río do Tronco, así como nas construccións que se realizan sobre solares ou edificios vellos que se derruban.

Outro dos problemas que preocupa á veciñanza neste ámbito consideramos que é o chamado “feismo urbanístico”especialmente respecto daquelas parcelas ou solares sen edificar que convértense en vertedoiros de lixo ou autenticas “selvas urbanas” niño de toda bichería posible.
A continuación acompañamos unha serie de imaxes que ilustran o exposto :

Vista aérea das parcelas sen urbanizar no barrio (Palco das Ánimas e Río do Tronco)


Vista aérea do chamado Palco das Ánimas (PXOM PU 14 e PU19) e a proposta elaborada por esta Asociación para este espazo


Vista aérea do chamado Río do Tronco (no PXOM AEI 26 Avenida da Paz)


2.ESPAZOS VERDES E DE LECER

Como xa quedou exposto, a falta de planificación nos tempos do desenvolvemento do barrio provocou a especulación cos espazos, deixándonos sen zonas verdes para o lecer, resultando que hoxe case que exclusivamente dispomos da Praza do Inferniño como lugar para divertimento e repouso dos nenos e nenas, xoves e maiores deste barrio e de barrios limítrofes que padecen unha situación semellante.

Como se pode entender a afluencia de usuarios cara esta xa emblemática Praza do barrio é enorme e, a pesar dos case 10.000 m de solo que dispón (entre zona verde e deportiva) prodúcese unha constante masificación de xente de todas as idades que impide un goce pleno da mesma. Dende esta Asociación pensamos que aínda que este feito poda responder a diversas causas, a mais importante, sen dúbida, é o deseño totalmente erróneo coa que foi construída (escasa zona de xogos para nenos e nenas, escasos bancos para repouso, un palco sen uso no medio da praza, as zonas verdes elevadas sobre o chan e rodeadas de pedra granítica cortante e perigosa, etc...), polo que creemos que a solución pasa por unha remodelación integral da mesma, remodelación na que a veciñanza deberá participar aportando ideas ou solucións ás propostas dos técnicos para que non volva a acontecer a situación actual.

Pero, conscientes de que un proxecto desta magnitude leva o seu tempo, propoñemos unha serie de medidas que podería mellorar a situación.

Consideramos urxente que o servizo de limpeza aumente a súa presencia na Praza, especialmente os fins de semana, resulta evidente que tan elevado número de usuarios esixe maior limpeza e os domingos carecemos deste servizo.

Resultaría moi positivo recubrir as pedras que rodean as zonas verdes con algún material brando (como a madeira), o cal resolvería dous problemas, reduciría o perigo de lesións e aumentaría considerablemente o número de lugares onde sentarse.

Tamén consideramos urxente a eliminación dun espazo no interior da praza que é popularmente coñecido como “a flor”, xa que o mesmo serve exclusivamente como vertedoiro de lixo, urinario de adultos e pequenos, e agocho para que dalgún drogodependente se administre a súa dose e deixe a xiringa estrada no chan.

Propomos o aumento das zonas de xogo, tanto os dos mais pequenos como os de pre-adolescente, os existentes resultan escasos.

Ademais de todo isto dende esta Asociación propomos a realización, canto antes, dun proxecto integral dun gran Parque Urbano na zona do Palco das Ánimas que vincule os dous parques recollidos no PXOM (PU 14 e PU 19) mediante a recuperación dun humidal que existiu na zona e do que aínda quedan restos. Este parque deberá dotarse con elementos que, xunto coa zona libre proxectada na rúa do inferniño, complemente a saturada Praza do Inferniño. A consecución deste proxecto lograría para o barrio case tres hectáreas mais de espazo de lecer e repouso para goce da veciñanza, saldando así unha débeda histórica coas infraestructuras do Ensanche.


A chamada “flor”, unha zona da que propomos a súa supresión por seguridade e hixiene


3.MANTEMENTO E CONTROL

Se a situación do barrio non e doada polos motivos xa expostos, empeora cando observamos as consecuencias dos incumprimentos constantes en materia de disciplina urbanística ao respecto da ocupación das beirarrúas por estadas e balados de obras xa que non se respectan as normas establecidas no PXOM.

Tampouco mellora a situación cando observamos o mantemento das roturas producidas nas rúas, beirarrúas e mobiliario urbano. Cando se produce algunha rotura, sexa fortuíta ou polo desgaste propio do paso dos anos, pasan meses e incluso anos antes de que se produza a reparación ou reposición do material, este feito traslada unha imaxe de barrio abandonado tanto á veciñanza como aos visitantes.

