20070513

Escrito de petición de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia

Excma Sra. María José Caride Estévez
Edificios Administrativos –
San Caetano, s/n –
15704 Santiago de Compostela

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que esten resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia, por ordenar que a policía autonómica antidisturbios e a garda civil do mar favorecesen pola forza devandita entrada do buque gasero Galicia Spirit, provocando un grave risco e ameaza para a vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías pese a que o 13 de marzo e o 4 de maio por escrito informóuselle dos condicionados de Reganosa e de que en setembro pasado o Goberno no Congreso dos Deputados, por dúas veces comprometeuse a esixir o seu cumprimento.



__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Nenhum comentário: