20060627

Alegacións por motivos cívicos e sociais

Sr. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

D. .................................................................................., con DNI .......................... e con enderezo en ....................... ..................................................................................., comparece e, como mellor proceda en Dereito, DI:

Que tendo coñecemento mediante a lectura do acordo plenario de 25 de maio de 2006 exposto no taboeiro de anuncios do Concello con data 2 de xuño de 2006, que a adxudicación á empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no barrio de Ultramar, se somete a exposición pública, quero formular as seguintes


ALEGACIÓNS

1. Cando se di que a maioría do barrio de Ultramar quere o centro de ocio, estase a faltar á verdade xa que esta decisión foi tomada persoalmente polo expresidente da Asociación de Veciños Sr. Argüeso sen contar con ninguén, e foi comunicada ó Concello de maneira verbal, esquecendo absolutamente os desexos dos veciños, e encomendándose descaradamente a intereses de sopeitosa natureza.

2. Os veciños non queren a construción do centro de ocio por moitos motivos, pero fundamentalmente, porque se pretende privar ó barrio dun espazo público gratuíto de esparcimento para novos e maiores, e implantar no seu lugar un servizo que para nada se pode considerar público, porque se destinaría a jacuzzi, sauna, chorro de auga, lámina de auga, gardería, cafetería etc., en definitiva a actividades elitistas e de pago.

Por outra banda existen serias dúbidas de que as actividades que aí se realizarían puideran ter cualificación de deportivas, requisito que se debe cumprir tal e como recolle o uso que no seu día se estableceu no Plan Xeral, para a parcela DEP-22 na que se quere encadrar.

3. Poderíase entender que en Ferrol houbera unha demanda deste tipo de servizos, pero en todo caso se é verdade, o racional sería dar resposta cunha visión política de cidade e non de barrio.
Polo tanto, tendo en conta que os usuarios serían cidadáns de todo o concello, o lugar idóneo para a construcción do centro de ocio, debería ser noutras zonas dotacionais das que o Concello dispón sin custo algún, e onde poderíanse planificar unhas instalacións dignas con piscina de grandes dimensións, e uns servizos complementarios incluindo aparcadoiro, de acordo coas necesidades da nosa cidade.

4. O barrio de Ultramar precisamente carece de zonas ailladas do tráfico onde poder xogar á pelota, ou a calquera outro xogo dun xeito improvisado.

O lugar que propón o Concello para sustituir a pista de Sartaña, é o Colexio Ponzos, argumento non convincente xa que a utilización deste pavillón está sometida á autorización do consello escolar previa solicitude formal que soamente está ó alcance de grupos, ou federados ou dalgunha maneira organizados. Ademais o seu uso está condicionado a ter unha chave.

En resumo, o Concello xa descarta totalmente o fomento dos xogos de maneira espontánea, e tamén destrúe un punto de encontro nas relacións sociais e humanas na infancia e na xuventude, tan importantes nos tempos que andamos.

5. A verdadeira vontade dos veciños puídose comprobar nas manifestacións celebradas os días 15 de febreiro e 2 de xuño de 2005, que gozaron da presenza multitudinaria de persoas do barrio e de fora do mesmo, e contaron coa asistencia de asociacións de veciños, asociacións culturais e deportivas, grupos políticos, sindicatos, asociacións para a defensa do medio ambiente, colexios profesionais, etc. En resumo a sociedade ferrolá está en contra da instalación.

6. No aspecto urbanístico cabe destacar que este edificio vaise a encaixar nun patio de cuarteirón a catro metros das ventás (a cinco dende a base dos edificios colindantes) co conseguinte trastorno para os veciños, principalmente dos primeiros e segundos pisos. E con independenza da legalidade ou ilegalidade desta actuación que se xustifica dicindo que é de interese xeral e afecta a unha minoría, vaise a cometer a inxustiza de plantificarlles un muro ós veciños e consumar un atropello no nome da democracia.

7. Outros perxuizos para os veciños que vai provocar esta instalación, son a contaminación acústica y de emanación de gases, cloro etc, así como o alto risco de infección e propagación de “legionella” provinte das torres de refrixeración do ar acondicionado.

Non se coñece no mundo enteiro unha instalación destas características ubicada no interior dun patio, tan preto das vivendas.

8. Outro dos inconvenientes que nos atopamos é que se vai a especular co patrimonio público propiedade da cidadanía, entregandoo durante 50 anos a unha empresa privada, pola cantidade ridícula de 2.000 € ao ano.

9. O concepto de Axenda 21 nace na Conferencia de Río de 1992, e proponse alcanzar o desenvolvemento sostible impedindo a destrucción do medio ambiente. Neste sentido dous anos despois de Río, ten lugar a conferencia europea sobre as cidades sostibles na cidade dinamarquesa de Aalborg, onde é creada a carta de Aalborg: unha declaración de compromiso das autoridades locais para o desenvolvemento de procesos e estratexias que levan á toma de medidas de acción concretas na consecución da sustentabilidade urbana. Así as cidades en canto unidades máis pequenas de desenvolvemento están en contacto con numerosos desequilibrios arquitectónicos, sociais, económicos, políticos e ambientais que as afectan, debendo por iso identificalos e resolvelos adecuadamente dunha maneira integrada, loxística e sostible.

Na actualidade, máis dunha de década despois da carta de Aalborg, vemos como no noso entorno urbano, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, o Concello de Ferrol teima en levar a termo proxectos como o do centro de ocio que atentan contra a calidade de vida da cidadanía, depredando o patrimonio herdado e desenvolvendo políticas urbanísticas insustentables.

10. En lugar de fomentar a proliferación de tanto cemento, Ferrol debe aspirar a ser unha cidade sostible, e iso pasa por ser unha cidade capaz de satisfacer as súas necesidades no presente sen comprometer a capacidade para satisfacer as súas necesidades no futuro, mirando pola integridade e a estabilidade social e económica, e a calidade de vida da súa poboación.

En consecuencia, por todo o exposto anteriormente,

PIDO

que se admita a miña comparecenza no presente procedemento, e se revoquen ou se deixen sen efecto os acordos plenarios de 16 de febreiro de 2005 e 25 de maio de 2006 relativos a este expediente, e se proceda á cancelación da construción do centro de ocio na ubicación que o Concello pretende, así como que se teña en consideración o que os veciños realmente desexan, que non é outra cousa que a urbanización da zona, e a reparación e adecentamento das instalacións existentes na praza de Sartaña para o seu uso público e gratuito.

En Ferrol, 26 de xuño de 2006


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Alegacións por motivos de contaminación

Sr. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO FERROL

D. ............................................................................ con DNI ................... e con enderezo en ....................... ............................................................................. comparece, e como mellor procede en dereito, DI:

Que tendo coñecemento mediante a lectura do acordo plenario de 25 de maio de 2006 exposto no taboeiro de anuncios do Concello con data 2 de xuño de 2006, que a adxudicación á empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no barrio de Ultramar, se somete a exposición pública, quero formular as seguintes


ALEGACIÓNS


PRIMEIRO

A containinación acústica ou ruido é un son indesexado, perturbador e perigoso para a saúde. As fontes de contaminación acústica son, entre outras, os lugares de ocio corno cafeterías, ximnasios ... Os efectos dunha prolongada exposición son:

Trastornos na saúde e na conducta: Sistema cardiovascular (aumento do ritmo cardíaco e da presión arterial . Alparello dixestivo (náuseas e vómitos). Sistema endocrino (incremento da secreción de adrenalina). Sistema nervioso (ansiedade, insomnio, estrés).
Dificultades de comunicación.

Menor eficacia e concentración nas actividades a realizar.

Debemos ter en conta que entre 60-70 db resulta dificil manter unha conversación, entre 80-90 dB provócanse serios danos auditivos e nerviosos e se son máis de 100 dB os que se superan entón os ruidos son dolorosos.

Cando os arquitectos especialístas en Planeamento redactaron o plan xeral tiveron en conta as características especiaís da Plaza de Sartaña por iso adicaron este espacio situado nun patio de mazás a ser unha praza Pública libre de construcción para poñer en práctica unha medida preventiva que minimiza e mesmo anula unha posible contaminación acústica. 0 Concello de Ferrol debe ser sensible ante un problema que ten fácil solución: na LOUPMRG que é o marco legal urbanístico de aplicación.


SEGUNDO

A contaminación biolóxica ten a súa orixe nos microorganismos que se atopan no aire e que proceden do solo, da auga, dos animais e das plantas, e por suposto dos seres humanos cando estamos a falar dun espacio urbanizado. 0 aire interior ou intramuros ten os microorganismos do entorno e dos seres humanos que en certas circunstancias poden poñer en risco a saúde das persoas xa que moitas enfermidades son transmitidas polo aire. Entre elas cabe destacar:

• Por bacterias: a lexionelose, tosferina e tuberculos
• Por virus: herpes simple, rubcola, varicela.
• Por fungos: asperxílose

Un caso especial, dentro da contaminación biolóxica, son as alerxias causadas por pólenes, ácaros do pó... nas que os síntomas agrávanse cando o aire perde a súa calidade.

Aireación e soleamento son medidas hixiénicas simples e eficaces que se verán dificultadas e mesmo anuladas se o Concello de Ferrol persiste na súa intención de facer desaparecer como tal a Plaza de Sartaña polo que se potenciará o aumento do número de inicroorganísmos e tamén a súa propagación xa que o embolsamento da masa de aire vai crear o caldo de cultivo axeitado para que medren e se reproduzan. Estas mesnas condicións van posibilitar un aumento na concentración de alerxénos o cal influirá moi negativamente na saúde dos veciños que sexan sensibles ou que xa padezan unha patoloxía de base cardiovascular ou respiratoria. O Concello de Ferrol non debe incurrir nunha ilegalidade que pon en risco a saúde dos veciños, debe e pode escoitarnos xa que está demostrado que hai outras opcións mellores que favorecen a todos e non perxudican a ninguén.


TERCEIRO

A topógrafía, e dicir, a natureza do terreo, a densidade e altura das edificacións, a vexetación... inflúen na circulación do aire: Nos núcleos urbanos danse condicións climáticas propias que dificultan a dispersión dos contaminantes. A proximidade e o número de vivendas fai que nas zoas urbanas se produza un aumento de temperatura que provocan movemento cíclico do aire nas eidades que forma unha cúpula de contaminantes sobre as mesmas, e dicir, unha "illa de calor"' na que non se disipa o calor nin a contaminación.

Os efectos da contaminación atmosférica son de dous tipos:

• Danos agudos: exposicións curtas, pero a doses elevadas do axente contaminante.
Danos crónicos: exposicións prolongadas, ainda que as doses do axente contaminante sexa máis baixa.

Empeoran o problema:

• As interaccións entre contaminantes xa que aigíxns poden actuar sinerxicamente.

• As interaccións entre contaminantes e factores ambientais, dando orixe a contaminantes secundarios, ás veces máis tóxicos que os orixinais.

As accións máis eficaces fronte á contaminación atmosférica son sempre as medidas preventivas entre as que debemos nomear:

• Planificación dos usos do territorio co fin de ubica-los focos de contaminación alí onde os seus efectos sobre os seres humanos e o medio ambiente sexan menores.

• Avalia-lo impacto ambiental de calquera proxectos que paida ter unha incidencia medioambiental.

A Praza de Sartaña ó ser un espacio libre de edificación facilita os movementos de aire e polo tanto a dispersión dos contaminantes e permite que a temperatura non teña oscilacións de importancia. É un elemento que contribúe moi positivamente a acadar unha boa calidade do aire no entorno no que se ubica por iso non acertamos a entender a teima do Concello de F'errol por acabar con ela e paralelamente crear problemas antes inexistes que alteran a vida sosegada e tranquila de cidadáns que asisten atónitos ó espectáculo duns políticos que perderon o contacto coa realiade, mais non está todo perdido, xa que entendemos que o plan xeral de ordenación está aí para ser cumplido non se pode cometer ningunha íÍegalidade.


CUARTO

As plantas teñen un mecanismo para controlar a cantidade de auga que transpiran, o oxíxeno que respiran e o dióxido de carbono que van a utilizar na fotosintese. Sérvense dos estomas formados por unha parella de células que o cambiar de forma fan que a estructura estomática se abra ou se peche segundo as necesidades da planta. Pero, nin tódalas plantas son iguais nin se desenvolven na mesma zoa climática, por iso a situación espacial dos estomas é moi particular naquelas especies vexetais propias dos climas áridos. A Natureza soluciona o problema afundindo o estoma de xeito que a saída do vapor de auga vese dificultada e diminuída en tanto que a cámara non elimine todo o que ten facendo o recheo. Isto mesmo pode ocorrer se na Plaza de Sartaña se constrúe un centro mal chamado de ocio e saúde xa que será o directo responsable do recheo de todo tipo de gases contaminantes que se manterán case permanentemente no entorno da Plaza seguindo o mesmo modelo de actuación que os estomas das especies que precisan facer economía da auga.

En consecuencia, por todo o exposto anteriormente:

PIDO

que se admita a miña comparecenza no presente procedemento, e co obxecto de non incurrir nunha ilegalidade, se proceda á cancelación da construcción do centro de ocio na ubicación Que o Concello pretende, así como insistir na reflexión de que este gaberno municipal aínda está a tempo de face-las cousa ben tendo en consideración a urbanización da zoa e a reparación que os veciños realmente desexan, pue non é outra cousa que o adecentamento das instalacións existentes na Praza de Sartaña para que os seus valores sociais, ambientais e estéticos non nos sexan sustraídos de forma irreversible.

En Ferrol, 26 de xuño, de 2006


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Alegacións por motivos técnicos e de legalidade

Sr. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

D. ..................................................................................., con DNI .......................... e con enderezo en ......................... ..........................................................................., comparece e, como mellor proceda en Dereito, DI:

Que tendo coñecemento mediante a lectura do acordo plenario de 25 de maio de 2006 exposto no taboeiro de anuncios do Concello con data 2 de xuño de 2006, que a adxudicación á empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto, dá xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no barrio de Ultramar, se somete a exposición pública, quero formular as seguintes


ALEGACIÓNS


PRIMERO

O marco legal urbanístico de aplicación é a LOUPMRG, que na súa disposición transitoria primeira, punto 1a e 1c, relativa ao réxime de aplicación da LOUPMRG en solo urbano de municipios con planeamento aprobado ao abeiro da lei 1/1997 do solo de Galicia. Este precepto establece que será de aplicación o establecido nesta lei para o solo urbano, sen prexuizo de respecta-la ordenación establecida no planeamento en vigor.

Esta disposición outorga un carácter transitorio ao planeamento vixente, a espera da súa obrigada adaptación á lei 9/2002 e a súa modificación lei 15/2004 (en adiante LOUGA).

Ó fío desta afirmación non se pode xustificar unha actuación urbanística no cumprimento dos preceptos do plan xeral, sen ao mesmo tempo demostrar o cumprimento das condicións establecidas na LOUGA para o solo urbano.


SEGUNDO

O artigo 174 da LOUGA dí:
Os concellos que dispoñan de plan xeral de ordenación municipal deberán constitui-lo patrimonio municipal do solo, coa finalidade de obter reservas de solo para actuacións de iniciativa pública, facilita-la execución do plan e contribuir á regulación do mercado de terreos destinados ao desenvolvemento urbanístico.

Se o Concello de Ferrol non ten constituido o seu patrimonio municipal do solo como a lei establece, as consecuencias desta omisión no cumprimento dunha obriga non se debería en ningún caso interpretar de forma ventaxosa á hora de xestionar os bens públicos que por definición forman parte deste patrimonio municipal do solo, saltándose as condicións que a LOUGA establece para a xestión destes bens. (a LOUGA neste caso é de aplicación ao ser máis restrictiva que o plan xeral, que non impón limitacións aos fins aos que se poderían destinar estas parcelas).


TERCEIRO

A parcela cualificada como DEP-22 polo plan xeral vixente forma parte do patrimonio municipal do solo, segundo o establecido no artigo 176.2.a) da LOUGA, ao tratarse dunha- parcela de titularidade municipal clasificada como solo urbano.

O fin previsto na parcela cualificada como DEP-22 polo plan xeral non parece estar entre os contemplados pola LOUGA no seu artigo 177, que son:

a) Construcción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública.

b) Á propia planificación e xestión urbanística, en especial o pagamento en especie, mediante permuta, dos terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas.

c) Actuacións públicas dotacionais, sistemas xerais ou outras actividades de interese social.

d) Conservación e mellora do medio ambiente, do medio rural e do patrimonio cultural construido.

e) Creación de solo para o exercicio de actividades empresariais compatibles co desenvolvemento sustentable.

f) Conservación e ampliación do propio patrimonio.

O único punto asimilable ao uso pretendido para o DEP-22 é o do punto c), pero non se trata dunha actividade de interese social: a lei distingue entre actividades, usos constructivos e usos non constructivos (unha actividade é, por exemplo, unha romería, ou unha excursión). Poderíase tratar dunha actuación pública dotacional pero é dubidoso este carácter por canto participa a iniciativa privada na súa financiación e xestión.


CUARTO

O plan xeral, no seu artigo 118.2 tipifica os usos permitidos nos equipamentos, entre os que os deportivos se definen como lnstalacións destinadas á práctica do deporte e anexos de servicio. Edificacións para espectadores. Aparcamentos.

Ou sexa, canchas, pistas, piscinas, ximnasios, etc...vestiarios, duchas e lavabos... gradas... aparcamentos. O encadre dun centro de ocío nestes usos é bastante cuestionable.


QUINTO

No seu punto 118.3 di:

Os equipamentos e dotacións regularanse en principio polo tipo de ordenación da zona onde se encadran e manterán condicións de composición urbanística acordes coa mesma, procurando respectar e mante-las aliñacións do seu cuarteirón e colindantes. Non obstante adaptaránse ás condicións de edificación, estándares e programas correspondentes á súa lexislación específica....
Enténdese que as dúas formulacións de excepcionalidade refírense a aqueles casos nos que sexa necesaria unha adaptación destas condicións a unha lexíslación específica.

Procurarase que a altura da edificación non pase dos 92 m. sobre a cota natural do terreo. Non obstante, cando os equipamentos se sitúen en zonas non formalizadas e en áreas libres de edificación aceptaráse a ordenación volumétrica especifica non debendo pasar normalmente dos 12 metros de altura máxima nin dos 0, 8 m2/m2 de edificabilidade bruta.

Faise explícita a posibifidade de aceptar unha ordenación volumétrica específica no caso de zonas non formalizadas, do que se deduce que esa definición da ordenación volumétrica non se permite cando o equipamento se sitúa nun ámbito cun tipo de ordenación definida.

Neste caso a nova edificación deberá respectar as aliñacións do seu cuarteirón, a non ser que os estándares mínimos do equipamento que se propón esixiran adaptar estas condicións de edificación.

A parcela DEP-22 situase nun patio de cuanteirón rexido pola ordenanza 12 do ensanche. O sistema de ordenación establecido nesta ordenanza é de cuarteirón regulado por aliñacións e fondos edificables.

A ordenanza 12, ao ser unha ordenanza de cuarteirón, regula as excepcións nas que se permite a ocupación parcial ou total dos patios. Os límites máximos desta ocupación son 4.

- O 100% da planta baixa para garaxe aparcamento en atención ás necesidades da zona e impacto na circulación.

- O 100% de sotos e semisotos para garaxe e outros usos.

- Usos deportivos ó aire libre e pequenas edificacións de planta baixa destinadas a servicios e equipamentos privados de uso común.

- 10 metros de ocupación en planta baixa a partir da fondo máximo establecido en planos de ordenación para calquer uso autorizado pola ordenanza.

Ao tratarse dunha parcela de titularidade pública non é posible un uso mancomunado (privado), polo que o uso previsto, igual que calquera outro, debería ubicarse no soto e no semisoto do patio de cuarteirón, así como nunha banda de 10 metros por detrás da liña de fondo edificable da planta baixa.

Ningunha ordenación proposta para o Centro de Ocio pode contradecir este tipo de ordenación de cuarteirón, establecido para esta zona da cidade, taxada na memoria de ordenación do plan que, recordemos, ten o mesmo carácter normativo e vinculante que as ordenanzas.

Unha ordenación que cuestione estes límites e que faga desaparecer o patio de cuarteirón está poñendo en cuestión a decisión do plan, previa á formulación da ordenanza 12, de optar por unha ordenación de cuarteirón para os ensanches da cidade.

Argumentar que un patio de cuarteirón non debe estar sometido á mesma ordenanza que afecta a parte construida do cuarteirón, independentemente da súa titularidade pública ou privada, pon en cuestión a mesma coherencia da ordenación do plan, poñendo aspectos circunstanciais (como a propiedade ou o destino do solo) por riba do sistema de ordenación específico para unha área.

Máis adiante conclúe:

As dotacións asistenciais, sanitarias e socioculturais, relixiosas, e público-administrativas, en razón das súas características.... poderán intercambiarse ou compartirse dentro de cada unha das reservas específicas establecidas no plan...

En ningún punto se explica que o uso deportivo se poida cambiar por outro diferente. Este precepto, en relación ao explicado no punto CUARTO cuestiona que unha parcela de uso deportivo poida albergar un centro de ocio.


SEXTO

O artigo 6 do título preliminar da LOUGA establece:

"as dúbidas na interpretación do planeamento urbanístico producidas por imprecisións ou por contradiccións entre documentos de igual rango normativo resolveranse tendo en conta os criterios de menor edificabilidade, de maior dotación para espazos públicos e de maior protección ambiental, e aplicando o principio xeral de interpretación integrada das normas"

A contradicción que poidera existir entre o artigo 133. Ordenanza 12 do Ensanche, e o artigo 118. Sistema de equipamentos e dotacións (que non é unha ordenanza específica para os equipamentos, senon que refire a súa ordenación ás ordenanzas propias das zonas nas que se ubican) deberíase resolver co axuste aos criterios mencionados no artigo 6 da LOUGA, esto é, rexeitando a actual formulación do centro de ocio de Sartaña, por supoñer éste unha maior edificabilidade, maior ocupación en planta (e polo tanto menor espacio público) que a que se axustaría á ordenanza 12.

En consecuencia, por todo o exposto anteriormente,

PIDO

que se admita a miña comparecenza no presente procedemento, e co obxecto de non incurrir nunha ilegalidade, se proceda á cancelación da construción do centro de ocio na ubicación que o Concello pretende, así como que se teña en consideración o que os vecinos realmente desexan, que non é outra cousa que a urbanización da zona, e a reparación e adecentamento das instalacións existentes na praza de Sartaña para o seu uso público e gratuito.

En Ferrol, 26 de xuño de 2006


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Alegacións referentes á sustentabilidade

Sr. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

D. ............................................................................. con DNI ...................... e con enderezo en ......................... ..........................................................................., comparece, e como mellor proceda en Dereito, DI:

Que tendo coñecemento mediante a lectura do acordo plenario de 25 de maio de 2006 exposto no taboeiro de anuncios do Concello can data 2 de xuño de 2006, que a adxudicacion á empresa Serviocio da contrata de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro deportivo de ocio e saúde no barrio de Ultramar, se somete a exposición pública, quero formular as seguintes


ALEGACIÓNS


PRIMEIRO

A Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano, realizada en Estocolmo; en xuño de 1972, resaltaba a responsabilidade dos humanos na conservación do seu medio ambiente, para iso desta xuntanza sae unha nova definición segundo a que: "Medio ambiente é o conxunto de compañentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capaces de causar efectos directos ou indirectos, nun prazo curto ou longo, nos seres vivos e nas actividades humanas".

O primeiro principio da Declaración de Estocolmo (Suecia) afirma: "Os seres humanos teñen o Dereito fundamental ó disfrute de candicións de vida axeitadas nun medio de calidade tal que lle permita levar unha vida digna e gozar de benestar..."


SEGUNDO

No ano 1983 a Asamblea Xeral das NaciQns Unidas crea a Comisión Mundial sobre o Medio Ambiente e a F)esenvolvernento presidida pola Dra. Gro Harlem Brundtland co obxecto de elaborar un informe no que por primeira vez se utiliza o termo desenvolvemento sostible , definido como o canxunto de novas vías de progreso social e económico que resaívan as necesidades da presente sen comprometer a capaeidade das geraeións futuras de satisfacer as súas propias necesidades.


TERCEIRO

A Cumbre da Terra en Río de Janeiro do ano 1992 introducíu o tema do desenvolvernento sostible como elemento central da estratexia para conserva-lo planeta.

O primeiro principio da Declaración de Río enuncia "Os seres humanos constitúen o centro das preocupacións relacionadas co desenvolvemento sostible. Teñen o dereito a unha vida saudable e productiva en armonía coa natureza1.

Os principios esenciais e universais do Dereito Ambiental, configuran posicións xurídicas relativas ás persoas, ós Estados, e as persoas e Estados canxuntamente:

• Dereito a unha vida saudable.
• Dereito á desenvolvemento sostibte das xeracións presentes e futuras.
• Dereito de participación no tratamento das cuestións ambientais dos cidadáns interesados.


CUARTO

Na Cumbre de Joharmesburgo no 2002 chégase ás seguinttes conclusións:

• Reiterar o seu compromiso co principio de precaución como un componente clave da política ambiental.

• Importancia dunha participación da sociedade civil no deseño, execución e seguemento das políticas de desenvolvemento sostible e dos compromisos rexionais e internacionais sobre estas materias.

• 0 avance do desenvolvemento sostíble, esixe integradas políticas sociais económicas e ambientais, a fin de invertir, antes que sexan irreversibles, as tendencias que ameazan a calidade de vida dos seres humanos e evitar un gran aumento dos custos para a sociedade, e deter a continua degradación ambienta.

A consecución do desenvolvemento sostible e a mellora da calídade de vida require unha integración máis efectiva dos compoñentes ambientais, sociais e económicos nas políticas públicas, programas e proxectos a nivel local, nacional e internacional.


QUINTO

A ordeción ou planificación do territorio consiste en destinar cada zoa do mesmo o uso máis axeitado segundo as súas características.

O principio fundamental para o desenvolvemento equilibrado é que "calquera actuación debería localizarse alí onde sexa máxima a capacidade do territorio para acollela e, ó mesmo tempo, sexa mínimo o impacto da actuación sobre do medio".

Cando se deciden os proxectos hai que ter en conta criterios:

• Técnicos
• Sociais
• Medioambientais.
• Económicos

Deste xeito, poderanse usar racionalmente os recursos, previr riscos e evitar a degradación medioambiental.

Na ordeación territorial hai que ter en conta dous aspectos fundamentais:

• Cualidade de acollida do territorio ou a aptitude dun sector para desenvolver nel unha determinada actuación.

• O impacto ambiental ou variación da calidade ambiental, respecto á situación inicial, unha vez desenvolvidas as actividades previstas.

0 obxectivo final e destinar cada zoa a aquela actividade onde se coxuguen quen o alto grao de acollida cun pequeno impacto ambiental. Tal é a importancia do cumprimento destas directrices que no Código Penal (Ley Orgánica 10/`95 do 23 de Novembro ) é onde se contempla o "delito ecolóxico" facendo referencia ós delitos sobre a ordeación do territorio, contra os recursos naturais e contra o medio ambiente.


SEXTO

A actuación -urbanística que se pretende realizar na Praza de Sartaña incumple tádolos preceptos do desenvolvemento sostible xa que:

• Fai desaparecer un espacio público quitando ós nosos fillos e netos a posibilidade do seu disfrute.

• Non se axusta ó marco legal urbanístico de aplicación que neste caso é a LOUPEMRG

• Incide nepativamente na nosa calidade de vida xa que desnaturaliza por completo unha Plaza que desenvolve unha función social, vertebradora, fio de conexión dos nenos e nenas e non menos importante para a nosa xente nova.

• 0 impacto sobre o medio vai potencia-la súa negativa, a curto e longo prazo, na vida dos
veciños que hoxe disfrutamos a Praza pública de Sartaña.

En consecuencia, por todo o exposto anteriormente,

PIDO

que se admita a miña comparecenza no presente procedemento, e co obxecto de non incurrir nunha ilegalidade se proceda á cancelación da construcción do centro de ocio na ubicación que o Concello pretende, así como insistir na reflexión de que este goberno municipal aínda está a tempo de face-las cousa ben tendo en consideración a urbanización da zoa, e a reparación que os veciños realmente desexan, que non é outra cousa que o adecentamento das instalacións existentes na Praza de Sartaña para gue os seus valores sociais ambientaís e estéticos non nos sexan sustraídos de forma irreversible.

En Ferrol, 26 de xuño de 2006


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Alegacións por motivos de saúde pública

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

D. ……………………………………………………, con D.N.I. …………… e con enderezo en ................. ……….………………...............………………… , comparece e, como mellor proceda en Dereito, DI:

Que tendo coñecemento mediante a lectura do acordo plenario de 25 de Maio de 2006, exposto no taboeiro de anuncios do Concello, con data 2 de Xuño de 2006, que a adxudicación á empresa Serviocio do contrato de redacción do proxecto, da xestión e explotación dun centro deportivo, ocio e saúde na praza de Sartaña, no barrio de Ultramar, se somete a exposición pública, quero formular as seguintes


ALEGACIÓNS


Diario Oficial de Galicia. Decreto 9/2001, de data 11-01-2001.
Real Decreto 909/2001, de data 27-07-2001.
Real Decreto 865/2003, de data 04-07-2003.
AENOR.UNE 100030. N.
AENOR.UNE-102.
Manual para la prevención de la legionelosis en instalaciones de riesgo. Comunidad de Madrid, avalado y editado por 50 dos máis prestixiosos Centíficos de toda España en materia de medio-ambiente, saúde e prevención de riscos.

Os sistemas de climatización, quentamento ou refrixeración a través de aparellos que afecten os ambientes exteriores con equipos de transferencia de masas de auga en corrente de aire tales como as instalacións de torres de refrixeración, condensadores evaporativos; e en ambientes interiores con aparellos de arrefriamento evaporativo e humectadores, en piscinas climatizadas, spas, jacuzzis, centros de tratamento de augas quentes/templadas, etc., son instalacións de alto risco para a propagación da lexionella.

Os aparellos deberán ubicarse en lugares aillados, lonxe das ventás, tomas de aire de sistemas de climatización ou ventilación, e de lugares frecuentados por persoas, zonas públicas, etc.

Nos casos de torres de refrixeración e condensadores evaporativos, estes non poderán realizar descargas directas de bioaerosis a zonas públicas e/ou lugares frecuentados, nin nos núcleos urbáns, nin zonas de paso, debéndose situar afastados de ditos lugares. En calquera caso, as descargas de aire destes equipos estarán sempre a unha cota de 2 metros por enriba da parte superior de calquera elemento ou lugar que se precise protexer, cando a distancia horizontal a eles sexa inferior a 10 metros.

Existen altos riscos pola contaminación dos ambientes a causa de capas de suciedade que podan acumularse nos sistemas de transporte de aires, cando se dispersa á atmósfera en forma de aerosol. O risco aumenta cando se reduce o tamaño das partículas en suspensión. O auga das torres de refrixeración conteñen sempre microorganismos, protozoos, en cuio interior se multiplica a lexionella, encontrando protección física fronte os desinfectantes.

No caso das torres de refrixeración os aerosoles son lanzados ó exterior, con a corrente de aire quente que sae de aquelas, e unha vez no exterior, cando cesa o impulso con que foron emitidas, as gotas de auga máis pequenas serán transportadas polo vento a maior ou menor distancia, dependendo das condicións metereolóxicas existentes nese intre e da ubicación da torre, podendo ser transportadas doadamente ata máis de 1 Km.

En consecuencia por todo o exposto anteriormente, na praza de Sartaña non se pode construir o centro deportivo, ocio e saúde, por non acadar nin mínimamente as condicións que se exixen para estas instalacións, xa que implica un alto risco para a saúde e integridade física das persoas, xa que dito centro estaría bordeado na súa totalidade por vivendas a unha distancia máxima de 4 metros. Ademáis levaría un paso en todo o arredor para o paso de xente de maneira contínua.

A lei ordena que os aparellos mencionados teñen que estar afastados de lugares frecuentados por persoas e zonas públicas ; este proxecto contempla a construcción dun parque público infantil no recinto, pegado ao mesmo.

O estar as ventás case pegadas, hai un alto risco ao dispersar a atmósfera os aerosoles que saen das torres de refrixeración, condensadores evaporativos, etc. que poden alcanzar unha distancia de 1 Km. A descarga dos aerosoles dos equipos teñen que estar sempre como mínimo a unha cota de 2 metros por enriba da parte superior de calquera elemento, e a 10 m como mínimo en horizontal. Se altura do centro vai ser de 9 metros habería que añadirlle 2 m máis para chimeneas de desgasificación. Ainda así habería un alto risco, xa que as vivendas alcanzan unha altura de 6 pisos, é dicir uns 20 m, aproximadamente.

A ubicación sería nun parque público urbano e habitado. Considerase que a instalación está en núcleo urbano, cando haxa a menos de 100 metros zonas habitadas: edificios, zonas de recreo. Asegún o “Manual para la prevención de la legionelosis en instalaciones de riesgo” do Instituto de Salud Pública da Comunidade de Madrid e a Dirección General de Salud Pública y Alimentación de la Comunidad de Madrid. Ademáis sería nunha zona de paso. Se considera zona de paso, según a lei o lugar por donde deambulan personas frecuentemente, independentemente de que sexa de propiedade pública ou privada. Dado que as persoas poderían pasar a menos de 10 metros das emisións de aerosoles, tamén incumpliría unha da normas máis elementais e ao mesmo tempo perigosas.

