20070524

Escrito de autoinculpación evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOS: Procedemento abreviado nº 443/2007

AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL

Procedemento abreviado nº 443/2007

D/Dª________________________________________, maior de idade, con DNI ____________, e domicilio en rúa __________________________________, Concello de _________________, código postal __________, como mellor proceda en Dereito, DIGO

1º) Que teño coñecemento do procedemento abreviado nº 443/2007 que se instrúe nese Xulgado contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, don Bernardo Bastida Sixto, e vintecinco mariscadores máis, por un presunto delicto ou falta de desobediencia á autoridade; consecuencia dos feitos acaecidos nos primeiros días do presente mes de maio, e dentro da mobilización cidadá que pretendía evitar a entrada dun buque gaseiro na ría de Ferrol con destino a planta de REGANOSA en Mugardos. Tal movilización cidadá fíxose polo seguinte:

1. A entrada na Ría de Ferrol do Galicia Spirit incumpre a norma UNE EN 1532 sobre saída de emerxencia o mar en caso de accidente. Tamén a movilizacion cidadá fixose para denunciar publicamente que a Planta de Gas de Reganosa incumpre o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que require un mínimo de dous quilómetros ata o núcleo de poboación agrupada máis próximo; ademais pola inexistencia de estudio de impacto ambiental, inexistencia de plan de emerxencia e evacuación en caso de accidente na planta ou no buque, feitos que imposibilitan a concesión da licencia de obra e actividade da mesma. Dita mobilización cidadá culminou o día 9 de maio ca entrada do buque gaseiro na ría de Ferrol, con forte e violenta intervención das forzas antidisturbios i escolta da Garda Civil do Mar.

2. Que tal saída de emerxencia o mar aberto e un dos condicionados da autorización de construcción que Reganosa ten sen resolver, ademais doutro condicionado tamén sen resolver dun dictame de seguridade que acredite a distancia suficiente ata as poboacións próximas a fin de que non sufran riscos que no deben soportar, segundo require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, segundo tamén recordan os escritos de 22 de Xaneiro e 22 de marzo de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, organismo competente en Galicia para aplicar o devandito artigo 12 do R.D. 1254/99, segundo o artigo 3 do Decreto autonómico 277/2000 de 9 de novembro (DOG 229 de 27 de novembro).

3. Que non é legal a “Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses”, asinada o 4 de maio de 2007 por Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Enerxía e Industria, Rúa Durán Loriga nº 9-1º, A Coruña, organismo provincial do Ministerio de Industria e competente para outorgar a acta de funcionamento de Reganosa, (artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro), pero que non tivo en conta que Reganosa aínda non rematou as obras e que non ten resoltos todos os condicionados de seguridade para a poboación aos que está suxeita a súa autorización de construcción de 13/2/2004, outorgada pola Dirección Genenal de Política Energética y Minas, dependente do Ministerio de Industria, por todo isto a entrada do gaseiro Galicia Spirit e ilegal

2º) Que eu, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría de Ferrol e da legalidade, participei libre e voluntariamente no bloqueo por mar do buque gaseiro Galicia Spirit no seus intentos de entrar na ría de Ferrol os días 6 a 9 de maio pasado, sendo o meu único obxectivo, e dada a conculcación da normativa vixente, polas Administracións implicadas, facer cumprir a mesma.

Por todo o exposto SUPLICO ao Xulgado que teña por presentado este escrito, uníndose ao procedemento antes referido e sexa chamado ó mesmo en calidade de imputado.

Ferrol a ______ de maio de 2007
Sinatura

20070523

Estrea do Documentario "O Salario do Silencio", de Mabel Ribera e Enrique Banet, sobre a Planta de Gas que construe REGANOSA na Ría de Ferrol


Estrea do Documentario
"O Salario do Silencio"
Sobre a Planta de Gas
que construe REGANOSA
na Ría de Ferrol

Venres 25 de Maio, ás 8 da tarde
Salón do Vicereitorado
Campus de Esteiro – Ferrol
Realizado por:
Mabel Rivera e Enrique Banet
Producción: Namche Film, S.L.
Entrada libre.
Prégase difusión.

20070513

Escrito de petición de cese de Amable Dopico Freiro, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol

Excma Sra. María José Caride Estévez
Edificios Administrativos –
San Caetano, s/n –
15704 Santiago de Compostela

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despues de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO o cese de Amable Dopico Freiro, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, quen non exerceu as súas competencias para prohibir a entrada do buque gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol, provocando unha ameaza á vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías, pese a que con data 4 de maio de 2007 envióuselle un escrito cunha mención expresa dos condicionados que ten Reganosa, advertíndolle que debería prohibir a entrada do Galicia Spirit na Ría de Ferrol.