A todo isto debemos sumarlle a case inexistencia de pasos de peóns nas rúas do barrio, o permanente estado de ocupación de moitas das beirarrúas por carros estacionados encima delas e, como non, o xeneralizado aspecto de sucidade das rúas, moitas veces provocada polos excrementos dos cans de cidadáns pouco cívicos e insolidarios.

Dende esta Asociación opinamos que moitos deste problemas solucionaríanse con maior control deste feitos por equipos de funcionarios especializados e cunha asignación orzamentaria para o mantemento axeitada ás necesidades dun barrio que medrou á sombra do urbanismo mais especulativo.

imaxes que poden exemplificar o exposto respecto da ocupación de beirarrúas por estadas e balados de obras que incumpren o PXOM.




imaxes precedentes exemplifican o estado de moitas rúas e beirarrúas


4.ESPAZOS CULTURAIS DEPORTIVOS E DE OCIO

Xa quedou exposto que nos seus inicios a única infraestructura pública do barrio era un Estadio Municipal de Fútbol. Hoxe no espazo que no seu día ocupou o Estadio municipal Manuel Rivera dispomos do Centro Comercial Porta Nova, o Centro Cultural Carvalho Calero, a Praza do Inferniño e unha pista polideportiva descuberta.

Ademais á beira da rúa Río Xubia, no Palco das Ánimas, fai case dez anos e en plena campaña electoral autonómica, constrúese o Pavillón Municipal do Ensanche.

A enumeración dos servicios deportivos e de ocio do barrio, Centro Comercial Porta Nova, Centro Cultural Carvalho Calero, pista polideportiva descuberta, Pavillón Polideportivo do Ensanche, aparentan unha gran dotación pública, mais a realidade é completamente distinta :
-CENTRO COMERCIAL. Respecto deste Centro de titularidade pública en réxime de concesión administrativa, vimos denunciando dende fai mais de dous anos, xunto co Colectivo de Comerciantes Críticos, o sistemático incumprimento do prego de condicións que rexe a relación da concesionaria do Centro Comercial co Concello, incumprimento que provoca o afogamento da actividade comercial e da como resultado un espazo público infrautilizado, coa maioría dos locais baleiros, ben sexa porque nunca foron ocupados ou polo seu peche posterior.

Como xa manifestamos en multitude de ocasións pensamos que o principio da solución ao Centro Comercial pasa polo rescate da concesión por parte do Concello para elaborar unha estratexia que permita recuperar a plena actividade do mesmo.

-CENTRO CULTURAL. Consideramos nesta Asociación que para que un local público sexa merecedor de chamarse centro cultural, deben desenvolverse nel, actividades culturais como a musica, o teatro, conferencias ou exposicións, cando menos con certa regularidade, o cal non sucede no noso centro cultural, que como xa temos denunciado repetidas veces mais parece o local social dunha Asociación de veciños que un centro cultural.

Pensamos que é imprescindible que o Concello asuma a xestión do mencionado Centro Cultural, faga nel as modificacións estructurais que precise e que o inclúa na programación cultural da cidade, aportando así á veciñanza o servicio para o que foi deseñado.

-PISTA POLIDEPORTIVA. A pista sitúase entre a rúa Inferniño e a Praza do mesmo nome, e foi deseñada como un lugar onde nenas e nenos do barrio podan exercitarse libremente practicando deporte cos amigos e amigas. Mais acontece que dita pista ten certas carencias que a converten, incluso en perigosa.

A zona de xogo atopase moi preto das gradas, que están feitas de formigón, o que supón un risco para os usuarios, ademais non existe ningún tipo de protección para que non escapen as pelotas ás rúas próximas, polo que nenos e nenas invaden con certa regularidade as rúas detrás dos balóns, o que todos sabemos que é moi perigoso e xa por último, a pista atópase absolutamente degradada convertindoa en verdadeiro papel de lixa para os corpos de nenas e nenos, e con grandes fochancas que obrigan aos usuarios a facer carreiras de obstáculos para non caer e torcer os nocellos.

imaxes que mostran o lamentable estado da pista polideportiva


imaxe da terraza do centro Comercial Porta Nova que por si soas reflicten o denunciado abandono do mesmo por parte dos responsables

Ate aquí este pequeno informe que trasladamos á nova Corporación Municipal.
Dende esta Asociación desexamos que o novo Goberno Municipal amose maior vontade que o anterior na atención ás demandas dos cidadáns e esperamos que aposten por unha maior participación cidadá nos asuntos que a todas e todos nos incumben directamente, sendo este informe cas súas formulacións e demandas un exemplo desa vontade.

Ferrol, a 11 de decembro de 2007.

O PRESIDENTE.-

Asdo.. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________