O ruido dos extractores serían de funcionamento contínuo, polo que sería unha molestia insoportable para os veciños da zona. Estes extractores solen ser de gran tamaño, a o mesmo tempo ruidosos, e pola noite ainda peor. Causarían problemas de saúde, tales coma insomnio, strés, ansiedade e un sinfín de enfermidades nervosas.

Os brotes de lexionella se repiten con moita frecuencia. Os derradeiros coñecidos no noso país se sucederon en Galicia, Barcelona, Comunidad Valenciana e Navarra entre outras. No brote gallego morreron catro persoas, ainda que provocou a hospitalización de moitas decenas máis, e iso que non estaban os afectados pegados a fonte de contaminación como sería no caso da praza de Sartaña, que sería moito máis dramático.

A incidencia da lexionelose no noso país: se teñen datos dende o ano 1997, no que se declararon 201 casos. Este mismo ano os hospitais das Comunidades Autónomas declararon 114 casos. Ata a data declararonse 2.700 casos, que proviñan de case tódalas Comunidades.

The Health Protection Agency de Inglaterra tivo que pechar 23 spa por ser os causantes dunha epidemia de lexionelose.

En consecuencia, por todo o exposto anteriormente,

PIDO

que se admita a miña comparecenza no presente procedemento, e co obxecto de non incurrir nunha ilegalidade, se proceda á cancelación da construcción do centro deportivo, ocio e saúde, que o Concello de Ferrol pretende ubicar na Praza de Sartaña, no barrio de Ultramar.

Pido o mesmo tempo se teñan en consideración as peticións dos veciños, que consisten na urbanización da zona, rehabilitación e mellora das instalacións existentes na Praza de Sartaña, e que siga sendo pública para o uso e o disfrute de tódolos veciños e veciñas, especialmente os nenos e nenas e tamén os maiores, evitando así a destrucción do único parque público libre do tráfico rodado.

En Ferrol, a 27 de Xuño de 2006


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

20060626

Preguntas de gaspar Llamazares, en Madrid, no Congreso dos Diputados

Á MESA DO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Ao amparo do establecido no Reglamento da Cámara, preséntanse as seguintes PREGUNTAS, dirixidas ao Goberno, para as que se solicita resposta escrita.

Desde fai máis de cinco anos, uns 60 colectivos culturais, veciñais, ecoloxistas, Corporacións Locais e outras institucións agrupadas na Asemblea Cidadá en defensa da Ría de Ferrol, veñen desenvolvendo unha firme oposición cívica en contra do proxecto da empresa Reganosa de construír e poñer en funcionamento unha Planta de Gas en Punta Promontorio de Mugardos (A Coruña), dentro da Ría de Ferrol, no canto de facelo na ubicación inicialmente prevista de Cabo Prioriño, no litoral exterior da Ría.

Este proxecto, de levarse a cabo, poñería en risco permanente a vida e os bens duns 40.000 veciños nun radio de tres quilómetros en torno á Planta. Ademais, a existencia dun complexo petroquímico denominado Forestal do Atlántico, cuxa concesión marítimo-terrestre caduca no ano 2017, tamén propiedade dos promotores de Reganosa, con tanques de combustible e almacéns de produtos químicos, podería provocar o risco de efecto dominou que prevén o artigo 8 do Real Decreto 1254/1999 de 16 de xullo.

Estes riscos multiplicaríanse pola entrada ao ano, dentro da Ría, de máis de cen grandes buques gaseros. Estes buques, polo seu gran tamaño e a angostura da Ría, tardarían unhas tres horas en saír da zona en caso de urxencia durante a descárga, polo que se incumple a norma europea EN-1532.
Ademais, a posta en marcha desta Planta provocaría unha agresión ambiental irreparable, coa destrución de reservas marisqueiras, a perda de potencial turístico e a destrución do xacimiento arqueolóxico romano de Caldoval. E todo isto, abandonando a ubicación inicial fose da Ría, e cando novos operadores de gas natural a nível europeo presentaron no rexistro do Ministerio de Industria a solicitude dunha planta de Gas a situar fóra da Ría de Ferrol.

A Administración Xeral do Estado, através dunha Orde da Dirección Xeral de Política Energética e Minas, do Ministerio de Industria, concedeu o 13 de Febreiro de 2004 a autorización de construcción da Planta de Gas na Ría de Ferrol.

O 3 de Novembro de 2004, en resposta a unha pregunta do noso Grupo Parlamentario ao Goberno non considerou procedente a nosa petición de que se declarase nula a autorización de construcción desta Planta en Mugardos,desde entón xurdiron feitos novos.

O procedemento que precedeu a esta autorización, e moi especialmente a Declaración de Efectos Ambientais de 11 de Xuño de 2001, estivo plagado de irregularidades. Por exemplo:

- non se consultou ao Concello de Ferrol, nin ás Cofradías de Pescadores da Ría, nin ás organizacións ecologistas;

- ocultouse o informe de 25 de Agosto de 1999 do Xefe de Estado Maior da Zona Marítima do Cantábrico, enviado o 25 de agosto de 1999 ao AJEMA por D. Rafael de Morais Romeu, entón Almirante Xefe desta Zona Marítima, no que se solicitaba ao Ministerio de Defensa que alegase contra o proxecto de Reganosa por invadir a Zona de Seguridade do Arsenal Militar, o que supoñería unha ameaza para a poboación de Ferrol, e propuxese que a Planta de Gas se situáse en Cabo Prioriño nos terreos que foran propiedade do
Ministerio de Defensa e que foron vendidos para situar unha Planta de Gas;

- no proxecto básico de xullo de 2000, ocultáronse as posteriores obras de dragado da Ría e suscitouse que non era necesaria a utilización de auga de mar nos vaporizadores de gas para regasificar o gas natural licuado, cando no proxecto constructivo recoñécese esta captación de auga de mar, cuantificada en 15.000 metros cúbicos por hora, co consiguiente vertido de cloro a Ríaa;

- non se respectou a distancia dos núcleos de poboación, incumpliendo a Directiva europea Seveso II e o Real Decreto 1254/1999 de 16 de xullo;
Como consecuencia do recurso contencioso-administrativo interposto en 2004 polo Concello de Ferrol contra a resolución da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de 19 de decembro de 2001, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por sentenza 536/2004, anuló a Declaración de Efectos Ambientais de 11 de xuño de 2001, na que se fundamenta a autorización de construción ordenada pola Dirección Xeral de Política Energética e Minas.