__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia

Excma Sra. María José Caride Estévez
Edificios Administrativos –
San Caetano, s/n –
15704 Santiago de Compostela

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que esten resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Manuel Ameijeiras Vales, Delegado do Goberno en Galicia, por ordenar que a policía autonómica antidisturbios e a garda civil do mar favorecesen pola forza devandita entrada do buque gasero Galicia Spirit, provocando un grave risco e ameaza para a vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías pese a que o 13 de marzo e o 4 de maio por escrito informóuselle dos condicionados de Reganosa e de que en setembro pasado o Goberno no Congreso dos Deputados, por dúas veces comprometeuse a esixir o seu cumprimento.



__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Francisco Barroso Palomino, Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña

Excmo Sr. Ministro de Industria
Paseo de la Castellana 160 s/n
28071 Madrid.

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un "Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses"? en base á que o pasado 9 de maio cara ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Francisco Barroso Palomino, porque se prestou a asinar un "Acta de posta en servizo parcial" que non é legal porque Reganosa ten sen resolver a súa autorización de construción suxeita a condicionados cuxa cumplimentación é imposible dentro da angosta Ría de Ferrol, nun espazo encostado a un complexo petroquímico, no que Reganosa está construíndo unha planta de Gas. Tal acta de 4 de maio foi o pretexto para a entrada pola forza do gasero Galicia Spirit cargado de GNL ameazando a vida da poboación próxima.

__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Escrito de petición de cese de Jorge Cao Ruiz, Capitán Maritimo de Ferrol

Excmo Sr. Director General Marina Mercante
Paseo de la Castellana 67
Madrid 28071

Os que abaixo se identifican cos seus nomes, DNI e firmas, cos debidos respectos comunícanlle:

A planta de Gas que a empresa Reganosa constrúe en Punta Promontorio (Mugardos) ten unha autorización de construción suxeita a determinados condicionados, entre eles un dictame de seguridade sobre aplicación do articulo 12 da Directiva Seveso II, Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, en canto a distancias suficientes ata as poboacións próximas; así mesmo a saída de urxencia dos buques gaseros. Por iso o actual Goberno no Congreso dos Deputados, en setembro pasado comprometeuse a que esixirá o cumprimento de todos os condicionados.

Reganosa aínda non terminou as súas obras e ten sen acreditar o cumprimento de tales condicionados, polo que non pode ter autorización de funcionamento segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, polo que nas Plantas de Gas a acta parcial e de probas só é legal como parte da autorización de funcionamento despois de que estean resoltos todos os condicionados da Autorización de Construción, pero Reganosa ten condicionados que son imposibles de resolver.

O Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, o pasado 4 de maio asinou un ?Acta de posta en servizo parcial para proba por tres meses? de Reganosa en base á que o 9 de maio ás 9,30 minutos o buque gasero Galicia Spìrit entrou na Ría de Ferrol cargado de 140.500 m3 de GNL, iniciando unha moi grave ameaza para a poboación próxima.

Por todo iso SOLICITO de Vd o cese de Jorge Cao Ruiz, Capitan Maritimo de Ferrol, quen autorizou a entrada do buque gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol, cargado de gas natural licuado, provocando unha ameaza á vida da miles de habitantes, sen facer previamente ningunha instrución para verificar se existían suficientes garantías. Con data 4 de maio de 2007 envióuselle escrito cunha mencion expresa e clara sobre os condicionados que ten Reganosa, advertíndolle que debería prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit na Ría de Ferrol.

__________________________________________________________
Nome e Apelidos ---------------- DNI ---------------- Asinatura
__________________________________________________________

__________________________________________________________

__________________________________________________________

Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia sobre a concentración do 12 de maio de 2007, no peirao de Ferrol

Na concentración de hoxe no peirao de Ferrol participaron unhas 2000 persoas, desde as 12 ata as 13 horas. Recolléronse firmas en tres mesas, nas que se dispuxeron xogos de catro escritos, nos que cada persoa ten que asinar catro veces, a fin de solicitar o cese ás respectivas instancias superiores que nomearon a Francisco Barroso Palomino, Manuel Ameijeiras Vales, Jorge Cao Ruiz e Amable Dopico Freire aos que se considera que poderían prohibir a entrada do gasero Galicia Spirit ou cederon a presións politicas ou económicas.

Moito antes de finalizar a concentración esgotáronse as copias de escritos que se habian levado para asinar, totalizando 560 firmas e quedando moitos participantes para asinar en proximos dias, polo cal faráselles chegar copia dos escritos por email e para que os devolvan asinados ata o mercores próximo, nalgunha das Asociacións integradas na Asemblea Cidadá, entre elas o Ateneo Ferrolan, onde desde o luns pola mañá podran recollerse exemplares dos escritos para asinar quen non teñan forma de recibilo por email. O Mercores habera xuntanza do CCE pare recoller as firmas.

Quen sexan de fóra de Ferrol rógase que as copias orixinais asinadas envíenas por correo postal a : Comité Cidadan de Emerxencia, Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena 204, 1º,Ferrol 15401 , a mais tardar con data de saida o vindeiro mércores. Así mesmo por email a
comitecidadan@iespana.es o aviso do envío e numero de firmas, a fin de esperar por elas.

Ás 13 horas Montserrat Garel, actuando como portavoz do Comité Cidadán, leu o manifesto que se acompaña como anexo a esta nota.
Así mesmo pola megafonia o Coordinador Carmelo Teixeiro comunicou o seguinte:
1) A cidade de Ferrol ten que estar moi agradecida aos traballadores do mar, que unha vez mais defendérona. Os mariscadores, traballadores domar que viven da riqueza que extraen da Ría, coas súas actuacións integradas no Comité Cidadán escribiron unha pagina moi positiva da historia de Ferrol en defensa da vida, a riqueza da ría e a legalidad. O Comité Cidadán considérase solidario e comprometido con eles e apoiaralles nas súas reivindicacións á Xunta de Galicia. (Para que esta non cometa o erro de darlle a Reganosa parte de vára de poder que as urnas soamente dan a quen se presentan ás eleccións).

2) O gaseiro Galicia Spirit saleu hoxe cara ás 7,15 horas coincidindo coa baixamar, é dicir, en marea parada pero con menor calado debido a que ía en lastre ou baleiro sen carga por haber descargado as 140.500 m3 de gas natural licuado no tanque oeste que ten construído Reganosa, non podendo facelo no outro porque aínda non está terminado (sufriu un atraso despois do incendio que no mesmo orixinouse no pasado mes de outubro). Iso quere dicir que nas instalacións de Reganosa esta almacenada unha cantidade elevada de gas natural licuado que constitúe unha ameaza e un perigo para a poboación próxima á que Reganosa esta ameazando no caso dun accidente grave.

3) Un dos candidatos á Alcaldía de Ferrol di hoxe nun medio que "Hai que ir pensando en cambiar a Reganosa de ubicación", o que se entende que a Planta de Gas debe ser situada no Porto Exterior. Entendemos que tamén a Xunta de Galicia debe ir pensando nunha Planta de Gas no Porto Exterior, para unha plataforma gasista con futuro e segura, xa que a Planta de Reganosa é un proxecto en precario económicamente e que ameaza á poboación, polo que mais tarde ou cedo será paralizada, esperando que sexa clausurada o mais pronto posible e antes de que ocorra un accidente grave que podería provocar unha catástrofe.

4) Finalmente deuse a coñecer que no día de onte os mariscadores están sendo represaliados con inspeccións provocadoras da garda civil que se entende son ordenadas para algunha finalidade impresentable nunha democracia na que non é de recibo perseguirlles ou provocarlles tal e como ocorreu onte venres. Os mariscadores seguen á espera de que a Xunta de Galicia comprométase a pagar o día perdido o pasado 9 de maio por mor da entrada do gasero Galicia Spirit e as perdidas que a eles lles cause os danos que Reganosa orixine na Ría de Ferrol.

Manifesto do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, leido na concentración do 12 de maio de 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou na XI Asemblea Cidadá a convocatoria desta concentración porque dende o mércores 9 de maio de 2007 ás 9:30 da mañá, as poboacións da Ría de Ferrol estamos sometidas a unha ameaza real día e noite, logo da entrada ilegal e pola forza do buque Galicia Spirit que trae Gas Natural Licuado para descargar e facer probas, autorizadas irregularmente, na planta que Reganosa está construíndo en Mugardos.

Dita autorización foi asinada, en A Coruña, o día 4 deste mes, por D. Francisco Barroso Palomino, Director Provincial del Área de Industria y Energía, organismo da Administración do Estado. Esta irregular acta de probas foi a utilizada como pretexto para burlar a lei e demostra unha vez mais, a estratexia empregada por Reganosa dos feitos consumados.