A sentenza aínda non é firme, á espera de que o Tribunal Supremo resolva o recurso de casación interposto tanto pola empresa como pola Administración Autonómica de Galicia.

Doutra parte, o Pleno do Concello de Ferrol celebrado o 12 de novembro de 2004, acordou presentar medidas cautelares de paralización das obras de Reganosa.

Ademais, está pendente unha próxima decisión da Comisión Europea, que ten aberto un expediente de infracción contra o Estado español por vulneración de directivas de protección medioambiental e de prevención de accidentes graves (Seveso II).

Ante a espada de Damocles que podería representar a sentenza do Tribunal Supremo, Reganosa acelerou as obras e anuncia que estas poderían estar terminadas a finais de ano para iniciar a posta en funcionamento o ano que vén.

Segundo o punto 6 do artigo 84 do Real Decreto 1434/2002, a responsabilidade e a competencia de paralización corresponden ao Ministerio de Industria na última instancia ao Consello de Ministros, debido ao contencioso administrativo suscitado polo Concello de Ferrol.

¿Pensa o Goberno paralizar as obras de construcción da Planta de Gas de Reganosa en Mugardos, anulando a autorización de construcción polas irregularidades do procedemento, en aplicación da cláusula oitava da
Autorización Administrativa Previa?

¿Por que o Goberno non paraliza a obra, atendendo á sentenza 536/2004 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?

¿Como valora o Goberno a opción de reconducir o proxecto cara ao litoral exterior da Ría de Ferrol?

¿Podería o Ministerio de Medio Ambiente realizar un estudo de impacto ambiental deste proxecto, tal e como se fixo noutros proxectos de Plantas de Gas na Comunidade Autónoma do País Vasco e na Comunidade de Valencia?

¿Pode certificar o Goberno que este proxecto é conforme á lexislación vigente, e en particular ao artigo 67 da lei 34/1998 do sector de Hidrocarburos; as Directivas europeas 85/337/CEE de avaliación de impacto ambiental e 96/82/CE de prevención de riscos de accidentes graves por sustancias perigosas, transpuestas nos reais decretos 1131/1988 de 30 de setembro e 1254/1999 de 16 de xullo, especialmente o artigo 8 deste último Real Decreto, que obriga a previr o risco de efecto dominou co Complexo Petroquímico encostado ao cal constrúese esta Planta de Gas; a Norma europea EN-1532 sobre os requisitos que garantan unha saída rápida de buques en caso de urxencia así como a Lei de Costas 22/1988 de 28 de xullo que obriga á realización dunha avaliación de impacto ambiental para os vertidos industriais ou para o dragado que propón o proxecto constructivo presentado por Reganosa en xuño de 2003?

Palacio do Congreso dos Deputados Madrid, 22 de xuño de 2006

Gaspar Llamazares Trigo
Deputado do Grupo IU-ICV


<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

20060624

Festival do Río Castro 2006


Este Sábado, 2 de Xuño, hai unha cita en San Sadurniño, no lugar da Bola, na ribeira do Río Castro e perto do Castelo de Narahío, estamos falando do Festival do Río Castro. Unha cita festiva e de lecer, coa música, os jogos e a gastronomía, mas tamén con a reivindicación ecoloxista e a conservación do patrimonio histórico. A veciñanza da parroquia de Narahío, organizada hoxe na Asociación Veciñal O Castelo, pretendían coa realización deste festival, hai xa 13 anos, chamar a atención polo deterioro e contaminación do río Castro, afluente do río Xubia. A restauración do castelo medieval foi outra das súas reivindicacións, até editaron un estudo do mesmo en forma de libro [*] para a divulgación do patrimonio histórico que posee o lugar.

Mais o Festival ten, tamén, outras reivindicacións que non están reñidas coa diversión, como son a defensa da nosa lingua, a recuperación dos xogos populares e tradicionais, e a música e baile tradicionais, sen faltar nunca grupos inovadores e de fusión.

Nesta edición, XIII, contará con a presenza de Pulalhe o pé, Xochilmica, Os Carunchos e A Matraca Perversa que amenizarán musicalmente a noite.

Tamén estará en Narahío, a charanga Cantigas e Agarimos de Santiago mentras discurre o jantar popular e o concurso de merendas.

O grupo de animación infantil Sapo e o grupo Picompé organizarán xogos, espectáculos de mimo, malabares e globoflexia.

Xa pola tarde comenzará o concurso de xogos e deportes populares con serrado de tronzador, tirando da corda ou petando na chave.

Os artistas Leandro Lamas e Carlos García realizarán un mural que terá o Castelo de Narahío como protagonista.

[*] Narahio, un castelo medieval. M. Piñeiro / A. Veiga Ed. A.VV. O castelo. Galicia

<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

Galería fotográfica sobre a exposiçon do Bairro de Recimil no Colexio de Arquitectos de Ferrol [24.06.2006]















20060614

Roteiro pola Fragas do Río Belelle



A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrucción ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.

ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos.

ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ámbalas dúas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a lingua propias de Galiza.

ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordenadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).



<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21