Con esta concentración queremos:

  1. Que a cidadanía exprese o seu rexeitamento pola entrada ilegal na Ría dun buque gaseiro cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado; pola súa descarga nos tanques de Reganosa sen ter terminadas as obras, sen ter todos os preceptivos permisos e sen ter cumprimentados os condicionados da súa autorización de construcción; e pola imposible saída de urxencia dos buques en caso de accidente. Provocando todos estes feitos un alto risco para a vida humana nas poboacións próximas a Ría.

  2. Que a cidadanía esixa por escrito o cese dos responsables desta situación de perigo. O Capitán Marítimo, D. Jorge Cao Ruiz; o Presidente da Autoridade Portuaria, D. Amable Dopico Freire; o Director da Área de Industria Y Energía de A Coruña, D. Francisco Barroso Palomino; e o Delegado do Goberno, D. Manuel Ameijeiras Vales. A todos eles polas responsabilidades que tiveron asinando as autorizacións que permitiron co gaseiro entrara pola forza na Ría.

  3. Denunciar que a entrada do buque gaseiro Galicia Spirit na Ría de Ferrol é un feito moi grave similar á decisión do alonxamento do Petroleiro Prestige. Naquel caso tratábase dun accidente, coa decisión equivocada de apartalo da costa en base a un informe técnico amañado. Agora co gaseiro, Galicia Spirit, e á inversa, amparándose nunha irregular acta para autorizar probas provisionais a Reganosa, o introducen na Ría de Ferrol, ameazando á vida da poboación. Acta na que tamén, se escudou o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras Vale, para ordenar o emprego da forza antidisturbios, sen realizar previamente, a mínima labor de instrucción, co fin de verificar se eran certos os condicionados que Reganosa ten sen cumprimentar, ou que son imposibles, como as distancias ás poboacións, ou a saída de urxencia de buques gaseiros e que se lle comunicaron por escrito o 13 de marzo e o 4 de maio deste ano.

    No Comité Ciudadano pensamos que esta semana libramos unha importantísima batalla, decisiva para gañar esta guerra, polo que non se pode interpretar como unha derrota, aínda que conseguiran meter o gaseiro.

    Por un frente impedimos por catro veces que o Galicia Spirit non entrara na Ría e só conseguírono meter empregando as forzas de seguridade dun estado de dereito ao servicio da ilegalidade e dos intereses de unha empresa privada chamada Reganosa e ameazándonos e mesmo intentando agredirnos aos cidadáns e traballadores do mar que tratábamos de pedir que se cumprira a lei.

    Por outro frente conseguimos romper os muros de silencio. Agora fóra de Ferrol e mesmo de Galicia se sabe que Reganosa está fóra da lei e que quere facerse dona da nosa Ría. Xa é denunciado por algúns xornalistas como un caso clamoroso de corrupción política, financiera e mediática.

    Tamén nesta semana conseguimos que algúns políticos, como o Alcalde de Mugardos ou o mesmo Presidente de Reganosa, D. Félix Alonso, recoñecieran publicamente que Mugardos non é a ubicación adecuada para unha Planta de Gas.

    Así, todo o acontecido motívanos aínda mais para continuar defendendo a vida humana, a riqueza marisqueira e a legalidade polas vías administrativa e xudicial, ademais de promover a movilización da cidadanía e seguir informando á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de Reganosa e que sexa expulsada fóra da Ría.

    Para rematar quero facerme eco das palabras dunha compañeira do Comité que prologa o libro publicado estes días “ Muros de silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El caso Reganosa, onde dí: ” aínda hoxe é posible evitar o que estamos seguros será considerado o día de mañá como un dos grandes escándalos político-económico de Galiza durante a democracia.

Por todo iso seguimos dicindo: ¡Planta de Gas Fóra da Ría! e ¡A Ría é nosa e non de Reganosa!

20070507

Ría de Ferrol: Reportaxen fotográfica do Bloqueo do Galicia Spirit, de Alberto Saavedra da A.V. Ferrol-Vello [07.05.2007]

Galería Fotográfica de Alberto Saavedra, da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello.

asaf@telefonica.net

Bloqueo do Galica Spirit que pretendia entrar na Ría de Ferrol, con GNL, para descargar na planta regasificadora de REGANOSA en Mugardos.

Para ampliar clicar acima das fotografías.